Estación de Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°43′14″N 8°14′36″O / 42.720470532621, -8.2432414057402

Silleda
Estación de Silleda.
SituaciónSilleda

Silleda é un apeadoiro de Adif, situado na parroquia do Castro, preto da vila de Silleda, provincia de Pontevedra. Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Características[editar | editar a fonte]

Inaugurouse en 1958, cando se abriu o trazado da liña de ferrocarril Zamora - Santiago de Compostela. Amais do edificio principal consérvase o almacén e a báscula de mercadorías, os servizos, os farois, o muro divisorio e as casa dos ferroviarios de planta baixa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]