Ecografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ecografía
Clasificación e recursos externos
Ecografía do corazón a tempo real. Pódense observar os latexos do mesmo.
ICD-988.7
MeSHD014463
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A ecografía (do grego «ἠχώ» ēkhō="eco", e «γραφία» grafía= "escribir"), tamén denominada ultrasonografía, é unha técnica de diagnóstico clínico empregada en medicina baseada nos ultrasón. Os aparellos de ultrasón empregan, polo xeral, frecuencias comprendidas entre os 2 e 14 MHz (aínda que en eidos médicos excepcionais, coma a dermatoloxía, poden existir transdutores de até 20 MHz). Os ultrasóns son xerados por unha fonte de cristal piezoeléctrico que fica en contacto coa pel. O mesmo transdutor encárgase de recibir eses ecos de ondas xerados, que posteriormente son interpretados a través dun ordenador. Así pois, a sonda transdutora funciona ao mesmo tempo de emisor e de receptor dos ultrasóns. Canto maior sexa a frecuencia dos ultrasóns, maior é a resolución obtida e máis precisión temos na visualización das estruturas superficiais. Conforme a densidade e composición das interfaces, a atenuación dos sinais emitidos varía, sendo posíbel unha tradución nunha escala de cores cinza, que será a que forme as imaxes dos órganos internos.[1]

O efecto Doppler é adoito empregado na ultrasonografía, xa que permite coñecer o sentido e a velocidade do fluxo sanguíneo. A integración desta técnica á ecografía convencional coñécese coma ecografía Doppler ou Doppler color (debido a que se empregan as cores azul e vermello para indicar un sentido ou outro do sangue. Outra variación da ultrasonografía clásica é a ecografía con contraste.[2]

Polo feito de non utilizar radiación ionizante, coma no caso do TAC ou da radiografía convencional, a ecografía converteuse nun método relativamente inocuo, pouco custoso, de doada disposición, e coa posibilidade de explorar un determinado órgano ou aparello a tempo real. Por este motivo é unha das técnicas gold standard, isto é, de elección, para avaliar o correcto crecemento fetal no embarazo, xa que non dá lugar a dano ningún no futuro nadón.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pedrosa, C.S. (1999). Diagnóstico por imagen. Marban. pp. 643–646. ISBN 8471012677. 
  2. Schneider, Michel (1999). "Characteristics of SonoVue". Echocardiography 16 (7): 743–746. PMID 11175217. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]