Melbourne Victory Football Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melbourne Victory
NomeMelbourne Victory Football Club
Alcume(s)Victorioso
Fundación2004 ((20 anos))
EstadioEtihad Stadium
Melbourne, Australia
Capacidade53.355
PresidenteAustralia Geoff Lord
AdestradorMalaisia Ernie Merrick
LigaA-League
2010-2011 (A-League)
Na rede
http://www.melbournevictory.com.au
Facebook: gomvfc Twitter: gomvfc Instagram: gomvfc TikTok: gomvfc Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Melbourne Victory é un equipo de fútbol de Australia, situado na cidade de Melbourne no estado de Victoria, Australia. Foi fundado en 2004 e xoga na A-League, máxima competición profesional do país.

Melbourne é a franquía da liga con máis campionatos conseguidos desde que a nova liga foi creada, gañando o campionato da A-League en dúas ocasións. En 2008-09 obtiveron o título de liga regular e campionato.

Historia[editar | editar a fonte]

Cando a Federación de Fútbol de Australia anuncia o desmantelamento da National Soccer League, en 2003 un consorcio de empresarios decide formar unha sociedade que opte a unha praza no novo campionato profesional coñecido como A-League. A oferta, encabezada polo CEO de Belgravia Leisure, Geoff Lord, conseguiu facerse coa franquía correspondente no torneo. A diferenza doutros clubs da NSL con raíces baseadas na inmigración (como South Melbourne FC para os gregos ou Melbourne Knights para os croatas), Melbourne Victory está considerado como un equipo destinado a toda a cidade. Na súa primeira tempada contou con Ernie Merrick como adestrador, e Archie Thompson ou Kevin Muscat como principais figuras.

Na súa primeira tempada Melbourne terminou en penúltima posición, cunha campaña irregular. pero tras manter o bloque e fichar estrelas como Carlos Hernández ou Ljubo Milicevic logrou proclamarse campión da liga regular na 2006-07, para despois vencer na final do campionato a Adelaide United por 6-0. Ese ano Victory conseguiu tamén unha boa asistencia de público, superando os 20.000 espectadores de media no seu estadio. Tras quedar quinto en 2008, a tempada 2009 volveu ser unha das mellores do club ao lograr a Copa de pretempada, a liga regular e a final do campionato. Na seguinte tempada non puido revalidar o título, tras caer na final ante Sydney FC.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme títular: Camiseta azul con V branca, pantalón azul, medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca con V azul, pantalón branco, medias brancas.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]