Maxwell Cabelino Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maxwell
Información persoal
Nome Maxwell Scherrer Cabelino Andrade
Nacemento 27 de agosto de 1981 (42 anos)
Lugar de nacemento Cachoeiro de Itapemirim
Altura 1,77 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Paris Saint-Germain
Número 17
Carreira xuvenil
2000–2001 Cruzeiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2001–2006 Ajax 114 (9)
2006–2009 Inter de Milán 79 (2)
2009–2012 Barcelona 57 (0)
2012– Paris Saint-Germain 14 (1)
Selección nacional
2004 Brasil sub-23 6 (0)
Na rede
FIFA: 207809 UEFA: 60805 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 20 de maio de 2012.
editar datos en Wikidata ]

Maxwell Scherrer Cabelino Andrade, nado o 27 de agosto de 1981 en Cachoeiro de Itapemirim (Espírito Santo), é un futbolista brasileiro. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o Paris Saint-Germain FC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional no Cruzeiro, para en 2001 fichar polo Ajax. Tras cinco tempadas, ficha polo Inter, sendo cedido ao Empoli. En xullo de 2006, Inter anunciou oficialmente a firma de Maxwell cun contrato de catro anos. O 15 de xullo de 2009, o Inter chegou a un principio de acordo co FC Barcelona para o traspaso do xogador por 4,5 millóns de euros e 0,5 máis variables.[1] Asinou o seu contrato co Barcelona por 4 anos con opcion a 1 mais, foi presentado o 17 de xullo.[2]

Comezou a tempada 2009/2010 gañando tres títulos; Supercopa de España, Supercopa de Europa, e Copa Mundial de Clubs da FIFA, e vaise facendo habitual no once titular de Pep Guardiola xogando tanto de lateral como de interior zurdo, ao termo desta campaña conquista a Liga Española. A tempada 2010/2011 empeza gañando a Supercopa de España.

O 12 de xaneiro de 2012, chegou a un acordo co Paris Saint-Germain FC por tres anos, a cambio de 4 millóns de euros. Fixo o seu debut contra o Toulouse FC, na vitoria do PSG por 3-1, xogando os 90 minutos.

Fai 7 anos morreuse un dos seus dous irmáns. En honra do seu irmán fíxose a tatuaxe que leva na parte posterior do bíceps. Grazas á relixión e á súa paixón polo fútbol conseguiu saír adiante. Forma parte dos Atletas de Cristo, unha organización cristiá da que tamén forman parte outros futbolistas como Kaká[Cómpre referencia]. Ten tres fillas.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Eredivisie Ajax FC Países Baixos 2002
KNVB Cup Ajax FC Países Baixos 2002
Supercopa dos Países Baixos Ajax FC Países Baixos 2003
Eredivisie Ajax FC Países Baixos 2004
KNVB Cup Ajax FC Países Baixos 2006
Supercopa dos Países Baixos Ajax FC Países Baixos 2006
Serie A FC Inter Milán Italia 2007
Supercopa de Italia FC Inter Milán Italia 2007
Serie A FC Inter Milán Italia 2008
Serie A FC Inter Milán Italia 2009
Supercopa de Italia FC Inter Milán Italia 2009
Supercopa de España FC Barcelona España 2009
Liga de España FC Barcelona España 2010
Supercopa de España FC Barcelona España 2010
Liga de España FC Barcelona España 2011
Supercopa de España FC Barcelona España 2011

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Supercopa de Europa FC Barcelona España 2009
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona España 2009
Liga de Campións da UEFA FC Barcelona Londres (Reino Unido) 2011
Supercopa de Europa FC Barcelona España 2011
Copa Mundial de Clubs da FIFA FC Barcelona España 2011

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Futbolista do ano nos Países Baixos 2004

Notas[editar | editar a fonte]

  1. elmundodeportivo.es O Barça chega a un acordo con Maxwell (Inter) Arquivado 03 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., consultado en xullo de 2009
  2. Maxwell: felicidade en azulgrana Arquivado 14 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.. FCBarcelona.cat. Consultado o 17 de xullo de 2009.
  3. "Maxwell puja al metro de l’Estació Camp Nou". FC Barcelona (en catalán). 18 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]