Estación da Coruña-Término

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°21′16″N 8°24′16″O / 43.354361111111, -8.4043611111111

A Coruña-Término
(clausurada)
Visita de Afonso XIII á Coruña (1909)
SituaciónRúa Fernández Latorre
A Coruña
Intermodalidade
Outrostranvía

A estación da Coruña-Término (denominación oficial)[1], máis coñecida como a estación do Norte[2], foi unha estación de RENFE na cidade da Coruña até o ano 1964, cando un lume arrasou o predio de viaxeiros e todos os servizos pasaron a se concentrar na estación de San Cristovo.

Historia[editar | editar a fonte]

Terreos que ocupaban as instalacións da estación do Norte.

En 1858 a raíña Isabel II colocou a primeira pedra do que había ser a cabeceira da liña A Coruña - Palencia.[3] Estaba situada no barrio da Gaiteira, na ribeira do río Monelos; provisionalmente foi construído en 1874 un predio de madeira para dar servizo aos viaxeiros con orixe e destino Lugo[4], no que sería a segunda liña férrea de Galiza, logo da Santiago - Carril.

A terminal de pasaxeiros definitiva foi inaugurada en setembro de 1883 polo rei de España Afonso XII[5] e estivo operada pola Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España até a súa nacionalización por parte do Estado español en 1941, de aí que se coñecera popularmente como a "estación do Norte"[2].

Coa conclusión das obras en 1957 da liña Zamora - A Coruña, que establecía unha conexión máis rápida desta última con Madrid[6] e a posta en servizo da vía que uniría as liñas de Zamora e León grazas a un túnel baixo Eirís en 1958[1], comezou o declive da estación do Norte en favor de San Cristovo.

En xaneiro de 1964 un lume arrasou co predio de viaxeiros e parte das instalacións, producindo o peche da estación[7]. En 1975, abandonadas xa as instalacións desde había anos, foi construída en parte dos terreos a actual estación de autobuses.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rodri García (2015-04-15). "San Cristóbal, 80 años más tarde". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-15. 
  2. 2,0 2,1 Fernando Estévez Gago (2012-04-01). "Días de juegos en la Estación del Norte". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2018-10-15. 
  3. "ESTACIÓN DO NORTE - Pantasmas de Oza". Pantasmas de Oza. 2017-01-14. Consultado o 2018-10-15. 
  4. Carmaño, Jose María Fernandez. La Coruña vista desde sus libros de actas (en castelán). Editorial Visión Libros. ISBN 9788498210880. 
  5. Carlos Fernández (2003-06-21). "Un coloso en llamas". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-15. 
  6. Gil, Francisco J. "La línea ferroviaria entre Ourense y Zamora cumple 60 años". La Región (en castelán). Consultado o 2018-10-15. 
  7. "La Estación del Norte, en 1964". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-11-02. Consultado o 2018-10-15. 
  8. Xosé R. Novoa (2015-04-14). "La estación de San Cristóbal cumple 80 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2018-10-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]