Longa distancia Renfe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AVE da serie 100, estacionado en Córdoba-Central.
Alvia da serie 130, que cubre a relación Madrid-Xixón.
Euromed entrando na estación València-Nord

Longa Distancia Renfe é unha unidade de negocio e a denominación comercial dos servizos de traxectos de longo percorrido de Renfe Operadora, empresa do ferrocarril español. Son os trens comunmente coñecidos como Grandes Liñas, que comunican grandes cidades de tódala xeografía española.

Circulan servizos de Longa Distancia por tódala rede ferroviaria española, tanto pola rede convencional, como polas vías de ancho UIC, e algúns trenhotel viaxan tamén a Portugal, Francia, Suíza e Italia.

Servizos de Longa Distancia existentes[editar | editar a fonte]

  • Alaris: trens ETR 490 que circulan diariamente por vías de ancho ibérico entre Madrid e diversas cidades da Comunidade Valenciana e entre estas e Barcelona, que poden circular entre 160 e 200 km/h.
  • Altaria: trens Talgo das series IV, VI ou VII de rodaxe desprazable (poden circular por vías de ancho ibérico e UIC), que circulan entre Madrid e cidades de Andalucía, así como Murcia e Alacant.
  • Alvia: trens das series 120 e 130, de rodaxe desplazable, que circulan entre cidades de toda España a velocidades que poden chegar aos 250 km/h. cando circulan por vías de ancho UIC.
  • Arco: trens que circulan diariamente por vías de ancho ibérico nas relacións País Vasco-Galicia e Monforte de Lemos-A Coruña. Poden circular a velocidades de entre 160 e 200 km/h.
  • AVE: tren de alta velocidade que só circula por vías de ancho UIC e que estáse a estender por tódala península. Pode circular a velocidades de ata 350 km/h.
  • Diúrno: trens antigos, actualmente en substitución, que circulan por vías de ancho ibérico a velocidades de menos de 160 km/h. Actualmente só queda unha liña en funcionamento, entre o País Vasco e Salamanca.
  • Estrella: trens nocturnos que circulan por vías de ancho ibérico por tódala xeografía española, a unha velocidade máxima de 160 km/h. Están a ser substitutos por Trenhoteles.
  • Euromed: trens de rodadura desplazable que circulan a velocidades de ata 220 km/h. entre Barcelona e Alacant.
  • Talgo: trens de diversas series que poden circular por ancho ibérico ou UIC, e que cobren relacións entre cidades de toda España.
  • Trenhotel: servizo nocturno que une cidades españolas e europeas, algúns deles con rodadura desplazable.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]