Tomar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tomar (en portugués arcaico Thomar), é unha cidade portuguesa con cerca de 20.000 habitantes, pertencente ao Distrito de Santarém, rexión Centro e subrexión do Medio Texo. Pertencia aínda à antiga provincia do Ribatejo, hoxe porén sen significado político-administrativo.

O município está limitado ao Norte polo concello de Ferreira do Zêzere, ao Leste por Abrantes, ao Sur por Vila Nova da Barquinha, a Oeste por Torres Novas e a Noroeste por Ourém.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade está atravesada polo Rio Nabão, que é afluente do río Zêzere. Sitúase na talvez rexión máis fértil de Portugal e unha das máis férteis da Península Ibérica, a lezíria (mesopotamia) ribatexana.

Freguesías do concello[editar | editar a fonte]

As freguesías de Tomar son as seguintes:

Economía[editar | editar a fonte]

O turismo é hoxe unha actividade de primeira importancia, xa que o Convento de Cristo, principal monumento da cidade foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1983. É centro industrial, con fábricas de papel, derivados da madeira e outras; e comercial. A terra é fértil e produz froitas, aceite, viño

Patrimonio de interese cultural[editar | editar a fonte]

  • Sinagoga de Tomar: Tomar posúe a sinagoga medieval mellor conservada de Portugal. Foi edificada a mediados do século XV e goza dun interesante interior con bóvedas góticas Gothic e interesantes capiteis clasicistas. Desde 1939 acolle o prqueno Museo Xudeo Abraão Zacuto, con invulgares pezas relativas á historia xudía en Portugal.
  • Igrexa de San Xoán Bautista (São João Baptista): A igrexa máis importante de Tomar ubícase na praza principal da cidade, en fronte do Pazo Municipal (século XVII). A igrexa foi erguida entre os séculos XV e XVI, e mostra moi interesantews detalles artísticos, como o portal gótico flamíxero ; a torre manuelina con sino do XVI, os capiteis historiados, e varios paineis pintados, en 1530, por un dos pintores portugueses renacentistas de maior calidade, Gregorio Lopes.
  • Capela de Nosa Señora da Concpción (Nossa Senhora da Conceição): contruída entre 1532 e 1540, en estilo renacentista puro, foi comezada por João de Castilho e rematada por Diogo de Torralva. Foi dedicada como capela funeraria do rei Xoán III.
  • Igrexa e Convento de Santa Iria: localizábel perto do río Nabão, este conxunto do século XVI mostra unha fermosa portada e un altar renacentistas, así como detalles de estilo manuelino.

A parte antiga da cidade está organizada consonte un plano en dameiro, o que constitúe unha raraeza medieval ( mais débese ter en conta que trazas semellantes se utilizaran pola mesma época no hispano reino de Valencia). O casco posúe interesantes casas con atractivas fachadas renacentistas, barrocas e románticas. O parque sito cerca da ponte sobre o río Nabão, oferece pintorescas vistas da cidade e arredores.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]