Estación de Pobra de Seabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°02′44″N 6°37′36″O / 42.0456, -6.62674

Pobra de Seabra
Edificio da estación
SituaciónPobra de Seabra
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaMD

Pobra de Seabra é unha estación de tren de Adif situada na vila de Pobra de Seabra, provincia de Zamora. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

A estación atópase no punto quilométrico 106,871 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 950 metros de altitude, entre as estacións de Linarejos-Pedroso e Pedralba.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación[editar | editar a fonte]

O edificio para viaxeiros é unha clara mostra da arquitectura propia da zona con estruturas realizadas con grandes bloques de pedra e amplos tellados de lousa de varias vertentes. Un arco central e varios pináculos de pedra serven como decoración. Aínda que posúe dous pisos, o edificio non se caracteriza pola súa altura. Dispón dunha plataforma lateral e outra central de boa anchura aínda que sen protección ás que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Debido á súa situación estratéxica entre Ourense e Zamora está dotada dunha extensa praia de vías dunha rotonda xiratoria, dun depósito de locomotoras, de varios peiraos de carga, guindastres, augadas e edificio anexos.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Longa Distancia[editar | editar a fonte]

Actualizados a 23 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren semanal por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
18 MD Valladolid-Campo Grande <> Pobra de Seabra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pedralba de Pradería Euroferroviarios
  2. 2,0 2,1 Liña Zamora-Ourense Afzamorana

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]