Apeadoiro da Ponte Pasaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°19′56″N 8°23′05″O / 43.33225, -8.3846388888889

Ponte Pasaxe
(clausurado)
Vista da liña León - A Coruña na altura do apeadoiro.
SituaciónA Coruña

Ponte da Pasaxe foi un apeadoiro de RENFE no p. k. 544 da liña León - A Coruña[1], construído na aldea da Pasaxe, na Coruña, próximo á ponte do mesmo nome.

Historia[editar | editar a fonte]

A instalación foi construída para dar servizo ás aldeas da zona e, grazas a construción da ponte da Pasaxe, ao concello de Oleiros, que se estaban a converter en áreas para o espallamento e lecer da burguesía coruñesa.[2][3]

A degradación padecida na década de 1980, de servizos e infraestrutura ferroviaria así como a da zona, abafada entre infravivendas e a autoestrada urbana AC-12, motivou o descenso de viaxeiros e finalmente a supresión desta parada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ®, © EuroFerroviarios. "Asturias a Galicia y León (Línea FC) :: © EuroFerroviarios ® :: El Punto de Encuentro de los Trabajadores Ferroviarios". euroferroviarios.net (en castelán). Consultado o 2018-10-12. 
  2. "Spanish Railway  » Blog Archive  » Palencia á La Coruña (Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España)". www.spanishrailway.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-12. 
  3. Consulting, Inxenio Internet. "-EL BURGO". www.lacasadelatroya.com (en castelán). Consultado o 2018-10-12.