Filipa de Lancaster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dona Filipa de Lancaster, raíña consorte de Xoán I de Portugal

Filipa de Lancaster, nada en Leicester en 1359 e finada en Lisboa o 19 de xullo de 1415, foi unha princesa inglesa da casa dos Plantaxenetas, filla de Xoán de Gante, 1.º Duque de Lancaster coa súa esposa Branca de Lancaster

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deveu raíña consorte de Portugal a través do matrimonio co rei Xoán I, celebrado en 1387 na cidade do Porto, PortugalPorto. Este matrimonio foi acordado no marco da Alianza Luso-Inglesa, contra o eixo Francia-Castela. Foille atribuída a distinción inglesa da Orde da Xarreteira.

As raíñas de Portugal contaron, dende moi cedo, os rendementos de bens, adquiridos na súa gran maioría por doazón. D. Filipa de Lancaster recibiu as rendas da alfándega de Lisboa, así como as vilas de Ourense, Sintra, Óbidos, Alvaiázere, Torres Novas e Torres Vedras.

Foi unha raíña xenerosa e amada polo pobo. Os seus fillos que chegaron á idade adulta serían lembrados como a ínclita xeración, de príncipes cultos e respectados en toda Europa.

Filipa morreu de peste negra nos arredores de Lisboa, poucos días antes da partida para a expedición a Ceuta, segundo uns, tería sido no convento de Odivelas, segundo outros, no convento de Sacavém. Está sepultada na capela do fundador do Mosteiro de Santa María da Vitoria, na Batalha, ao lado do seu esposo.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu casamento con Xoán, Mestre de Avis, naceron nove fillos. Destes, os seis que chegaron á idade adulta serían lembrados como a ínclita xeración:

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Filipa de Lencastre - A Rainha que Mudou Portugal. Isabel Stilwell, A Esfera dos Livros, 2007 (ISBN 9789896260590)