Daniel Alves
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Daniel Alves da Silva | ||
| Nacemento | 6 de maio de 1983 (29 anos) | ||
| Lugar | Juazeiro, Brasil | ||
| Altura | 1,73 m. | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Barcelona | ||
| Número | 2 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Bahia | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 2001–2002 | Bahia | 25 | (2) |
| 2002–2008 | Sevilla | 175 | (11) |
| 2008– | Barcelona | 98 | (10) |
| Selección nacional | |||
| 2006– | Brasil | 50 | (5) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Daniel Alves da Silva, máis coñecido como Dani Alves, nado en Juazeiro, Bahia, o 6 de maio de 1983, é un futbolista brasileiro nacionalizado español. Xoga como defensa dereito e o seu club actual é o Futbol Club Barcelona da Primeira División Española. Foi considerado por algúns medios de comunicación deportivos como o mellor lateral dereito do mundo.[1][2]
Índice |
[editar] Traxectoria
Alves debutou como profesional en 2001 no Esporte Clube Bahia e un ano despois incorporouse ao Sevilla FC que pagou por el 500.000 euros.
A pesar de xogar como lateral, é un xogador de marcado carácter ofensivo, e en ocasións actúa como interior dereito, ademais de ser un lanzador de faltas. Dise del que é un todocampista, pois ata chegou a xogar de mediocentro e ata de dianteiro nun partido que enfrontou ao Sevilla e o Zenit de San Petersburgo en terras rusas.
Daniel Alves debutou de xeito oficial na Liga española o 23 de febreiro de 2003 co Sevilla FC fronte ao RCD Espanyol. Con todo, non marcaría o seu primeiro gol ata a tempada seguinte, o 9 de novembro de 2003 fronte ao Real Madrid. En agosto de 2007, Daniel Alves pediu ao Sevilla que lle deixase marchar e crecer como xogador.[3] Con todo, as altas pretensións económicas do Sevilla frustraron a súa fichaxe polo Chelsea FC da Premier League inglesa,[4] o que creou un gran descontento no xogador que chegou ata a negarse a viaxar co equipo a Grecia onde disputaría un partido crucial co AEK Atenas para a súa clasificación na seguinte rolda da Liga de Campións.[5] A pesar diso, quedou outro ano máis na disciplina nervionense, sendo traspasado finalmente ao FC Barcelona.
O 2 de xullo de 2008 foi presentado oficialmente como novo xogador do FC Barcelona ata o ano 2012, nun acto no que o presidente do club azulgrana, Joan Laporta, o definiu como "o mellor lateral dereito do mundo". Os 35,5 millóns de euros do seu traspaso (29,5 millóns fixos máis seis en variables, por clasificación e títulos) convertérono na segunda fichaxe máis cara da historia do club -por detrás de Overmars, e sendo posteriormente superado tamén polo de Ibrahimovic-, sendo o terceiro desembolso máis grande xamais realizado pola contratación dun defensa.[6] No F. C. Barcelona viste o dorsal nº 2.
Marcou o seu primeiro gol co FC Barcelona o 25 de outubro de 2008 no Camp Nou fronte á UD Almería. Hoxe Alves é un referente na defensa azulgrana e consagrouse como o lateral dereito titular do cadro catalán.
[editar] Selección nacional
Foi internacional coa Selección de fútbol de Brasil coa que disputou a Copa América 2007, onde marcou un gol na final contra Arxentina, quedando Brasil campión cun marcador de 3 a 0.
[editar] Palmarés
[editar] Campionatos nacionais
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Campionato do Nordeste | EC Bahia | Brasil | 2002 |
| Copa do Rei | Sevilla FC | España | 2007 |
| Supercopa de España | Sevilla FC | España | 2007 |
| Copa do Rei | FC Barcelona | España | 2009 |
| Liga Española | FC Barcelona | España | 2009 |
| Supercopa de España | FC Barcelona | España | 2009 |
| Liga Española | FC Barcelona | España | 2010 |
[editar] Campionatos internacionais
[editar] Distincións individuais
| Distinción | Ano |
|---|---|
| Equipo ideal da Liga 2005/2006 pola UEFA no posto de lateral dereito | 2006 |
| Mellor xogador da Copa da UEFA 2005-06 [7] | 2006 |
| Mellor xogador da Supercopa de Europa | 2006 [7] |
| Incluído no equipo ideal FIFA/FIFPro [8] | 2009 |
[editar] Notas
- ↑ http://www.ligafutbol.net/dani-alves-el-mejor-lateral-del-mundo/
- ↑ http://www.elmundodeportivo.es/gen/20100124/53876806597/noticia/dani-alves-el-mejor-lateral-del-mundo.html
- ↑ 20 Minutos - Daniel Alves: "Teñen que negociar co Chelsea por respecto a min"
- ↑ Marca - Alves regresa a Sevilla enfadado
- ↑ Sevilla Fútbol Club S.A.D
- ↑ Diario Marca Laporta presentou a Alves, o "mellor lateral dereito do mundo". Consultado o 3 de xullo, 2008.
- ↑ 7,0 7,1 uefa.com - Alves, o mellor da Supercopa
- ↑ FIFPro.org - O Once Mundial FIFA/FIFPro sae a escena en Zúric