Avant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tren Avant S-104 na estación de Zaragoza-Delicias.
Tren Avant S-114 en Valladolid-Campo Grande.
Tren Avant S-121 con cambio de largo.
Servizos Avant en marzo de 2013.

Avant é un servizo de trens de media distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.

Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira liña de alta velocidade española en ser inaugurada foi a Madrid-Sevilla, que se mantivo durante unha década como a única liña deste tipo en funcionamento. En orixe, os trens AVE eran os únicos en percorrer a liña. RENFE instaurou unhas novas frecuencias que en lugar de percorrer toda a liña realizaban o traxecto Madrid-Puerta de Atocha-Ciudad Real-Puertollano, con horarios adaptados ás viaxes pendulares. Estes servizos eran denominados Lanzadeira AVE e realizábanse cos mesmos trens da serie 100 que os trens AVE.

RENFE encargou novos trens para esta relación, a serie 104, que entraron en servizo a finais de 2004. Estes trens terían unha configuración de longa distancia, con clase turista e club e cafetaría a bordo. En outono de 2005 inaugurouse a liña de alta velocidade Madrid-Toledo, onde estes novos trens entran tamén a prestar servizo. O servizo, tras un curto período coa denominación Iris pasa a ser coñecido como Avant e a recibir unha consideración de media distancia: as cafetarías a bordo deixan de prestar servizo e todas as prazas son ofertadas como de clase única.

Coa inauguración de novas liñas de alta velocidade os servizos Avant esténdense por todo o país, e recíbense novos trens adaptados a este servizo que xa non dispoñen de cafetaría e parten de fábrica con clase única.

Ademais circulan servizos Avant entre Cádiz e Xaén usando a LAV Madrid-Sevilla entre o Cambio de ancho de Alcolea e o Cambio de ancho de Marajabique mediante a serie 121.

Servizos[editar | editar a fonte]

Servizos actuais[editar | editar a fonte]

Servizos desaparecidos[editar | editar a fonte]

Servizos de largo variable[editar | editar a fonte]

  • Cádiz <> Jaén (4h 13 minutos). Realízase coa serie 121. Primeiro servizo en largo internacional e ibérico. Cambios de largo en Majarabique (Sevilla) e Alcolea (Córdoba).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]