Estación da Frieira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°09′18″N 8°12′04″O / 42.155, -8.20111

Frieira
A estación en 2015.
SituaciónCrecente
Liñas
Media distanciaIntercity
Rexional Exprés

Frieira é unha estación de tren de Adif situada no lugar da Frieira, no concello de Crecente, na provincia de Pontevedra, ao lado do río Miño. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria[editar | editar a fonte]

Está situada no punto quilométrico 95,5 da liña de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela, a 74 metros de altitude, entre as estacións de Filgueira e A Pousa-Crecente.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia[editar | editar a fonte]

A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa apertura do tramo Ourense-Arbo da liña entre Vigo e Monforte de Lemos.[2] A explotación quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, e en 1928 foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España.[2] En 1941 esta foi unha das empresas que se integrou en Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña, mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Red ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]