Cordón umbilical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cordón umbilical
Umbilicalcord.jpg
Cordún umbilical nun nadón de 3 minutos de vida.
Latín Funiculus umbilicalis
Arteria Arterias umbilicais
Vea Vea umbilical

En mamíferos placentarios, o cordón umbilical é un cordón que une ben o embrión en vías de desenvolvemento ou ben o feto á súa placenta. Contén arterias principais e veas (arterias umbilicais e vea umbilical) para o intercambio de substancias nutritivas e sangue rico en oxíxeno, entre o embrión e a placenta. Estes vasos están arrodeados da chamada xelatina de Wharton. No momento en que o feto nace, o cordón umbilical é cortado e déixase só unha pequena cicatriz, que constituirá o futuro embigo.

O termo "cordón umbilical", ou simplemente "umbilical", foi empregado tamén para cordas con funcións semellantes, coma a mangueira de aire que une a un mergullador de alta mar ao seu barco, ou ben a un astronauta coa súa nave espacial.

Anatomía[editar | editar a fonte]

No feto humano, o cordón umbilical é, polo xeral, duns 56 cm de lonxitude e de 1 a 2 cm de diámetro. Dita lonxitude pode variar dende a acordia, que vén a ser a ausencia de cordón, até a cordóns de máis de 300 cm. Os cordóns umbilicais son de natureza helicoidal, con até 380 hélices. En termo medio, o cordón umbilical ten de 10 a 11 hélices. A maioría dos cordóns xiran ou rotan cara á esquerda, por razóns que no se coñecen aínda. Máis do 5% dos cordóns son máis curtos de 35 cm, e arredor dun 5% son máis longos de 80 cm.

O cordón umbilical contén dúas arterias umbilicais e unha vea umbilical, sepultada dentro da xelatina de Wharton.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cordón umbilical