Estación de Miño-Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estación de Miño - Castro»)

Coordenadas: 43°20′32″N 8°12′20″O / 43.34221, -8.20555

Miño-Castro
Apeadoiro de Miño.
SituaciónMiño

Miño-Castro foi unha estación e posteriormente apeadoiro de tren de Adif situada na localidade de Miño, na provincia da Coruña. Está situado na estrada AC-154, a un quilómetro cara Ferrol e na actualidade non ten paradas comerciais.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

Atópase no punto quilométrico 13,7 da liña férrea de largo ibérico que une Betanzos con Ferrol a 22 metros de altitude,[1] entre a estación de Betanzos-Cidade e o apeadoiro de Miño. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]