Estación de Catoira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°40′20″N 8°43′31″O / 42.6722, -8.72533

Catoira
Estación de Catoira. Predio de viaxeiros.
SituaciónCatoira
Liñas
Media distanciaRexional

Catoira é unha estación de Adif situado na vila de Catoira, na provincia de Pontevedra. Ten varios servizos Rexionais diarios operados por Renfe Media Distancia.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

Atópase no punto quilométrico 59,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Vilagarcía de Arousa coa Bifurcación de Angueira, que historicamente formou parte da liña de Redondela a Santiago de Compostela; a 6 metros de altitude[1], entre as estacións de Vilagarcía de Arousa e Pontecesures.

Historia[editar | editar a fonte]

A chegada do ferrocarril a Catoira vai unida á primeira liña férrea posta en funcionamento en Galicia que unía Cornes co Carril e que se prolongaría pouco despois ata Pontevedra. Inaugurouse a estación o 15 de setembro de 1873 por parte da The West Galicia Railway Company empresa británica que lograra a concesión da liña en 1866 tras comprar a compañía do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel.[2] En 1928, MZOV absorbeu a compañía inglesa para ser á súa vez absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste un ano despois. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España integrou todas as compañías existente na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
1 MD A Coruña
Santiago de Compostela
<> Vigo-Guixar

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Red ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. "Santiago a Carril e Pontevedra , (The West Galicia Railway Company Limited)". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-09-03. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]