Diego Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diego Castro
Información persoal
Nome completo Diego Castro Giménez
Nacemento 2 de xullo de 1982 (29 anos)
Lugar Pontevedra, Galicia
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Getafe
Carreira sénior
Anos Equipos Apps (Gls)
2001–2003 Pontevedra 63 (14)
2003–2006 Málaga B 90 (2)
2005 Málaga 2 (0)
2006–2011 Sporting de Gijón 179 (39)
2011– Getafe 0 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Diego Castro Giménez, máis coñecido como Diego Castro, nado en Pontevedra o 2 de xullo de 1982, é un futbolista galego, que xoga de extremo esquerdo no Getafe CF. É fillo do adestrador Fernando Castro Santos.

[editar] Traxectoria

Comezou a xogar no equipo de fútbol base do seu colexio, o Sagrado Corazón, destacando con 11 anos no torneo escolar EDIT. Posteriormente xogou na Agrupación Xuvenil Lérez, e no 2001 pasou ao Pontevedra CF, que xogaba en Segunda B.

En 2003 fichou polo Málaga B, daquela en segunda división, disputando 90 partidos en tres tempadas. O 4 de decembro de 2005 debutou en primera división co primeiro equipo ante o Osasuna, e a seguinte xornada xogou contra o Real Madrid.

En 2006 fichou polo Sporting de Xixón, nese momento en segunda división, ascendendo a primeira trala tempada 2007-08. No ano 2009 foille concedido o Trofeo Molinón de Prata como mellor xogador do equipo.

En maio de 2011 anunciouse a súa incorporación ao Getafe CF.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas