Mazarico rabipinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Limosa lapponica»)

O mazarico rabipinto[2][3] ou mazarico rubio[4] (Limosa lapponica) é unha ave limícola.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os adultos miden 38 cm, teñen as patas azul grisallas e un moi longo peteiro virado cara a arriba, a cola con bandas delgadas brancas e negras. É un pouco máis pequeno que o mazarico rabinegro ao que se asemella.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Fan o seu niño no chan, poñen de 2 a 4 ovos incubándoos 21 días, é o macho o que permanece máis tempo chocándoos.

Distribución[editar | editar a fonte]

O seu hábitat habitual é a tundra aberta, en zonas encharcadas e marismas próximas a bosques do Ártico (incluída Islandia) e Alasca. Migran no inverno cara Europa occidental, África, sur de Asia, Australia e Nova Zelandia, ocasionalmente tamén aparecen nas costas occidentais de América do Norte.

En Galicia é unha ave de paso entre os meses de agosto a outubro, algunhas quedan na Illa de Ons.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Limosa lapponica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Penas Patiño, Xosé Manuel (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-69-9. 
  3. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X.; Rodríguez Villanueva, Xosé L. (2000). Vocabulario multilingüe de acuicultura. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-3316-X. 
  4. Conde Teira, M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada (PDF). Chioglossa. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.