Carrasca branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carrasca branca
Carrasca branca en Cornualles (Erica vagans)
Carrasca branca en Cornualles (Erica vagans)
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Xénero: 'Erica'
Especie: ''E. vagans''
Nome binomial
''Erica vagans''
L.

A carrasca branca[1] (Erica vagans L.) é unha uz que poucas veces acada o metro de altura; moi ramalluda e de fino arume verticilado (4 ou 5) fortemente revolutas, que abunda nas rexións de montaña de toda Europa. Aparece tamén en Galiza.

Descrición[editar | editar a fonte]

Medra maiormente de xeito patente (en horizontal) no medio natural, polo que non adoita acadar grandes alturas, mais si cubrir extensións en noiros e abas. É unha planta vizosa e perenne. As inflorescencias son racemosas e aparecen nas partes superiores dos talos. As flores son urceoladas (cos pétalos soldados e de aspecto de campá) e de cor rosada-morada, diferenciándose doutras especies de Erica en que tanto os estames como o estigma sobresaen por fóra da corola. Segundo a zona florea a partir de xuño deica setembro-outubro.

Distribución[editar | editar a fonte]

É propia da rexión eurosiberiana, principalmente na faixa atlántica desde Portugal até Dinamarca. Sendo frecuente en Irlanda e Bretaña. No Reino Unido só se acha na península de The Lizard, en Cornualles. Na Península Ibérica medra no terzo norte: Galiza, Asturias, Cantabria e País Vasco. [2]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Carrasca branca

Medra especialmente nas montañas, a partir dos 800 m, por isto é considerada unha urce de montaña. Como a meirande parte das especies do xénero Erica, medra ben en solos acedos e oligotróficos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Crese que Erica deriva do grego ἐρείκειν ereikein: quebrar, en alusión ás súas pólas febles. O epíteto específico latino vagans significa literalmente vadío, vagabundo; referíndose ao contexto que ten unha ampla distribución.[3] En inglés recibe os nomes de Cornish heath (uz de Cornualles) e wandering heath (uz errante)

Cultivo[editar | editar a fonte]

Primeiro plano da carrasca branca

Téñense desenvolvido numerosos cultivares de flores cun grande abano de cores: brancas, rosas, malva e púrpura. Os cultivares a seguir gañaron o premio de mérito de xardinaxe da Royal Horticultural Society británica:

  • E. vagans f. alba 'Cornish Cream'[4] (variedade de flores abrancazadas)
  • E. vagans f. alba 'Kevernensis Alba'[5] (variedade de flores abrancazadas)
  • E. vagans f. aureifolia 'Valerie Proudley'[6] (variedade de follas douradas)

Sinónimos[editar | editar a fonte]

  • Erica multiflora L. [1754, Fl. Angl. : ?] [1754]
  • Erica didyma Stokes in With. [1787]
  • Erica decipiens St.-Amans [1821]
  • Gypsocallis vagans (L.) Gray [1821]
  • Erica vaga Salisb.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar en galego preferido en Vocabulario forestal. Varios autores, Santiago de Compostela, 2012 Universidade de Santiago de Compostela / Escola Politécnica Superior de Lugo, Deputación de Lugo - https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15515911
  2. RHS A-Z encyclopedia of garden plants. Reino Unido: Dorling Kindersley. 2008. pp. 1136. ISBN 1405332964.
  3. Harrison, Lorraine (2012). RHS Latin for gardeners. Reino Unido: Mitchell Beazley. pp. 224. ISBN 9781845337315.
  4. "RHS Plant Selector - Erica vagans f. alba 'Cornish Cream'". http://apps.rhs.org.uk/plantselector/plant?plantid=2891. Consultado o 19 de xuño de 2013.
  5. "RHS Plant Selector - Erica vagans f. alba 'Kevernensis Alba'". http://apps.rhs.org.uk/plantselector/plant?plantid=6055. Consultado o 19 de xuño de 2013.
  6. "RHS Plant Selector - Erica vagans f. aureifolia 'Valerie Proudley'". http://apps.rhs.org.uk/plantselector/plant?plantid=2893. Consultado o 19 de xuño de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carrasca branca
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carrasca branca