Saltar ao contido

Disnomia (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Disnomia (satélite)»)
Disnomia

Descubrimento
Descuberto por M. E. Brown,
M. A. van Dam,
A. H. Bouchez,
D. Le Mignant
(dende o Observatorio Keck)
Data 10 de setembro de 2005
Características orbitais
Semieixo maior 30.000 - 36.000 km
Excentricidade ¿0?
Período orbital ~14 d
Inclinación desconocida
Satélite natural de (136199) Eris
Características físicas
Diámetro principal 300 - 400 km

Disnomia, satélite do planeta anano Eris. Oficialmente denominado como (136199) Eris I Disnomia. A primeira denominación foi S/2005 (2003 UB313) 1 ata a súa designación oficial por parte da Unión Astronómica Internacional como Disnomia[1].

Descuberto o 10 de setembro de 2005 por Michael Brown e o seu equipo no Observatorio Keck en Hawai. Recibiu o nome debido a que Disnomia é a filla da deusa grega Eris. Co seu descubrimento resultou que tres dos catro principais obxectos do Cinto de Kuiper dispuñan dun satélite natural (2003 UB313, 2003 EL61 e Plutón; só 2005 FY9 semella non ter satélite).

Propiedades

[editar | editar a fonte]

O satélite é unhas 60 veces máis pequeno que Eris, cun diámetro estimado duns 150 km. De acordo coas observacións efectuadas cos telescopios Keck e Hubble, estimáronse os seus parámetros orbitais, cun período de algo máis de 15 días, nunha distancia a Eris duns 37 370 km., polo que a masa do sistema sería 1,27 veces a de Plutón.

Parámetros orbitais

[editar | editar a fonte]

Igual que respecto ó seu tamaño, o satélite semella cerca de sesenta veces menos luminoso có propio planeta anano ó que orbita; polo que, asumindo que o albedo dos dous corpos sexa idéntico, o diámetro de Disnomia pode ser estimado en torno ós 350 km, cerca dun oitavo do de Eris.

O semieixo maior da súa órbita parece andar entre os 30 000 e os 36 000 km, cun período orbital de 14 días. Estimacións máis precisas dos parámetros orbitais permitirán, nun futuro, unha determinación máis precisa da masa do satélite e do planeta.

  1. Artigo en www.harvard.edu (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]