A-League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A-League
A-League logo
Fundación 2004
Rexión Australia Australia
Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia
Equipos 10
Actual campión Brisbane Roar
Emisión en TV Fox Sports Australia, Fox Soccer Channel e Sky Sports (Reino Unido e Nova Zelanda)
Sitio web A-League.com.au
2011-12

A A-League (coñecida como Hyundai A-League por motivos de patrocinio) é a máxima categoría de Fútbol en Australia, equivalente a primeira división de outros países. Foi fundada no 2004 establecendo a súa temporada inicial en 2005-2006, e adoita celebrarse nos meses de primavera e verán.

A liga esta composta por once equipos das cidades e rexións. Nove representan as localidades de maior importancia en Australia, ademais hai un equipo que representa a Nova Zelandia.[1] Xógase una temporada regular, e ao término da mesma os seis primeiros loitan polo campionato. Por iso hai campión da temporada regular (premier) e campión absoluto.[2]

Inicialmente na OFC, desde o año 2007 está adscrita a Confederación Asiática de Fútbol e os campións xogan as competicións internacionais da zona de Asia.

Índice

[editar] Formato

A tempada da liga australiana celébrase desde agosto ata marzo, coincidindo cos meses de verán. O seu formato consta dunha liga regular a tres voltas, na que os once equipos enfróntanse entre si a lo menos tres veces, a ida e volta. O club recibe tres puntos se gaña, un en caso de empate e ningún se perde. Ao término da fase regular, os seis mellores clasificados pasan a unha fase final con eliminatoria directa. O campión da liga regular clasifícase para a Liga de Campións da AFC.

Na eliminatoria, os dous primeiros equipos da fase regular compiten en dúas rondas, e o vencedor pasa directamente a Gran Final, mentres que o perdedor deberá disputar unha semifinal. Por outra parte, do terceiro ao sexto equipo enfrontaranse en rondas preliminares eliminatorias, e o vencedor pasa a semifinal. O gañador dese partido é o segundo equipo finalista. A Gran Final é a partido único en un campo neutral, e o seu vencedor proclámase campión da A-League.

Existen dez clubs na A-League. O campionato comezou con oito equipos en 2005, e na tempada 2009-10 sumáronse dúas franquicias de expansión. Case tódolos equipos son anteriores a National Soccer League, da que só quedan actualmente tres equipos: Adelaide United, Newcastle United Jets e Perth Glory.

A diferencia da maioría das ligas europeas, non existe un sistema de ascenso e descenso, nin tampouco unha competición de copa nacional por eliminatorias como a FA Cup. O mais similar e a Copa da pretempada, que se inicia antes da tempada regular. O sistema da A-League sigue un esquema de franquicias a igual que a maior parte das ligas profesionais de Australia, así como a Major League Soccer dos Estados Unidos.

[editar] Límite salarial

Na A-League existe o límite salarial, do mesmo xeito que noutros campionatos como a AFL de fútbol australiano, e hai un número mínimo de xogadores establecido en 20 futbolistas. Cada club ten un orzamento salarial de 2,1 millóns de dólares australianos a repartir entre 19 xogadores. Pero existe a figura do xogador franquía (marquee player), aquel que pode cobrar máis que o resto do persoal, sobre a que non recae ningún límite salarial pois serve para atraer futbolistas recoñecidos e público ao estadio.

Cada equipo pode ter como xogador franquía a un futbolista de máis de 23 anos, que non ten ningún límite, e un xuvenil sub-23 que pode cobrar 150.000$ máis que o resto.[3] Algunhas das figuras que foron xogadores franquía son Dwight Yorke (Sydney FC), Robbie Fowler (North Queensland Fury) ou Jason Culina (Gold Coast United) entre outros.

[editar] Copa da FFA

A Copa da FFA será un torneo de estilo knock-out, que vai desde marzo de 2012 ata xaneiro de 2013[4] durante a tempada 2012-13. Os partidos xogaranse entre semana e a final celebrarase o Día de Australia. Todos os clubs de fútbol estará dispoñible para entrar na copa e os equipos máis pequenos terán que sobrevivir anteriores roldas eliminatorias antes de mesturarse cos clubs de A-League na última xornada. O gañador da copa esperara para obter a clasificación para a Liga de Campións da AFC . Espérase que a copa axudaralle a atraer aos fanáticos locais de fútbol na comunidade, polo tanto aumentar o interese pola A-League.


[editar] Clubes

Map of Australia and New Zealand.png

[editar] Equipos da tempada 2011-12

Club Cidade Estadio
Adelaide United Adelaida Hindmarsh Stadium
Brisbane Roar Brisbane Suncorp Stadium
Central Coast Mariners Gosford Bluetongue Stadium
Gold Coast United Gold Coast Skilled Park
Melbourne Heart Melbourne AAMI Park
Melbourne Victory Melbourne AAMI Park
Newcastle Jets Newcastle Ausgrid Stadium
Perth Glory Perth NIB Stadium
Sydney FC Sydney Sydney Football Stadium
Wellington Phoenix Wellington Westpac Stadium

[editar] Historia

O torneo xorde tras a reestruturación en 2003 da Federación de Fútbol de Australia, que modifica o seu organismo interno. A nova federación decide que o campionato de liga por aquel entón, a National Soccer League, debía substituírse por un novo torneo que incrementase o número de seguidores nese país e mellorase os resultados da selección australiana. Outros dos obxectivos eran romper a conexión entre clubs e grupos inmigrantes específicos (a NSL tiña varios equipos cuxos xogadores e seguidores proviñan, en gran proporción, dunha comunidade inmigrante), e evitar a concentración de varios clubs nunha mesma zona de influencia. Por iso, optouse polo formato dunha cidade-un equipo.

Para lograr a viabilidade do novo torneo o sistema empregado para a A-League sería pechado, polo que non habería ascensos nin descensos. Ademais, existirían limitacións no número de xogadores (20) e nos salarios. Os novos clubs serían empresas de propiedade privada que representarían a Sydney, Melbourne, Perth, Brisbane, Adelaida, Newcastle e Nova Zelandia, cun oitavo equipo que representaría a unha zona de influencia, a Costa Central de Nova Gales do Sur.[5]Do anterior campionato só permaneceron catro equipos: Perth Glory, Adelaide United, Football Kingz e Newcastle United Jets. O resto eran clubs de nova creación, e as formacións restantes da NSL irían ás ligas estatais ou desaparecerían.

Os equipos que participaron na primeira edición da A-League foron os seguintes:

Equipo Área Fundado
Adelaide United Adelaida 2003
Central Coast Mariners Costa Central
(Nova Gales do Sur)
2004
Melbourne Victory Melbourne 2004
New Zealand Knights Auckland
(Nova Zelandia)
1999
Newcastle United Jets Newcastle 2000
Perth Glory Perth 1996
Queensland Roar FC Brisbane 2004
Sydney FC Sydney 2004

Lanzouse unha campaña publicitaria cun valor de 3 millóns de dólares australianos, cos anuncios en cine e televisión producidos pola compañía produtora de Ridley Scott. O tema da campaña foi "Fútbol, pero non como o coñeces". A primeira tempada contou cun prespupuesto de 50 millóns de dólares australianos e unhas estimacións de 10,000 asistentes de media.[6]Para atraer ao público os equipos realizaron importantes fichaxes como Dwight Yorke a Sydney FC e a chegada de veteranos australianos como Ned Zelic, Steve Corica e Archie Thompson. A meta da Federación da media de 10,000 espectadores cumpriuse, xa que a cifra na tempada foi de 12,100.[7]A tendencia de recuperar aos internacionais no país confirmouse na seguinte campaña, coa chegada de Stan Lazaridis, Tony Vidmar e Joel Griffiths.[8]

En 2007 New Zealand Knights desapareceu, e pasou a ser substituído por unha nova franquía en Nova Zelandia situada en Wellington (Wellington Phoenix). O éxito do campionato propiciou unha ampliación a dous equipos máis para a tempada 2009-10 en Costa do Ouro e norte de Queensland. Unha tempada despois sumouse o Melbourne Heart, primeiro equipo que compartía cidade con outra franquía, e na campaña 2011/12 sumarase a franquía Sydney Rovers.[9]

[editar] Palmarés

Na A-League hai que destacar a existencia de tres títulos: un é a Copa de pretempada, equivalente a un torneo da Copa de Liga. O segundo é o campionato da liga regular, ao que se cualifica como premier, e o terceiro é o campión absoluto que logra o título tras vencer na fase final.[2]

Tempada Copa da pretempada Tempada regular Gran Final
Premieres Segundo lugar Campions Segundo lugar
2005-06 Central Coast Mariners Adelaide United Sydney FC Sydney FC Central Coast Mariners
2006-07 Adelaide United Melbourne Victory Adelaide United Melbourne Victory Adelaide United
2007-08 Adelaide United Central Coast Mariners Newcastle United Jets Newcastle United Jets Central Coast Mariners
2008-09 Melbourne Victory Melbourne Victory Adelaide United Melbourne Victory Adelaide United
2009-10 Sydney FC Sydney FC Melbourne Victory Sydney FC Melbourne Victory
2010-11 Non se disputou Brisbane Roar Central Coast Mariners Brisbane Roar Central Coast Mariners

[editar] Títulos

Club Campeón Subcampeón
Melbourne Victory 2 1
Sydney FC 2 0
Newcastle United Jets 1 0
Central Coast Mariners 0 3
Adelaide United 0 2

[editar] Estadísticas

Archie Thompson ostenta o récord de goles na historia da A-League.

[editar] Máximos goleadores

Actualizado á finalización da tempada 2010. Excepto Smeltz e Thompson que están actualizados á tempada 2012.

Puesto Jugador Club actual Goles
1 Flag of New Zealand.svg Shane Smeltz Gold Coast United 62
2 Flag of Australia.svg Archie Thompson Melbourne Victory 60
3 Flag of Australia.svg Daniel Allsopp Melbourne Victory 36
4 Flag of Australia.svg Alex Brosque Sydney FC 32
5 Flag of Australia.svg Sasho Petrovski Newcastle Jets 30

[editar] Notas

  1. FFA Statement Regarding New Zealand Knights (14-12-2006). Consultado o 16-12-2006.
  2. 2,0 2,1 Australia's finest designers in trophy challenge. Football Federation Australia (19-12-2005). Consultado o 29-11-2006.
  3. New Season To Start With A Bang. Australia's FourFourTwo (2008-5-2).
  4. "Small players to get a shot at A-League's best", The Age, 17 February 2011. Consultado o 20 February 2011.
  5. {{cita publicación | título= ASA announce several significant initiatives | url = http://www.footballaustralia.com.au/default.aspx?s=insideffa_newsfeatures_newsitem
  6. "Australian Soccer announces the Hyundai A-League".
  7. "Facts and Figures".
  8. Plan to bring back Socceroos. The World Game.
  9. Rovers hurtling towards their A-League destiny Sydney Morning Herald, 18 de febrero de 2010
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas