Éric Abidal
| Abidal |
|||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Éric Abidal | ||
| Alcume: | Abi, Queniata | ||
| Data de nacemento: | 11 de xullo de 1979 (33 anos) | ||
| Lugar de nacemento: | Lyon, Francia | ||
| Data de falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
| Lugar de falecemento: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
| Nacionalidade: | |||
| Club actual: | FC Barcelona | ||
| Posición: | Lateral esquerdo | ||
| Altura: | 1,86 metros | ||
| Partidos internacionais: | 55 | ||
| Goles: | |||
| Ano do debut: | 2000 | ||
| Club do debut: | AS Mónaco | ||
| Ano do retiro: | {{{anoretiro}}} | ||
| Club do retiro: | {{{clubretiro}}} | ||
Éric Abidal, nado en Lyon o 11 de xullo de 1979, é un futbolista francés (de ascendencia de Martinica) que xoga na posición de lateral esquerdo, aínda que pode adaptarse ao posto de central. Actualmente pertence ao Futbol Club Barcelona da Liga Española.
Índice |
Traxectoria [editar]
Debutou no ano 2000 nas filas do AS Mónaco, co que disputou 22 partidos ligueiros ao longo de dúas tempadas. Unha vez terminadas foi traspasado ao Lille OSC, no que adoptou o alcume de "O Queniata" debido á súa forza e resistencia física. Abidal tamén permanecería dous anos no club, aínda que nesta ocasión disputou 62 encontros ligueiros.
O seu rendemento chamou a atención do Olympique de Lión que decidiu fichalo en 2004 a pesar de que uns meses antes fora detido pola policía francesa ao acharlle 200 gramos de haxix no seu coche.
Participou máis tarde no Mundial de Alemaña. Nesta cita mundialista, a prensa fixo especial fincapé en que a maior parte dos xogadores que integraban o combinado de Raymond Domenech procedían xa sexa das antigas colonias de Francia ou dos territorios franceses de ultramar. Entre eles estaba Abidal, posto que os seus pais naceron en Martinica.
Finalmente, o 28 xuño de 2007 o FC Barcelona tras chegar a un acordo co Olympique de Lión, fichou ao lateral francés por 14 millóns de euros e foi presentado co dorsal 22.
Eric debutou co club azulgrana durante a pretemporada realizada en Escocia e Asia. foi nomeado mellor lateral esquerdo de Europa no ano 2007 ao ser nomeado no equipo ideal da FIFA.
Na tempada 2009/2010, empezou moi ben, pero unha lesión fixo que se perdese gran parte da tempada, ocupando o seu lugar o brasileiro Maxwell. Volveu no último partido da tempada, contra o Real Valladolid, partido no que o FC Barcelona gañou a Liga BBVA. Ese día, Eric fixo un gran partido.
Selección nacional [editar]
Foi internacional coa Selección de fútbol de Francia, xogou 55 partidos internacionais.
Participacións en Mundiais [editar]
| Mundial | Sede | Resultado |
|---|---|---|
| Mundial 2006 | Subcampión | |
| Mundial 2010 | Primeira fase |
Clubes [editar]
Actualizado o 28 de abril de 2010.
| Club | País | Ano | Partidos | Goles |
|---|---|---|---|---|
| AS Mónaco | 2000 - 2002 | 22 | 0 | |
| Lille OSC | 2002 - 2004 | 60 | 0 | |
| Olympique de Lión | 2004 - 2007 | 84 | 0 | |
| FC Barcelona | 2007 - | 105 | 0 |
Palmarés [editar]
Campionatos nacionais [editar]
Copas internacionais [editar]
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Liga de Campións da UEFA | FC Barcelona | España | 2009 |
| Supercopa de Europa | FC Barcelona | España | 2009 |
| Copa Mundial de Clubs da FIFA | FC Barcelona | España | 2009 |
Vida persoal [editar]
Esta casado con Hayet Kebir, unha francesa de orixe alxerina, e converteuse ao islam. Teñen dúas fillas.
Abidal é un experto en decoración e bricolaxe, ademais é un dos donos dun restaurante de alta cociña francesa de Lyon.[1]
Éric marcou o seu primeiro gol en partido oficial no Estadio de San Mamés o 5 de xaneiro de 2011, salvando un penalti na quenda eliminatoria no Mundial de Alemaña 2006, pero non serviu de nada posto que Italia acabaría impóndose.