Estación da Coruña - San Cristovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estación de San Cristovo")

Coordenadas: 43°21′9.66″N 8°24′34.96″W / 43.3526833°N 8.4097111°W / 43.3526833; -8.4097111

Madrid-MetroCercanias.SVG A Coruña - San Cristovo
Interior Estación San Cristovo.jpg
Interior da estación da Coruña-San Cristovo
Concello: A Coruña
Servizos: Accesible PMR Aparcadoiro Restauración Venda de Billetes
Alta Velocidade:
Renfe AvantAvant.svg
Longa Distancia: Arco, Talgo, Trenhotel
Media Distancia: G1.JPG G4.JPG
Proximidades:
FEVE:
Metro:
Autobuses: Madrid-MetroEMT.PNG 5, 11, 14, 20, 22
Outros: Taxi
Aluguer de coches
Aluguer de bicis
Máis información: www.adif.es

A Coruña-San Cristovo é unha das dúas estacións de ferrocarril da cidade da Coruña xunta coa de San Diego. Na estación de San Cristovo concéntrase o tráfico de pasaxeiros mentres que a de San Diego adícase ao tráfico de mercadorías.

O edificio principal que a forma posúe unha arquitectura única nas estacións españolas, e ata europeas, podendo ser a única xunto á de Helsinki, do mesmo estilo. Este é unha mestura entre racionalista e de postguerra.

Índice

Historia [editar]

O edificio foi deseñado polo arquitecto Antonio Gascué Echeverría e rematouse en 1935 é de estilo neorrománico dentro do movemento chamado arquitectura de pastas. O edificio é de pedra, vidro e ferro de fundición. As plataformas están cubertos por 11 arcos remachados[1].

A fachada é de granito sen traballar e ten unha torre de reloxo colocada nunha esquina. O reloxo dá as horas tocando "Negra Sombra".

Futura estación intermodal [editar]

O futuro da estación someteuse a estudo nos anos 2000, baseándose principalmente nas directrices do urbanista Joan Busquets, para agrupar no mesmo edificio a estación de tren, de autobuses, taxis e metro lixeiro, barallándose posibilidades de incluír vivendas e ata un parque botánico nela.

De todas as opcións presentadas ao concurso, preseleccionáronse sete, das cales debíase elixir unha para maio de 2011. As sete propostas foron presentadas por Rafael Moneo, Richard Rogers, MVRDV, Toyo Ito, Juan Herreros, Cruz y Ortiz e César Portela, resultando esta última elixida por unanimidade.

A proposta gañadora, segundo o presidente de ADIF Antonio González "o mellor proxecto desde todos os puntos de vista [...], unha estación para facer cidade", conta con dúas pasarelas peonís que unen a avenida da Sardiñeira con Joaquín Planells, ata agora separadas polas vías. Ademais de albergar trens, autobuses e taxis, prevé a integración do metro lixeiro futuro. Está previsto que estea terminada para agosto de 2014.

Situación [editar]

A estación de San Cristovo atópase na rúa Joaquín Planells s/n, xunto a rolda de Outeiro, relativamente apartada do centro da cidade, aínda que comunicada por autobús co mesmo.

Pertence ó coruñés barrio dos Mallos-Estación[2] e está chamada a ser a futura Estación Intermodal da cidade[3][4].

Trens [editar]

Media Distancia [editar]

Dúas liñas parten da estación, unha con dirección Ferrol e Monforte de Lemos, cuxos trens poden prolongar o seu percorrido ata Ourense, e a outra con dirección Vigo dando tamén servizo a Santiago, Vilagarcía e Pontevedra. Por esta última circula a gran maioría dos trens de Media Distancia, xa sexa como Rexional con parada en tódalas estacións ou como R-598 con parada en Santiago, Vilagarcía, Pontevedra e Vigo.

Liña Percorrido Continua ata
G1.JPG A CORUÑA-SAN CRISTOVO · Uxes · Meirama · A Vila da Igrexa · Cerceda · Ordes-Pontraga · SANTIAGO DE COMPOSTELA · Osebe · A Escravitude · Padrón · Pontecesures · Catoira · Vilagarcía de Arousa · Portela · Pontevedra-Universidade · PONTEVEDRA · Arcade · Cesantes · Redondela-Picota · Redondela · Chapela · VIGO -
G4.JPG A CORUÑA-SAN CRISTOVO - Elviña-Universidade - O Burgo-Santiago - Cambre - Cecebre - Betanzos-Infesta - Oza dos Ríos - Cesuras - Piñoi - Curtis - Teixeiro - Guitiriz - Parga - Baamonde - Begonte - Rábade - LUGO - Pedrelo-Céltigos - Sarria - MONFORTE DE LEMOS Ourense
A CORUÑA-SAN CRISTOVO - Elviña-Universidade - O Burgo-Santiago - Cambre - Cecebre - Betanzos-Infesta - Betanzos-Cidade - Miño-Castro - Perbes - Pontedeume - Cabanas - Franza - Barallobre - Perlío - Neda - FERROL -

Longa Distancia [editar]

Tren Destino Paradas intermedias Observacións
Arco
Camiño de Santiago
Hendaia Santiago de Compostela · O Carballiño · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · A Rúa-Petín · O Barco de Valdeorras · Ponferrada · Bembibre · Astorga · León · Sahagún · Palencia · Burgos · Miranda de Ebro · Vitoria · Alsasua · Zumárraga · Donostia-San Sebastián · Irún
Arco Monforte de Lemos Betanzos-Infesta · Curtis · Guitiriz · Lugo · Sarria Trasbordo co Alvia Barcelona-Vigo en Monforte.
Talgo Madrid-Chamartín Santiago de Compostela · O Carballiño · Ourense-Empalme · A Gudiña · Pobra de Seabra · Zamora · Medina del Campo · Segovia-Guiomar -
Talgo Alacant-Terminal Santiago de Compostela · O Carballiño · Ourense-Empalme · A Gudiña · Pobra de Seabra · Zamora · Medina del Campo · Ávila · Villalba de Guadarrama · Madrid-Chamartín · Madrid-Atocha Cercanías · Alcázar de San Juan · Albacete · Almansa · Villena · Elda-Petrer -
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Betanzos-Infesta · Curtis · Lugo · Sarria · Monforte de Lemos · San Clodio-Quiroga · A Rúa-Petín · O Barco de Valdeorras · Ponferrada · Bembibre · Astorga · León · Palencia · Burgos · Logroño · Castejón de Ebro · Tudela de Navarra · Zaragoza-Delicias · Lleida-Pirineus · Camp de Tarragona -
Trenhotel
Rías Galegas
Madrid-Chamartín Santiago de Compostela · O Carballiño · Ourense-Empalme · A Gudiña · Pobra de Seabra · Zamora · Medina del Campo · Ávila -

Alta Velocidade [editar]

O 10 de decembro de 2011 púxose en servizo o tramo de Alta Velocidade entre Ourense e A Coruña. Por este tramo circulan servizos Avant entre as estacións de Ourense-Empalme, Santiago de Compostela e A Coruña-San Cristovo.

Tren Destino Paradas intermedias Observacións
AvantAvant.svg
Ourense-Empalme Santiago de Compostela

Galería de imaxes [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]