Conversa usuario:Elisardojm/arquivo 17

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arquivo das conversas da primeira metade do 2018:

Wikirreto 2018[editar a fonte]

Feliz Aninovo!!! Hoxe dá comezo o Wikirreto 2018. Anímate a participar. --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de xaneiro de 2018 ás 15:15 (UTC)[responder]

Pregúntolle se as miñas edicións ata agora son correctas, é dicir, se está ben o artigo ou pola contra fixen algo mal. AshSXXI (conversa conmigo) 4 de xaneiro de 2018 ás 21:07 (UTC)[responder]

Esa parte de artigo saliu do artigo Call of Duty (serie). Xa pon que é o seu artigo principal. AshSXXI (conversa conmigo) 5 de xaneiro de 2018 ás 14:02 (UTC)[responder]

Phoolan Devi[editar a fonte]

Boas, é unha tradución dun artigo portugués, puxen para borralo porque cando comecei a querer referenciar os datos que dá coas ligazóns de abaixo comezaron a fallarme e o formato non o sei reparar. Unhanova (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 09:54 (UTC)[responder]

Se es quen de poñelo aceptábel, elimino a marca de lixo. Unhanova (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 09:56 (UTC) Grazas! Bo ano! Unhanova (conversa) 5 de xaneiro de 2018 ás 10:08 (UTC)[responder]

This Month in Education: December 2017[editar a fonte]

This Month in Education

Volume 6 | Issue 11 | December 2017

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!

In This Issue


From the Community

Wikimedia Serbia has established cooperation with three new faculties within the Education Program

Updates to Programs & Events Dashboard

Wiki Camp Berovo 2017

WM User Group Greece organises Wikipedia e-School for Educators

Corfupedia records local history and inspires similar projects

Wikipedia learning lab at TUMO Stepanakert

Wikimedia CH experiments a Wikipedia's treasure hunt during "Media in Piazza"

From the Education Team

Creating digitally minded educators at BETT 2017

In the News

Things My Professor Never Told Me About Wikipedia

"Academia and Wikipedia: Critical Perspectives in Education and Research" Conference in Ireland

Science is shaped by Wikipedia

Ola, Elisardo. Vexo que nese artigo hai aos e ós, e que ti fuches o primeiro editor. Unificas nunha opción? Grazas e bo ano. --Atobar (conversa comigo) 5 de xaneiro de 2018 ás 22:01 (UTC)[responder]

Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, hai un aviso na taberna para votar as imaxes de Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras, participa para escoller o mellor retrato de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 6 de xaneiro de 2018 ás 01:56 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

ARQUIVOS[editar a fonte]

Borráronme un arquivo da miña páxina de conversa situado en Conversa Usuario:AshSXXI/Arquivo 1. Podería vostede restauralo? AshSXXI (conversa conmigo) 7 de xaneiro de 2018 ás 17:57 (UTC)[responder]

8 de xaneiro de 2018 ás 16:19 (UTC)

Categoría:Wikipedia:Artigos con identificadores ORCID[editar a fonte]

Excuse me for writing in English. Please can you tell me why you deleted Categoría:Wikipedia:Artigos con identificadores ORCID? Pigsonthewing (conversa) 9 de xaneiro de 2018 ás 15:19 (UTC)[responder]

I deleted it because it was marked for deletion by Banjo and it was an empty category... Do you need it for some reason? Bye, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2018 ás 15:46 (UTC)[responder]
Thank you; no. I was just curious. Pigsonthewing (conversa) 9 de xaneiro de 2018 ás 18:38 (UTC)[responder]

Dinastía dos Capetos / Federico II de Sicilia / Iolanda de Bar[editar a fonte]

Ola Elisardo. Grazas por avisares. En canto teña tempo revisarei eses artigos, Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 11 de xaneiro de 2018 ás 18:08 (UTC)[responder]

Marca de auga[editar a fonte]

Oes Eli.

Ti serías quen de quitarlle a marca de auga do Museo do Exército a esta imaxe?

Graciñas de todas todas. --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2018 ás 21:54 (UTC)[responder]

Bo traballo! --. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2018 ás 09:53 (UTC)[responder]

Re:Ortografía[editar a fonte]

Boas, Elisardojm. Sen relatividades, eu non lle vexo nada malo aos artigos pero poido estar errado e moitas grazas polos arranxos, axuda, suxerencias e polo tempo. Ademais en calquera caso eu non teño grandes coñecementos da lingua galega pero non estou aquí para molestar e xa foi aclarado que non dispoño de moito tempo para o mellóreo dos artigos, grazas polo aviso. Saúdos.--Bluestone Beagle (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 04:49 (UTC)[responder]

Tradución[editar a fonte]

Boas, fixen varias traducións doutras Wikipedias que non fixeron senón dar problemas. Supoño que algúns produto do propio tradutor que introduciu moito código que hai que limpar (e que eu non sei html como para o facer), mais outros artigos que non estaban marcados nas súas Wikipedias con problemas si deron problemas na súa avaliación. Un porque a tradución en si tiña problemas, mais o resto teñen outros marcadores de atención. Hai Wikipedias con diferentes estándares de calidade? De que Wikipedia sería mellor traducir? Unhanova (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 12:21 (UTC) Unhanova (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 12:26 (UTC)[responder]

Cursada a petición en meta: https://meta.wikimedia.org/wiki/Steward_requests/Permissions#Removal_of_access. --Agremon(contacto) 13 de xaneiro de 2018 ás 13:28 (UTC)[responder]

15 de xaneiro de 2018 ás 18:45 (UTC)

The Signpost: 16 January 2018[editar a fonte]

Proposta para escoller ó usuario Estevoaei como burócrata[editar a fonte]

Boas, hoxe comezou unha votación para decidir se escoller ó usuario Estevoaei burócrata da Galipedia. Podes participar en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Estevoaei. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 16:59 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE: Imaxes Biblia Kennicott[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Referíame aos números de páxina desta web. Ata febreiro non vou estar moi operativo, tentarei ler os artigos propostos para calidade, pero non vou poder solucionar problemas que vaian saindo, de feito onte ía retirar da lista o artigo da India, pero xa o propuxeras ti. Vexo complicado chegar ao obxectivo se só se sinalan fallos en lugar de arranxalos, aínda que non se consiga polo menos quedo contento porque o número de artigos de calidade medrou espectacularmente nestes meses e os artigos que se escolleron son dun altísimo nivel, podemos estar todos orgullosos. Un saúdo, Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 21:36 (UTC)[responder]

Eu persoalmente esperaría a ver como van indo estas votacións, se a xente vota, se aparecen puntos vermellos... Igual sen ter un mínimo de participación nas tres que abriches nin votos suficientes nas que xa había antes complícase máis a cousa. Dende logo o que teño claro é que non proporía artigos demasiado longos, para que se poidan revisar axiña e a xente tampouco "perda" moito tempo con iso. Un saúdo, Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2018 ás 23:52 (UTC)[responder]

Rosa Luxemburg[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Comecei a revisar o artigo de Rosa Luxemburg, mira se hai algo incorrecto na edición que fixen (en concreto teño dúbidas entre seno -> seo), tamén toquei algo a puntuación. A ver se entre mañán e pasado podo acabar a revisión e se alguén máis se suma e conseguimos os seis puntos verdes que precisa o artigo. Un saúdo, Piquito (conversa) 17 de xaneiro de 2018 ás 23:14 (UTC)[responder]

Ola Elisardojm! Na sección "Apoio e crítica da revolución rusa" poderías darlle unha volta a esta frase? "A crítica da política perseguida por este último aparece aínda máis necesaria para Rosa Luxemburg." Graciñas! Piquito (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 21:10 (UTC)[responder]
Podes revisar tamén " En 2014, Anne Blanchard, escritora de obras xuvenís, publicou Rosa Luxemburg. Non aux frontières (en galego, Rosa Luxemburg. Non ás fronteiras), Actes Sud junior, unha novela publicada na colección «os que dixeron non» baixo a dirección de Murielle Szac. Tamén en 2014, a escultora Nicolas Milhé, reactualizou a figura de Rosa Luxemburg cunha escultura contemporánea en mármore branco sobre bronce."? Piquito (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 22:49 (UTC)[responder]
Rematei a revisión, deixei de todos xeitos tres apuntes na votación (acabo de pechala, pero estaría ben revisar esas cousiñas menores). Parabéns e grazas polo teu colosal traballo para sacar adiante todas as votacións. Saúdos!! Piquito (conversa) 19 de xaneiro de 2018 ás 23:08 (UTC)[responder]

¿Cómo se edita Wikidata?[editar a fonte]

Estimado Elisardojm,

No soy capaz de introducir modificaciones en Wikidata. ¿Podría Ud. indicar que Kazuo Ishiguro tiene una filla llamada Naomi (nacida en 1992), y que Chris Martin no tiene actualmente cónxuxe, pues está divorciado?

Saludos.

Soleil222 (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 11:59 (UTC)[responder]

Re:Carl von Linné[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Perdoa pola desfeita. Pretendía igualar e completar o formato da bibliografía porque había uns libros con ISBN e outros sen el e estivera buscando os libros de Wilfrid Blunt pero non me aparecia máis que un, e pensei (animaliño) que era un erro. E si, non entendía porque as notas estaban ligadas e agora comprobo que o premer nelas vas ao libro. Lamento moito as molestias. Se é posible, é mellor que revertas as edicións para que queden como estaban antes de andar eu fedellando. Estiven agora intentando solucionalo, pero non son capaz polo que se é posible, mellor deixalo como estaba. Perdoa de novo. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 13:03 (UTC)[responder]

Grazas, Elisardojm. Coido que xa está como estaba na edición de Alfonso Márquez (hai outra edición miña máis porque corrixín unha consonante). Pero queríache preguntar algo, xa que estamos. Hai varias citas que non aparecen referenciadas na bibliografía; por exemplo as 150, 151, 152, 153, 154 e 155 (os autores son Loring, Brace, Slotkin, Marks, Keevak, Braziel e Willoughby, respectivamente). Iso así non pode quedar non?. Un saúdo--MAGHOI (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 16:15 (UTC)[responder]

Wikidata[editar a fonte]

Ola, Elisardo e Usuario:Soleil222!

En xeral en Wikidata a maioría das propiedades -polo menos as máis usadas- están traducidas ao galego. Ao final das afirmacións, antes de identificadores, aparéceche + engadir unha declaración. No oco de propiedade pos fillo, e logo o nome da persoa.

Bota un ollo, por exemplo, en d:Q12386948, que ten fillo, pai e irmán. En relación con este, bótalle un ollo a Reasonator, na que podes ver a árbore xenealóxica cos elementos que aparecen en Wikidata.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de xaneiro de 2018 ás 18:43 (UTC)[responder]

Aaaaaamigo mío; que para que che deixe gravar, o elemento "fillo" ten que ter entrada en Wikidata, non se pode asignar un nome que Wikidata non recoñece. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de xaneiro de 2018 ás 23:46 (UTC)[responder]
Exacto; é por iso que no caso dos Álvarez só aparecen os persoeiros con ítem en Wikidata (de momento, correspóndense cos que teñen artigo na wiki) --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xaneiro de 2018 ás 00:02 (UTC)[responder]

Foto de Albert Camus y María Casares[editar a fonte]

Estimado Elisardojm. Por favor, elimine Ud. la foto en la que aparecen Albert Camus y María Casares; la publiqué hace semanas en el artículo de María Casares. Esa imagen pertenece a Fonds Albert Camus. Sus responsables han contactado conmigo y me han comunicado su deseo de que las fotos de Camus sean retiradas de Internet. Gracias.

Soleil222 (conversa) 18 de xaneiro de 2018 ás 20:51 (UTC)[responder]

Obradoiro Wikidata[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar un obradoiro para coñecer mellor Wikidata e as súas posibilidades. Se estás interesado no tema avisa alí que queres participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xaneiro de 2018 ás 08:57 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

22 de xaneiro de 2018 ás 23:56 (UTC)

Biografía[editar a fonte]

Hola de nuevo, Elisardojm. Ahora que he aprendido (more or less) a realizar ediciones en Wikidata (a editar las categorías preexistentes y a introducir nuevos elementos), me gustaría saber cómo funciona el Modelo:Biografía. No soy capaz de introducir modificaciones en la biografía de Kazuo Ishiguro. Saludos cordiales. Soleil222 (conversa) 24 de xaneiro de 2018 ás 18:27 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm. Veño de propoñer para artigo de calidade o artigo Sinfonía n.º 3 (Górecki), vendo que o da India xa ten os votos necesarios e contando con que o da penicilina acabe saíndo (revisareino a principios de febreiro se non o fixo ninguén antes e así douche marxe se queres retocar algo). Así as cousas co que temos (e contando co da penicilina) teriamos 146 artigos de calidade (faltaríannos catro)... o artigo que propuxen non é moi longo, pensei tamén en propoñer o dos concertos para piano de Mozart porque os artigos de Mozart tiveron boa aceptación, se che parece ben o propoño tamén (pasáralle o corrector antes de publicalo, pero seguramente haxa algo de lingua que se poida mellorar, como sempre). A ver se damos apañado eses que nos quedan! Un saúdo e grazas polo traballo, eu ando a medio gas coa Galipedia. Piquito (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 21:52 (UTC)[responder]

A foto paseina á última sección. Caín na conta de que non había ningunha imaxe do compositor, pero en Commons non hai ningunha da época na que escribiu a obra, así que optei por poñela na caixa e pasar a que había nela para a última sección (como no artigo en inglés. O cadro de Lemminkäinen está moi ben, normal que che guste máis que a de Górecki, que tampouco era un tipo especialmente ghuapo XD Piquito (conversa) 25 de xaneiro de 2018 ás 23:22 (UTC)[responder]
Logo de darlle unha revisión propuxen o de Óengus I, que non é moi longo e pode revisarse axiña, e ademais é moi interesante. Se podes coloca o anuncio (se é que se sigue facendo...). Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 00:18 (UTC)[responder]

URXENTE: Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para solicitar unha bolsa de cartos á Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario. Se queres comentar algunha cousa sobre esa solicitude podes participar en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta de presuposto para as actividades do décimo quinto aniversario. Polo momento é só un borrador, pero a solicitude ten que presentarse este domingo a última hora, polo que se consideras que hai que cambiar ou engadir algo, é urxente que o comentes na taberna e que sigas ese fío para axilizar todo o posible a solicitude. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de xaneiro de 2018 ás 16:35 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Foto toxos[editar a fonte]

Sen problema ningún. Adiante. --Atobar (conversa comigo) 27 de xaneiro de 2018 ás 12:52 (UTC)[responder]

Ola Elisardojm. Mirando na páxina de Lista de persoas nadas na provincia de Lugo, advertín que hai un erro. En concreto, na entrada nº 245 referida a Abel Caballero aparece como que naceu en Monterroso, cando na páxina propia aparece en Ponteareas (esta é a verdadeira). Como semella ser unha lista automática, prefiro non tocar. Podes botarlle unha ollada? Saúdos. --MAGHOI (conversa) 28 de xaneiro de 2018 ás 12:13 (UTC)[responder]

@MAGHOI:: Foi un vandalismo en Wikidata. --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de xaneiro de 2018 ás 12:18 (UTC)[responder]
Grazas Estevoaei Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2018 ás 15:59 (UTC)[responder]

Ola,deime conta de que hai dous artigos que se refiren á mesma cadea de tv: Vía TV e Vía Televisión. Era por se os podías fusionar ou facer unha redirección, porque non teño idea. Graciñas.--Marcoos44 (conversa) 29 de xaneiro de 2018 ás 00:43 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Banjo tell me 29 de xaneiro de 2018 ás 07:16 (UTC)[responder]
Grazas Banjo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de xaneiro de 2018 ás 08:41 (UTC)[responder]

29 de xaneiro de 2018 ás 17:06 (UTC)

Apoio á solicitude de bolsa para as actividades do aniversario[editar a fonte]

Boas a todos, xa está presentado o presuposto para as actividades do aniversario, agora sería preciso que os que apoien esa proposta engadan o modelo {{support}} no apartado "Endorsements". Podedes acceder á proposta aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 08:48 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

*presionar[editar a fonte]

Tal e como o explicas, Elisardo. Xa o cambiei. Premer debe usarse no sentido de oprimir; un botón, poñamos por caso. Nesa entrada *presionar chama por meter/facer presión. Ben vista. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 30 de xaneiro de 2018 ás 19:49 (UTC)[responder]

Anchor - Áncora[editar a fonte]

Oes Eli.

Os modelos {{anchor}} e {{áncora}} non son a mesma cousa?! --. HombreDHojalata.conversa 31 de xaneiro de 2018 ás 15:29 (UTC)[responder]

Artigos wikimaratón mulleres[editar a fonte]

Boas Elisardojm, eliminei o artigo Alicia do Reino Unido da lista de artigos por mellorar por que xa o fixen eu hoxe. Vin tamén que está incluído na lista o artigo Vitoria do Reino Unido, penso que nese artigo pouco máis se pode facer, se cadra revisalo para propoñelo para calidade, posto que xa me ocupei eu de expandilo no seu día (quizais quede mudar o formato das referencias a harvard, e darlle unha volta xeral por se colouse algún erro na ortografía, pero pouco máis). Déixoo á túa elección. --AMPERIO (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 16:58 (UTC)[responder]

Engadín ambos á lista que hai na taberna para revisar e propoñer a calidade. Se cadra o de Alicia pode ser proposto xa se alguén lle da outra volta. --AMPERIO (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 17:07 (UTC)[responder]

This Month in Education: January 2018[editar a fonte]

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 7 | Issue 1 | January 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!

In This Issue


Featured Topic

Bertsomate: using Basque oral poetry to illustrate math concepts

From the Community

Wikimedia Serbia celebrated 10 years from the first article written within the Education Program

WikiChallenge Ecoles d'Afrique update

The first Swedish Master's in Digital Humanities partners with Wikimedia Sverige

How we use PetScan to improve partnership with lecturers and professors


From the Education Team

The Education Survey Report is out!

Education Extension scheduled shutdown

Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller[editar a fonte]

Boas, Elisardo, crear artigos para feminismo da diferenza, feminismo da igualdade, primeira vaga do feminismo, segunda vaga do feminismo, terceira vaga do feminismo, suffragette, mellorar sufraxio feminino. Cando se me ocorran máis cousas, xa escribo. Unhanova (conversa) 2 de febreiro de 2018 ás 15:03 (UTC)[responder]

En https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Wikiproxecto_mulleres/Libros_de_biograf%C3%ADas_de_mulleres puxen as mulleres que seleccionaron para poñerlles as biografías nos proxectos de Verkami. Unha posibilidade é alternar artigos que teñan moita calidade noutros proxectos con darlle unha mínima biografía a mulleres que foron seleccionadas como moi importantes en proxectos nos que tiveron que escoller unhas poucas pola súa importancia. Unhanova (conversa) 2 de febreiro de 2018 ás 18:14 (UTC)[responder]


Boas, Elisardo.Non tiven moito tempo a poñerme a isto, pero vou ver se tiro algunha achega para a lista. Podo incluílas directamente na táboa, verdade? Un saúdo--Maria zaos (conversa) 14 de febreiro de 2018 ás 17:19 (UTC)[responder]

Dúbida sobre wikiwand[editar a fonte]

Boas, Elisardo, quería saber se é indiferente que lle dea ao meu alumnado o enlace directo a unha entrada da Galipedia ou o enlade de wikiwand. Moitas grazas por adiantado. --Aprofa (Dime algo aquí) 3 de febreiro de 2018 ás 13:16 (UTC) Moitas grazas, simplemente me parecía un deseño moito máis atractivo para os rapaces. Saúdos. --91.117.177.220 8 de febreiro de 2018 ás 22:30 (UTC)[responder]

The Signpost: 5 February 2018[editar a fonte]

RE:Filipe I[editar a fonte]

Boas Elisardojm, grazas polo aviso. O artigo é unha tradución do castelán, no que non ten ningún marcador, polo que non sei a que se refería Banjo cando colocou o marcador. Supoño que se é por que ten poucas referencias co marcador {{sen referencias}} houbera bastado. Esta tarde bótolle unha ollada a ver que se pode facer. --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 13:25 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 17:49 (UTC)[responder]

Johann Christian Erxleben[editar a fonte]

Ola Elisardo. Ampliei o artigo, incluíndo bibliografía e referencias. Non sei se será suficientre. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 5 de febreiro de 2018 ás 18:27 (UTC)[responder]

5 de febreiro de 2018 ás 20:51 (UTC)

Mellorar formato referencias artigo "César del Caño"[editar a fonte]

Ola, Elisardojm, Estou a facer a revisión do formato das referencias no artigo que me comentas, pero non acerto a ver o problema. A ver se mo podes concretar un pouco máis. Agradecida polo teu tempo e pido desculpas pola miña torpeza.

--Dianaoxea (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 08:36 (UTC)[responder]

2005! A saber de onde saquei, ou onde está o folleto. Creo que case é preferible borralo. ※ Sobreira ►〓 parlez 6 de febreiro de 2018 ás 11:30 (UTC)[responder]

Wikidata - Modelo Biografía: Trasvase de datos[editar a fonte]

Estimado Elisardo: Hace unos días edité la Wikidata de Albert Camus (https://www.wikidata.org/wiki/Q34670), y la de María Casares (https://www.wikidata.org/wiki/Q34670). Hoy me enteré casualmente de que alguien trasladó esa información a los artículos correspondientes de la Wikipedia española (https://es.wikipedia.org/wiki/Albert_Camus y https://es.wikipedia.org/wiki/Mar%C3%ADa_Casares). Me pregunto si se podrían trasvasar a la Wikipedia gallega algunos de esos datos (no todos; solamente las 4 "partners" principales). Atentamente,

Soleil222 (conversa) 7 de febreiro de 2018 ás 16:10 (UTC)[responder]

Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018[editar a fonte]

Boas, está a organizarse un obradoiro para coñecer o funcionamento de Wikidata, como mellorar a información que hai alí e como pode usarse nos artigos. Se é do teu interese tes máis información en Wikipedia:Aprendendo WikiData Febreiro 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 08:55 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

páxina eliminada[editar a fonte]

Non entendo que elimine unha páxina que sexa unha tradución e estea en proceso. Creo que debería ler isto. https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Non_trabes_os_novatos En lugar de promocionar o galego, A xente coma ti fai que fale menos xente. Saúdos --CToledo33 (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 11:57 (UTC)[responder]

página eliminada[editar a fonte]

Copio o último punto do artigo que debería ler: "Lembra que ti fuches novato e talvez gostarías ter sido mellor tratado do que fuches polos máis expertos". Pola miña banda deixo de contribuír nesta wikipedia. Grazas. Saúdos --CToledo33 (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 12:19 (UTC)[responder]

10 de marzo[editar a fonte]

Ola Elisardojm! vou revisar a listaxe e ver se faltan as "nosas imprescindibles" e se podo participar o día 10 ainda que sexa en remoto será un pracer. Desde logo, Ada Lovelace, Virginia Woolf e Remedios Zafra teñen que estar! Falamos.--Moniquiña (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 20:52 (UTC)[responder]

Ah!, agora esas si que xa están! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 23:24 (UTC)[responder]

Ola de novo! Engadín algunhas mulleres na lista poñendo a profesión para que a xente escolla segundo as súas preferencias. Teño moitísimas!!! máis quería preguntar se é mellor non poñer todas ou prefires un número concreto? Miraréi tamén o da bibliografía. Deica logo!--Moniquiña (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 10:26 (UTC)[responder]

Bo día! Teño unha dúbida porque na Galipedia coido que non se traballa con talleres como na Wikipedia. Se quero crear un novo artigo, cómo indico que é un borrador? Hai días creei unha ligazón na miña páxina para un artigo novo, máis se quero traballar con varios ao tempo, xa de cara a o dia 10 ter adiantado como fago? se o artigo xa existe poño a etiqueta en uso, máis cando e novo tamén? Supoño que é preferible facelo o mesmo día 10 pero xa digo que por adiantar traballo... Resumo: existe o taller na Galipedia ou cal é a alternativa? Grazas--Moniquiña (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 13:22 (UTC)[responder]

Graciñas! Non ía mal polo que vexo. Xa fixen unha como dis. Saudos.--Moniquiña (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 18:45 (UTC)[responder]

Obxectivo virtualmente conseguido[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Veño de ver que, tal e como están as votacións, o obxectivo de chegar aos 150 artigos de calidade para o 15º aniversario está virtualmente conseguido e que mesmo aínda que as votacións de Bruins e Mahler non consigan o voto que lles falta a cada unha, se seguen así as cousas superaremos a marca canto menos nun artigo. De feito posiblemente cheguemos á marca antes de marzo, e de sair todas as propostas que hai agora abertas, chegariamos ao día do aniversario (polo que vin é o 8, non sei cando ides facer os eventos) con 154 (o de House non entraría por pouco). Agradecerche o esforzo que fixeches por conseguir a marca, eu ao final non puiden participar case nada na historia por traballo. Noutro momento porei algo para toda a comunidade, pero quería antes de nada felicitarche e agradecerche o traballo e a adicación a este reto, tanto pola presentación de propostas como pola redacción de artigos e a súa revisión, e sobre todo darche as grazas pola implicación que tiveches dende o primeiro momento. Unha aperta e parabéns! Piquito (conversa) 10 de febreiro de 2018 ás 00:06 (UTC)[responder]

Está ben o da nota de prensa, eu nunca fixen unha, pero se me dis o que queres que diga podo facer unha e mándocha para ver se che parece ben. Piquito (conversa) 12 de febreiro de 2018 ás 20:07 (UTC)[responder]
Boas de novo Elisardojm! Estes días ando liado co artigo de Eugenia Osterberger, quería rematalo e propoñelo para artigo de calidade a poder ser esta semana (xa che explicarei por que as présas). Cando acabe tentarei poñerme. Un saúdo! Piquito (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 12:54 (UTC)[responder]

12 de febreiro de 2018 ás 21:59 (UTC)


sobre editatona muller na ciencia 2017 e videotitorial[editar a fonte]

Boas Elisardo, son María zaos, creei esta conta para facer un titorial de alta en Galipedia e rexistro na editatona do 20 de febreiro con esta conta. Por iso andei a facer probas na páxina que indicas. Perdoa,debería terche avisado. Puxen unha mensaxe na taberna para eliminar esta conta de usuario.--Meunomedeusuaria (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 10:17 (UTC) Para que quede máis claro, asinoche coa miña conta real --Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 10:19 (UTC)[responder]

  • Vaia, non sabía que non se podían borrar, poñerei logo o de retirado, mil desculpas. O vídeo, se gusta, por suposto que podedes reusalo para o que queirades. O microsegundo que sae unha conta miña é por unha cookie vella dun vello correo que nin teño, así que non hai fallo. O vídeo esta feito con screen-o-matic logo de varias tentativas con outras cousas e acaba de colgalo Lorena en youtube. Non me deixa poñer a ligazón acó, envíocha ao correo? Ía enlazala na páxina do evento do 20, pero non me deixa, identifica youtube como spam. Teño o vídeo orixinal, pero como está realizado con ferramenta externa non creo que se deba subir ao commons--Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 10:28 (UTC)[responder]

@Maria zaos: Non che deixou porque puxeches a dirección curta: …youtu.be… Hai que poñer a dirección larga: https://www.youtube.com/watch?v=X_SaugBNAaw --. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2018 ás 11:33 (UTC)[responder]

Grazas @HombreDHojalata:. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 01:16 (UTC)[responder]

Estiven buscando música en dominio público ao principio, pero non din con nada que fose absolutamente seguro. Volto mirar e esta finde tento montar un vídeo con outra ferramenta, xa que Screen-o-Cast non deixa incluir música de fóra da súa biblioteca :( como andaba apurada foi así. Cando o teña miramos de subilo ao Commons, logo. Graciñas--Maria zaos (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 07:37 (UTC)[responder]
Arg! Xa me estrañou algo ao poñer os créditos, debín poñer mal os filtros o día que busquei, pero andaba tan cansa que nin decatei..por favor si, solicita borrado. Pois nada, farei outro, levoo nun pen e subimolo o sábado no de wikidata,que está claro que non son moi de fiar ;)grazas de novo!Maria zaos (conversa)
xa vin a ferramenta que me envías. Fixen un vídeo novo e creo que xa o convertera a vogg, pero é que esta semana ando moi liadiña con moitas cousas. A ver se logro telo para esta finde. As miñas desculpas polo retraso, non me estou organizando moi ben o tempo :( Maria zaos (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 10:35 (UTC)[responder]
bueno, veño de montala de novo. Non souben meter os datos da licenza con esa ferramenta de suba. Deixoche os datos acó e miras por favor se se pode amañar? https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Segundotitowikimarzo.ogv con licenza CC BY, a música é :

Guitalele's Happy Place de Kara Square (CC BY 3.0) http://ccmixter.org/files/mindmapthat/56155; Summer In The Park de spinningmerkaba(CC BY 3.0) http://ccmixter.org/files/jlbrock44/46345--Maria zaos (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 00:24 (UTC)[responder]

si, metín esas dúas. Quedou un pouco peor que os anteriores, ten saltiños no vídeo, porque quixen facelo curto. A idea é que a primeira canción e parte do vídeo pode cortarse e é valida como titorial de como abrir unha conta. O resto fíxeno con referencia ao wikimaratón de marzo. Como remplazar non dá tanto problema, máis adiante tento millorar eses saltos de microsegundos e igual pausar máis outros, pero de momento penso eu que ben vale, que a función faina...--Maria zaos (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 10:28 (UTC)[responder]

Eugenia Osterberger[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Con motivo do Día da Muller, o Conservatorio de Culleredo vai adicar o mes de marzo á compositora galega Eugenia Osterberger e vaise facer unha pequena exposición. Para facer os carteis vaise empregar parte do material do artigo que estou a ampliar e quería pedirche se podes darlle unha pasada á ortografía da sección da "traxectoria" para poder ir traballando algún dos paneis. Graciñas! Piquito (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 23:16 (UTC)[responder]

A sección da "traxectoria" non a vou editar, de todos xeitos ata a noite non creo que poida editar nada no artigo. Puxen o marcador para evitar que se puxeran carteliños porque hai seccións con poucos contidos aínda e unha que non ten nada. Un saúdo e grazas! Piquito (conversa) 19 de febreiro de 2018 ás 10:28 (UTC)[responder]
Boas de novo! Primeiramente, grazas pola revisión, con todo, non concordo con ningunha das dúas observacións que me fixeches sobre a introdución do artigo: primeiramente porque do mesmo xeito que poñemos "Madrid (España)" ou "Nova York (Estados Unidos)", que son de sobra coñecidas, poñer "Santiago de Compostela (Galicia)" non é disparatado, por moito que sexa unha enciclopedia en galego penso que hai que seguir o mesmo criterio que co resto de cidades; por outra banda, o Romanticismo foi o suficientemente importante no eido musical como para ligalo directamente ao artigo música do Romanticismo... certo que non existe aínda, pero na miña opinión iso non quere dicir que haxa que prescindir del, xa se fará (como os dos outros grandes períodos musicais, que non hai ningún creado). Eu deixaríao como está, de feito onte amplieina un pouco para que a caixa non se metera no texto da primeira sección. Saúdos e grazas de novo! Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 11:00 (UTC)[responder]
Queda retirado o país na introdución, pensaba que se adoitaba facer así e revisando outros artigos vin que non, queda xa que logo eliminado. Sigo sen concordar co que indicas, realmente o artigo do Romanticismo que encaixe con ela non existe, o artigo xeral que temos trata a corrente (polo que puiden ver) dende o punto de vista da literatura e a filosofía... claro que está relacionado coa música tamén, pero creo que ligar o artigo a outro que non di nada sobre o campo no que traballou Osterberger non ten sentido, realmente o artigo que lle correspondería non existe. Un saúdo, Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 15:25 (UTC)[responder]
Desculpa, teño outra preguntiña. Como podo introducir un código QR no artigo? A idea é que se poñan nos textos da exposición o código QR para que a xente visite o artigo e poida coñecer máis á personalidade e a súa obra (e de paso traer visitas á Galipedia e dala a coñecer un pouco jajaja). Saúdos! Piquito (conversa) 20 de febreiro de 2018 ás 23:47 (UTC)[responder]

19 de febreiro de 2018 ás 22:55 (UTC)

The Signpost: 20 February 2018[editar a fonte]

Boas Elisardojm, non puiden evitar ver nun resumo de edición que empregaches a páxina Usuario:Elisardojm/whackamole.js para dar a benvida a un usuario. Que é iso? --AMPERIO (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 12:00 (UTC)[responder]

Ah vale! Entón me espero a que este rematado. Grazas! --AMPERIO (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 12:13 (UTC)[responder]

Re: Nota de prensa[editar a fonte]

En canto poda póñome coa redación. Semana tola, xuntáronseme moitas cousas. --Viascos (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 21:08 (UTC)[responder]

Boas! Vin por riba a nota de prensa. Eu quizáis daríalle máis bombo ao dos 150 artigos de calidade, explicaría o que son e diría un pouco as temáticas diversas, a universalidade (non son só artigos sobre Galicia como pasaba ao principio, senón que hai de todo tipo de temáticas). Como tamén estamos mesturando o aniversario co Día da Muller (o cal a min persoalmente paréceme estupendo) creo que estaría ben falar do esforzo nos últimos tempos por tentar equilibrar un pouco os contidos biográficos, chegando a 13 biografías de calidade de mulleres (que a ben seguro medrarán, sexa con algunha das propostas actuais ou coas futuras, que creo que serán varias en poucos meses). Sobre o maratón, e aínda que non vaia, queda raro facer unha actividade dese tipo que dure tan só dúas horas (de 11:30 a 13:30), parece pouco tempo para un maratón, que en principio se podería interpretar como unha actividade de todo o día, aínda que supoño que teredes limitacións de tempo impostas polo Concello. Unha aperta, e o que se me ocorra cóntoche. Piquito (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 22:31 (UTC)[responder]
Saúde Elisardojm, vin as correcións en ampliacións que fixeches ti e máis Atobar e parécenme axeitaedas. Tamén concordo co que propón Piquito, podemolo engadir. É a primeira vez que fago unha nota de prensa e non teño nin idea do que se estila ;). Mañá poderémolo falar --Viascos (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 19:58 (UTC)[responder]
Mirarei de metelo esta noite. Non o puxen antes porque vin que Viascos e ti a estaba a redactar e non quería xerar conflitos de edición. Xa imaxinaba que o do maratón sería por iso, unha mágoa non poder dispoñer do espazo tamén pola tarde. Un saúdo, Piquito (conversa) 24 de febreiro de 2018 ás 13:53 (UTC)[responder]
Ao final non puiden esta finde, se pode ser mañán póñoo. Piquito (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 22:54 (UTC)[responder]

Wikidata[editar a fonte]

Grazas, Elisardo. Non podo ir. Verémonos, se non variación, en Ourense.--Agremon(contacto) 23 de febreiro de 2018 ás 10:55 (UTC) Ola Elisardo, irei desde Lugo e aínda non sei moi ben onde queda o centro ese das Fontiñas. Polo tanto pode que chegue algo retrasada, pero ide empezando. Saúdos--Maria zaos (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 23:49 (UTC)[responder]

Re: Actualizar estatísticas de fotos de parroquias[editar a fonte]

Boas Elisardo, grazas por avisar, pero a ver se as podes actualizar ti pprque eu estou de viaxe e non teño moito tempo nin medios,só teño o móbil e co Android é um pouco latoso editar a táboa. Grazas, --Xosé Antonio (fálame sempre) 25 de febreiro de 2018 ás 05:40 (UTC)[responder]

26 de febreiro de 2018 ás 19:52 (UTC)

Mandeite un correo electrónico. --AMPERIO (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 12:49 (UTC)[responder]

This Month in Education: February 2018[editar a fonte]

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 7 | Issue 2 | February 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!

In This Issue
From the Community

WikiProject Engineering Workshop at IIUC,Chittagong

What did we learn from Wikibridges MOOC?

Wikimedia Serbia launched Wiki scholar project

Wiki Club in Ohrid, Macedonia

Karvachar’s WikiClub: When getting knowledge is cool

More than 30 new courses launched in the University of the Basque Country

Review meeting on Christ Wikipedia Education Program

The Multidisciplinary Choices of High School Students: The Arabic Education Program; Wikimedia Israel

From the Education Team

The Education Extension is being deprecated (second call)

The 2017 survey report live presentation is available for viewing

Urraca Henriques[editar a fonte]

Boas Elisardojm, comecei a traducir o artigo Urraca Henriques desde o homónimo ruso Уррака Энрикеш, que segundo wikidata era o único que existía. Porén investigando un pouco máis atopei que o artigo tamén existe en castelán, portugués e ucraíno. Tratei de engadir a ligazón ao ruso, pero non sei fusionar contidos en wikidata. Podes botarlle un ollo? Grazas. --AMPERIO (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 20:00 (UTC)[responder]

Ala! Non me digas que era tan doado! Que vergoña jajaj. --AMPERIO (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:17 (UTC)[responder]
Si xa lles deixara o aviso a eles, o que non sei é se me entenderan... --AMPERIO (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:32 (UTC)[responder]

Por certo, cambiando de tema, non sei se viches o comentario de Castelao na Taberna, e a resposta da IP. --AMPERIO (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:33 (UTC)[responder]

Premio Xoán Manuel Pintos para a Galipedia[editar a fonte]

Boas, o concello de Pontevedra acaba de anunciar os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua e a Galipedia foi escollida nun dos seus apartados. Tedes máis información na Taberna. Parabéns a toda a xente que colabora e que colaborou no proxecto, e que este recoñecemento sexa un impulso para facer a enciclopedia aínda mellor cada día. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 14:21 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

*Despegue na lista de erros frecuentes[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Pódeste ocupar de meter *despegue na lista de erros do corrector? O correcto é engalaxe, pero ollo, pois despegue si é correcto como forma conxugada do verbo despegar (separar dúas cousas). Grazas e saúde. --Atobar (conversa comigo) 2 de marzo de 2018 ás 19:10 (UTC)[responder]

Paréceme estupendo o que dis. Sen problema en que o quites. Despois xa non vexo necesario que o poñas. --AMPERIO (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 07:17 (UTC)[responder]

Actividades do décimo quinto aniversario, sábado 10 de marzo[editar a fonte]

Boas, como sabedes o vindeiro día 10 de marzo, sábado, vanse realizar en Ourense as diferentes actividades de celebración do décimo quinto aniversario da Galipedia. Ese día comezaremos co Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, no que degustaremos a torta de aniversario, despois faremos unha galecomida para charlar de todo o relacionado coa Galipedia, e o que non estea relacionado con ela, e para rematar faremos un Wiki Takes para facer fotos pola cidade. Nesta ocasión, e grazas á bolsa concedida pola Fundación Wikimedia, temos dispoñibles unhas bolsas de transporte para facilitar que as persoas interesadas poidan achegarse sen problema, hai que apuntarse na páxina das actividades, Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario, igual que para a galecomida. Canto antes vos anotedes mellor, así poderemos organizalo todo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:13 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

WikiMara[editar a fonte]

Se o sábado vas por SdC, podo ir contigo? ※ Sobreira ►〓 parlez 5 de marzo de 2018 ás 09:55 (UTC)[responder]

5 de marzo de 2018 ás 17:12 (UTC)

Boas, pregunta novata: como se avisa para borrado por vandalismo?[editar a fonte]

Boas, andaba a mirar as páxinas creadas hoxe e topei con isto, que ten graza, pero habería que quitalo, non? Kenxius Se tes tempiño poderías dicirme que modelo podería usar para avisar de cousiñas así, porque veño de mirar as páxinas de mantemento e vandalismo e non me aclarei moito. Graciñas. Maria zaos (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 19:20 (UTC)[responder]

Feito! Feito!@Maria zaos:. Para a próxima podes avisar no taboleiro dos administradores. Grazas por avisar. --AMPERIO (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 19:26 (UTC)[responder]

Re:Reino de Galicia[editar a fonte]

Deixoo para mañá, que hoxe xa non me da tempo. Tiña pensado poñer outro aviso, pero como as referencias faltan en varias partes non ía poñer un por cada sección. Paréceme ben o que comentas sobre abordar o tema na conversa, pero como otras veces xa se fixo asi, o de poñer o aviso (incluso en artigos de calidade) sen más miramentos por outros usuarios con moita más traxectoria ca min no proxecto non pensei que fora ser un problema. --AMPERIO (conversa) 6 de marzo de 2018 ás 19:55 (UTC)[responder]

Xa comentei algunhas das eivas que lle atopei ao artigo. Penso que o aviso de atención está ben onde está agora por que as referencias que faltan están en varias seccións do artigo, como expliquei na súa conversa. Pode que si sexa preciso revisar a súa calidade, pero non quero empezar unha "guerra" por mor "do neno dos ollos" da Galipedia. Se podemos arranxalos sen ter que sometelo a votación mellor, aínda que habería que chegar a un consenso, xa que nalgunha ocasión alguén comentou que para facer cambios significativos nos artigos de calidade case había que convocar un "conclave". --AMPERIO (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:20 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm, por algunha razón a páxina gardada non me carga a imaxe [[Ficheiro:Mappamundietymologies.jpg|miniatura|esquerda|200px|Mappamundi da obra Etimoloxías, realizado no ano 946, amosa a división política existente na Península Ibérica entre Galiza e España (parte inferior).]] no artigo Reino de Galicia, porén cando lle dou a editar si que me aparece de xeito correcto. Sabes que pode ser? Saúdos. --AMPERIO (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:07 (UTC)[responder]

Pero entón a ti te pasa o mesmo? --AMPERIO (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 10:21 (UTC)[responder]

Wikimaratón[editar a fonte]

Ola Elisardo. Con motivo do wikimaratón, engadín o enderezo electrónico, do PLAMBE (a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia) para, se che parece pertinente, mandarlles información. A min paréceme importante que a Galipedia teña utilidade como recurso a empregar no ensino, pois todos sabemos que se emprega a Wikipedia en español, pero poucos rapaces empregan a Galipedia. Quizais esa sería unha maneira de se dar a coñecer aínda que despois non haxa moita participación, pero chegaría con que se tivera constancia da súa existencia. De tódolos xeitos, eu nos medios nos que poido xa a estou a espallar e penso que, nese campo, hai posibilidades. Que che parece? Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 18:34 (UTC)[responder]

Moi boas! Unha cousa, non sei onde poñer un grupo de música de mulleres galegas, na listaxe de galegas? Supoño que non importa moito con tal de poñelas, máis reparei agora que son todas mulleres individuais, non sí? e non hai asociacións ou grupos (digo galegas). É un artigo novo, son A banda da Loba. Agardo resposta, se non mañán engadiréio nas galegas.--Moniquiña (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 21:18 (UTC)[responder]

Ola! Copio e pego a mensaxe que lle enviei a @Estevoaei: Ola! Tiven un problema coa subida da foto A Banda Da Loba.jpeg, porque a puxen no artigo A banda da Loba antes de que a autora enviara o permiso a Commons. Onte a noite xa o enviou, máis agora non sei ben como facer para revertir o cambio. Volvo subila sen máis ou escribo algo na conversa con quen o fixo? a verdade que é a primeira vez que me pasa e non sei se será mellor agardar uns días antes de facelo. Podo enviarche a foto por correo e que o fagas ti? Agardo consello. Grazas.

Díxome que quizáis ti podas axudar mellor. Xa me dirás. Graciñas!--Moniquiña (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 18:11 (UTC)[responder]

Ola! Ao fin escribín a quen retirou a foto, explicándolle o asunto... A ver se hai sorte. Moitas grazas pola axuda, confío na resolución. --Moniquiña (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 17:04 (UTC)[responder]

Moitas grazas compañeiro. Confirmarei coa autora da foto o envío do correo coa licenza correcta. --Moniquiña (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 16:11 (UTC)[responder]

8 de marzo Día Internacional da muller[editar a fonte]

Ola Elisardojm! Penso que o día de hoxe, 8 de marzo, ten peso dabondo para que sexa portada na Wikipedia en calquera idioma... Teño mágoa de que non sexa así é máis ainda neste ano 2018 co paro internacional de mulleres. Non sei moi ben como son seleccionados os artigos, máis insisto en que este feito é moi importante para que saia case que agochado...--Moniquiña (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 16:05 (UTC)[responder]

Grazas pola aclaración. Quizáis o ano próximo con tempo poda ser. Saúdos. --Moniquiña (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 18:06 (UTC)[responder]

Reino de Asturias[editar a fonte]

Boas Elisardojm! Como vin que algo miraches do tema do Reino de Asturias cóntocho a ti, que es coñecedor das normas e administrador. Creo que hai achegas no artigo que rozan o vandalismo, o artigo non é en absoluto enciclopédico, veño de pedirlle de novo que cambie o enfoque ou deixe de traballar no artigo, pero dáme a impresión de que non vai facer caso, da outra vez que lle escribín limitouse a dicir que non rematara o traballo, pero o certo é que segue coa súa idea, metendo valoracións, empregando unha linguaxe que dista moito de ser enciclopédica, cunha chea de erros ortográficos... O artigo non vai haber quen o entenda, xa que non fala de nada, o único propósito que ten é "demostrar" que o reino non existiu, e ese non é o noso traballo. Sinceiramente, se seguimos deixando que traballe no artigo logo vai ser peor, porque revisalo vai dar moito máis choio que borrar todo e facelo de novo. Un saúdo! Piquito (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 22:48 (UTC)[responder]

@Piquito:, perdón por meterme, pero son parte interesada no tema como se pode ver na conversa do artigo. Atobar e mais eu xa estamos seguindo o tema deste artigo. Houbo un pequeno conflito na edición que desembocou nun acordo entre Cossue e eu polo cal el facía a súa parte e despois eu me encargaba de engadir a versión tradicional (e más común), así como neutralizar o artigo. Deixao estar de momento por que lle vamos a meter man cando o remate Cossue, se logo queres axudar con algo será estupendo traballar xuntos.--AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 23:05 (UTC)[responder]

Acabo de ler as respostas que Cossue lle deu a Piquito, creo que habería que darlle un aviso polas formas (sobre todo na última mensaxe), Elisardojm se podés facelo ti mellor. Atobar, estou pensando en que Piquito ten razón en que despois o artigo vai a resultar bastante complicado de arranxar e vendo o que se está facendo pode que si sexa necesario paralo xa. Non sei... --AMPERIO (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 23:19 (UTC)[responder]

@Piquito:, @AMPERIO:, @Atobar:, penso que agora hai ben xente atendendo ó artigo e que Atobar xa se puxo en contacto con Cossue, polo entendo que o traballo xa está feito polo momento. Non mirei os cambios que houbo no artigo pero eu pediríavos que lle deades un un voto de confianza, é un usuario novo, aínda ten que aprender moitas cousas da Galipedia, pero temos que darlle tempo. Penso, polos comentarios que vin, que o artigo haberá que revisalo, pero propoño que non se traballe directamente nel, que primeiro se comenten os problemas na páxina de conversa, para debater e coordinar os cambios, e logo se apliquen para así facer as cousas ben e evitar guerras de edición. É certo que isto fará que a modificación leve máis tempo, pero ó final o artigo quedará mellor e será moito máis estable. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 01:43 (UTC)[responder]
Por alusións. Eu deixo este tema, xa fixen o que tiña que facer, advertín dúas veces ao usuario, como única resposta obtiven que aínda non rematou o artigo (supoño que logo se encargará de neutralizar todas as súas opinións e valoracións como lle pedín dúas veces xa). Dis que "é un usuario novo", e sí, pero iso non xustifica que fagas un artigo cheo de opinións persoais, valoracións, expresións nada enciclópedicas... pode que nun principio, por descoñecemento, o fagas, pero o lóxico é que cando te indican que non se pode facer deixes de facelo se realmente queres contribuir positivamente ao proxecto, en lugar de seguir nas mesmas e dicindo "aínda non acabei o artigo"... esa actitude o único que demostra é que ese usuario non ten interese ningún por aprender a editar aquí, e vendo que logo dos avisos segue nas mesmas, para min o que está a facer é vandalizar. Que lea artigos que a comunidade votou como artigos de calidade para ver a que debe aspirar calquera artigo da Galipedia, que se deixe asesorar, que comece con pequenas achegas, e sobre todo que escoite. En fin, eu non vou revisar o artigo, como dixen, o que tiña que facer xa o fixen, déixoche a ti e a Atobar que logo desfagades a desfeita que fixo e perdades máis tempo do que perderiades curtando xa isto, ou a AMPERIO se ten ganas, pero eu non vou perder o tempo en explicarlle máis a unha persoa que non quere escoitar nin en corrixir algo que se podería ter solucionado antes. Piquito (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 11:10 (UTC)[responder]
Uns aprenden antes e outros aprenden despois, uns aprenden dicíndolles as cousas e outros aprenden véndoas... Hai que ter paciencia cos usuarios novos, iso si, se despois de que se lles ensine o que poden facer e como o poden que facer, siguen indo á súa bóla, entón haberá que tomar outras medidas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 11:58 (UTC)[responder]

Margaret Brown[editar a fonte]

Ola Elisardojm! Estou a revisar o artigo de Margaret Brown e no cabezallo fala do seu ídolo Sarah Bernhardt. Ídolo non ten feminino? Ou non habería que falar da súa ídolo en tal caso? Pregunto dende o total descoñecemento. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 12:53 (UTC)[responder]

Ilustracións[editar a fonte]

Moitas grazas, Elisardojm!, o certo é que foi Vilachan quen me animou co tema de ilustrar os artigos que aínda non tiñan imaxe. Entre traballo e ocupacións varias non é que dispoña de moito tempo extra, pero a miña intención é seguir coa labor (que auguro, vai ser longa) e ir engadindo máis retratos pouco a pouco. Grazas de novo pola benvida e os parabéns, alédame que o traballo fose ben recibido. Un saúdo! Trasancos (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 15:16 (UTC)[responder]

12 de marzo de 2018 ás 19:43 (UTC)

Algunhas cousas do sábado[editar a fonte]

Grazas por todo Elisardo. Aínda tes boa cachola... --Xas (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 12:12 (UTC)[responder]

O mesmo dígo. Pero apunto: para os desprazamentos, hai que darche algo máis que a conta? Agremon(contacto) 14 de marzo de 2018 ás 07:02 (UTC)[responder]

Premio Manuel Beiras[editar a fonte]

Atopei unha fonte máis fiábel para as empresas galardoadas e hai 4 categorías, habería que refacer toda a táboa http://santiagodecompostela.gal/tramite.php?txt=ser_lingua_galea&id_t=127&c=&lg=gal e poñer 5 columnas. Saberías facelo con facilidade? eu é que coas táboas aínda non me entendo Lles (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 14:36 (UTC)[responder]

Aínda que como es administrador, quizais mellor comezo de 0 nun momento en que teña tempo co asistente de táboas. Lles (conversa) 14 de marzo de 2018 ás 14:42 (UTC)[responder]

Grazas. Amañeime, aínda que non fun quen de unificar dúas categorías que quedaron nunha. O resultado sería peor, polo que probei. Lles (conversa) 15 de marzo de 2018 ás 10:39 (UTC)[responder]

Xustificación de custe[editar a fonte]

Non tiven gastos: na ida fun con User:Brais Oliveira e na volta con User:Estevoaei. ※ Sobreira ►〓 parlez 15 de marzo de 2018 ás 22:31 (UTC)[responder]

Modelo divindade[editar a fonte]

Boas, quería saber como se consultan os modelos que temos xa creados e, de non ter o que precisamos, como se crea un novo. Lles (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 09:16 (UTC)[responder]

Se é un mal momento para crear modelos, non o creo. Era porque estaba traducindo un artigo de mitoloxía grega e era para engadir os datos da parte do modelo divindade portugués. Lles (conversa) 16 de marzo de 2018 ás 12:06 (UTC)[responder]

Foto porto de Ribadeo[editar a fonte]

Fíxena, cargueina en commons, borráronma por sospeita de copia porque a cargara no meu blog con antelación... e sigo aínda con esas, pois despois de queixarme, pedirlle que fixera comprobación contactando a traverso do blog ... dime que tiña pouca calidade (no meu blogue redúzoas de tamaño e calidade)... Agora está a orixinal, despois de procurala a traverso do meu arquivo de fotos. En fin.--Agremon(contacto) 16 de marzo de 2018 ás 12:03 (UTC)[responder]

Pontevedrapedia[editar a fonte]

Ola Eli.

Estiven vendo o da Pontevedrapedia. Iso non ven sendo un Portal:Pontevedra? En que se diferencian os obxectivos, dentro da Wikipedia, dunha sub Xpedia dun Portal:X?--. HombreDHojalata.conversa 16 de marzo de 2018 ás 16:29 (UTC)[responder]

19 de marzo de 2018 ás 15:04 (UTC)

Fusionar historias[editar a fonte]

Ola, Elisardo. Anímaste a ocuparte de trasladar os contidos referenciados e útiles de Lenda negra a galegofobia, para despois fusionar historiais, borrar o primeiro e deixar galegofobia (anterior no tema, más concreto e máis completo) como referente? Saúde! --Atobar (conversa comigo) 19 de marzo de 2018 ás 20:29 (UTC)[responder]

Tamén podo ocuparme eu de pasar os contidos e despois douche un toque para que fusiones ti os historiais. --Atobar (conversa comigo) 19 de marzo de 2018 ás 23:11 (UTC)[responder]
Bótalle unha ollada xeral, pero eu creo que está listo. Engandín as ligazóns externas, a bibliografia que non estaba e trouxen algunhas citas de interese coas referencias pertinentes. Pouco máis, porque tampouo non se trata de facer unha recompilación de exabruptos galegófobos. Así que iso, cando queiras fusiona e que fique todo en Galegofobia. Grazas e saúde. --Atobar (conversa comigo) 22 de marzo de 2018 ás 20:51 (UTC)[responder]

Ola, non atopei a forma de eliminar artigos corrixidos nesta categoría Saúdos Wikinña

Agora vin que se actualizaba en tempo real pero iso non sucedeu cando corrixín o artigo en cuestión; problema resolto, grazas

Outra cousa: é normal cando a maioría das notas ou referencias están castelán poñer (en español)?—o anterior comentario sen asinar foi feito por Wikinña (conversacontribucións) 26 de marzo de 2018 ás 19:03‎

Vale, por favor vota unha ollada a isto se podes,é na primeira nota deste artigo non entendo moi ben que pasa; intentei corrixir esta nota (Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en español). ) dous ou tres veces e sempre volta o mesmo. En primeiro lugar poñer o nome da persoa do artigo na nota paréceme que ten pouco sentido, quen sabe ler sabe buscar nun índice alfabético; pero o máis, é a anotación "(en español)" que agora inda entendo menos despois do que me dixeches na túa resposta e vín; quixen corrixilo no código, pero non aparece por ningures para podelo eliminar...xa me dirás. Grazas Wikinña (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 21:28 (UTC)[responder]


Pois que queres que che diga, na miña opinión é engadir traballo superfluo ao moito traballo que xa hai como ti mesmo dixéchesme varias veces. De entrada a anotación "(en español)" pareceume un hackeo :). Vas facer a mesma plantilla para todos os dicionarios, albumes, etc que teñan unha lista alfabética?. En fin, é unha pregunta retórica. Saúdos e grazas de novo Wikinña (conversa) 28 de marzo de 2018 ás 10:01 (UTC)[responder]

Ola, agradeceríache por favor que non desfixeras a eliminación do nome da persoa do artigo na túa ultima resposta, non quero que os robots de google o pillen e apareza a conversa nas súas referencias; supoño que isto non incumpre normas da wiki, non? ; debín dicircho antes, desculpa Wikinña (conversa) 1 de abril de 2018 ás 15:32 (UTC)[responder]

Foto borrada[editar a fonte]

Ola. Son Luis, membro do grupo Tiruleque. Acaban de borrar unha foto que pagou o propio grupo. Non entendo o motivo. As fotos que están en internet son cedidas por nós aos medios de comunicación para a súa publicación. Poden explicarme que podemos facer para publicar unha foto e que ningúen a borre? Graciñas. Un saudo. Luisgaco (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 10:14 (UTC)[responder]

26 de marzo de 2018 ás 20:04 (UTC)

Ola Elisardojm! Resulta que querendo facer un portal sobre a diversidade sexual me fixen un lío e non sei como sair del... O que fixen é isto, que dista moito de ser o que quería que fora (isto) no que se refire ás caixas das distintas seccións (agás o cabezado o portal). Quería que cada caixa tivera unha cor, pero co noso modelo de selección aleatoria non sei como facelo, o caso é que vin ese portal da Wikipedia en lingua inglesa e se achega máis ao que eu quería, o que pasa é que os meus coñecementos técnicos son limitadiños. Se podes ver que pasa agradeceríacho. Edítao aínda que teña o marcador "en uso", eu non o vou tocar mentres non me digas nada, púxeno máis que nada para que non o borre ninguén. Saúdos! Piquito (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 22:24 (UTC)[responder]

The Signpost: 29 March 2018[editar a fonte]

Axudiña con ficheiros de imaxe que teñen que ser únicos para Wikidata[editar a fonte]

Ola, ando a investigar os Q´s que teñen problemas por vulneracións de restricións de propiedade en Wikidata e topei, para comezar cos ficheiros de imaxes de bandeiras, que deben ter un valor único en Wikidata. Quere isto dicir que non valería o uso dun ficheiro que se teña reutilizado en varias ocasións, por iso desaconséllase cargalos dende as categorías do commons. Ver d:Property:P41 Non ten présa, pero vou ir deixando por aquí os ficheiros que se precisarían. Creo que sería cuestión simplemente de renomealos e asegurarse que non se reusan para outra cousa. Igual en lugar do Commons era máis practico telos dentro da Galipedia. Se podeiras botarlle unha ollada, ti que es un experto no tema das imaxes, agradézocho. Eu se me indicas as ligazóns dos ficheiros novos comprométome a ir entrándoos en Wikidata.

Bandeiras/escudos (précisanse novos ficheiros de)-quiteille a ligazón porque enchía isto de imaxes
File:Flag of Galicia.svg; File:Flag of Spain.svg;File:Escudo de la provincia de A Coruña.svg;File:Provincia de Ourense- Bandera.svg; File:Escudo de la provincia de Lugo.svg;File:Flag of Lugo province.svg

Grazas!Maria zaos (conversa) 30 de marzo de 2018 ás 12:42 (UTC)[responder]

Ser é unha propiedade de Wikidata para wikimedia Commons, acabo de decatarme do tema. Teño aínda que darlle unhas voltas a por que se reutiliza máis de unha vez en Wikidata. Xa che contarei cando me aclare máis. Perdoa a molestíaMaria zaos (conversa) 30 de marzo de 2018 ás 12:52 (UTC)[responder]

Share your experience and feedback as a Wikimedian in this global survey[editar a fonte]

Hello! Sorry for writing in English. The Wikimedia Foundation is asking for your feedback in a survey. We want to know how well we are supporting your work on and off wiki, and how we can change or improve things in the future. The opinions you share will directly affect the current and future work of the Wikimedia Foundation. You have been randomly selected to take this survey as we would like to hear from your Wikimedia community. The survey is available in various languages and will take between 20 and 40 minutes.

Take the survey now

You can find more information about this survey on the project page and see how your feedback helps the Wikimedia Foundation support editors like you. This survey is hosted by a third-party service and governed by this privacy statement (in English). Please visit our frequently asked questions page to find more information about this survey. If you need additional help, or if you wish to opt-out of future communications about this survey, send an email through the EmailUser feature to WMF Surveys to remove you from the list.

Thank you!

--WMF Surveys (talk) 31 de marzo de 2018 ás 01:32 (UTC)[responder]

Non lembro a conto de que creara o artigo, pero non teño pensado amplialo. Márcoo para eliminar ou o deixo como está a ver se outra persoa se anima? — GallaecioE logo? 31 de marzo de 2018 ás 09:35 (UTC)[responder]

Fusionar historiais DS21[editar a fonte]

Mmm. Eli. Poderías fusionar o historial de Wikipedia:Artigos da Diciopedia do século 21 e Usuario:HombreDHojalata/Wikipedia:Entradas da Diciopedia do século 21?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 2 de abril de 2018 ás 08:37 (UTC)[responder]

2 de abril de 2018 ás 19:28 (UTC)

This Month in Education: March 2018[editar a fonte]

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 7 | Issue 3 | March 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!

In This Issue


Featured Topic

Education Programs Itinerary

From the Community

Animated science educational videos in Basque for secondary school student

Beirut WikiClub: Wikijourney that has enriched our experiences

Students of the Faculty of Biology in Belgrade edit Wikipedia for the first time

The role of Wikipedia in education - Examples from the Wiki Education Foundation

Multilingual resource for Open education projects

Wikipedia: examples of curricular integration in Portugal

From the Education Team

Resources and Tips to engage with Educators

Education Session at WMCON 2018

Transporte e correo[editar a fonte]

Ola Elisardo, veño de ver a túa mensaxe e a verdade e que non atopo na páxina de usuario un "Enviar un correo electrónico a este usuario". Mesmo utilizando o recurso de facer cntrl + f para buscar palabras na páxina contidas nesa frase. A parte boa e que pasei un cacho mirando a túa páxina de usuario e tes un feixe de cousas para pasar o tempo xD

Se poideras ser un pouco máis preciso sobre onde está ese link agradeceríacho e grazas por ser comprensivo xa que igual está claro e non me dou conta pola miña burricie. Falamos! Oliveira (conversa)

Informe sobre a bolsa da Fundación Wikimedia[editar a fonte]

Boas, na taberna está dispoñible un pequeno resumo do borrador do informe da bolsa da Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia e coméntase que quedan 416 EUROS por gastar e hai que decidir que se fai con eles, se devolverllos á Fundación ou organizar algunha outra cousa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:56 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ola, Elisardo! Grazas pola túa recomendación. A ver se me entero de como facelo. A imaxe, en efecto, é obra de Xurxo Lobato. Iso si que o temos claro. De onde sacou a imaxe quen a subiu a Wikimedia Commons no ano 2014?, non o sei, pero non mencionou para nada a Xurxo nin as circunstancias nas que a obtivo. Só di que é "own work" (ten chiste a cousa porque o traballo foi recortar a foto, como se iso xa che dera dereitos de autoría).

En canto á imaxe do cartaz da que falo, se queres envíocha para que a vexas e me deas a túa opinión. Xurxo disme que se a publicamos que sexa tal como está, con letras e todo. É un cartaz coa mesma foto que di "DIA DAS ARTES GALEGAS / 1 DE ABRIL 2018 / ALEJANDRO / DE LA SOTA / RAGBA / Xunta de Galicia / Deputación Pontevedra / Concello de Pontevedra / Fotografía: Xurxo Lobato".

Un saúdo!--Castelao (conversa) 9 de abril de 2018 ás 12:22 (UTC)[responder]

Polo que lle entendín a Xurxo, esa foto tívoa nunha exposición hai anos. Agora a RAGBA (ou quen organice o evento) pedíulle permiso para utilizar a imaxe para o cartaz, e el deulle-lo para iso. Cres que iso pode mudar os dereitos de autor? En canto ao de 2014, como te conto, é unha foto "roubada" dalgunha exposición ou, quizais, dalgún xornal que a empregara para ilustrar unha nova (se houbo algún deles que a publicara). Date conta de que a imaxe está granulada, o que demostra que está extraída dalgures. Grazas de veras polas túas recomendacións, Elisardo. É realmente importante que teña claro todo isto, porque eu mesmo non subo imaxes de ninguén que non leve 70 anos morto e écheme moi sorprendente que alguén o faga coa obra dun autor vivo.

P.D.: o usuario que subiu a Wikimedia Commons esta imaxe, que se fai chamar "Pedrojdelgado" ten, por certo, un montón de denuncias por violación de dereitos de autor, como podes ver (Pedrojdelgado).--Castelao (conversa) 9 de abril de 2018 ás 13:10 (UTC)[responder]

Grazas, Elisardo pola túa sinceridade e claridade. Envieille a Xurxo a túa mensaxe coas explicacións e decidiu que, ante a perspectiva de que a súa obra puidera sufrir enmendas ou usos non consentidos, era mellor non a subir. Confío en que na Commons a retiren pronto, tal como llelo solicitei. Unha aperta!--Castelao (conversa) 9 de abril de 2018 ás 19:28 (UTC)[responder]

9 de abril de 2018 ás 18:09 (UTC)

The Girl on the Train (novela)[editar a fonte]

Ola Elisardo. Moléstoche unha miguiña para que, cando poidas, lle botes unha ollada ao artigo de The Girl on the Train (novela). Teño un par de problemiñas: en primeiro lugar, na caixa de modelo, no consigo que apareza a imaxe; só aparece o título. En principio é correcta, porque collín a ligazón de en:wiki, e alí funciona, pero aquí non, e non consigo que apareza. Outra cousa coa que teño dúbidas é, se na caixa, está ben posto o título. Xa sei que ao non haber tradución debe ir na lingua orixinal, pero como hai un campo de lingua orixinal non sabía moi ben como facer. Tamén hei facer o artigo sobre a película: debe titularse filme ou película, entre paréntese? E finalmente. Poderías borrar a categoría Novelas de 2015? Estrañábame que non houbera unha categoría así por anos, pero despois de creala, vin que existía "Obras literarias de 2015". Grazas por todo. Un saúdo.A nota ía sen asinar.Animaliño! Son --MAGHOI (conversa) 10 de abril de 2018 ás 19:16 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de abril de 2018 ás 18:40 (UTC)[responder]

Grazas Estevo(aei). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2018 ás 21:54 (UTC)[responder]
Grazas pola aclaración. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 10 de abril de 2018 ás 22:06 (UTC)[responder]

Ben revertido. Algo raro debeu de pasar, si. Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 11 de abril de 2018 ás 15:34 (UTC)[responder]

Boas Elisardojm! Poderías poñer un aviso para anunciar que Illas Malvinas e Nelson Mandela son candidatos a artigos de calidade? Dende que pasou o 15º aniversario estas votacións caeron moito e se antes todas as votacións saían adiante, agora non se dan xuntado 5 votos, xa pasou co artigo de Alicia do Reino Unido e Margaret Brown, e agora vaise repetir co da insurrección nacional eslovaca (mañán acábase a votación), e parece que tamén cos dous que che dixen antes... A ver se así se anima a xente a votar. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de abril de 2018 ás 08:21 (UTC)[responder]

Non sei que problema ves ti, eu o único que vexo na ligazón que ti me mandaches é que houbo un usuario que discorda cos avisos e que outros 4-5 usuarios apoiaban a retirada, mentres que eu discordaba (non se tiveron en conta os meus argumentos, senón que se desprezaron), pola contra cando se aprobou poñer estes avisos houbo un consenso enorme (moitas máis de 5 ou 6 persoas). Se discordas con poñer o aviso non o poñas, eu non obrigo, fixen unha suxestión, es libre de eliminalo, do mesmo xeito que todos somos libres de que, se vemos que non poñendo os anuncios (ou poñéndoos) as propostas non saen, deixar de propoñer artigos de calidade. Un saúdo, Piquito (conversa) 13 de abril de 2018 ás 09:20 (UTC)[responder]
Non lembro o que me dis, en calquera caso tanto ten. Un saúdo, Piquito (conversa) 13 de abril de 2018 ás 23:03 (UTC)[responder]

Re: Peso do galego[editar a fonte]

Boas Elisardo, perdoa pola tardanza en respostar. Ultimamente ando moi liado. Sobre o que me preguntas, non lembro ter feito esa petición, seguramente fíxoo outra persoa. Porén, penso que é mellor seguir co peso 1,2 pois o tamaño do artigo multiplícase por ese número para dar o tamaño ponderado. Se se cambia a 1,1 saería un número menor e poderíamos perder puntos ao pasaren artigos á categoría inferior. Saúdos,--Xosé Antonio (fálame sempre) 12 de abril de 2018 ás 11:49 (UTC)[responder]

RE:Diocese católica latina de Astorga[editar a fonte]

Feito! --Norrin (Fálame) 13 de abril de 2018 ás 11:33 (UTC)[responder]

Consulta[editar a fonte]

Bo día, unha consulta, esta imaxe, escaneo dun libro de 1864, pode poñerse?: Compendiogramatica.jpg Graciñas--Ogalego.gal (conversa) 15 de abril de 2018 ás 14:26 (UTC)[responder]

Sitenotice[editar a fonte]

Boas Elisardojm, vin que puxeches o anuncio no sitenotice das votacións que hai abertas. Penso que se tería que haber posto cando se abriron e non agora cando xa vai facer case un mes da apertura de Illas Malvinas e dúas semanas da de Nelson Mandela. Na miña opinión o único obxectivo de poñer o anuncio agora que apenas queda tempo para revisalos ben é o de intentar rañar votos. Como sabes non estou en contra de que se poñan, pero penso que hai que facelo cando toca que é ao comezo da votación como se acordou no seu día. Xa vin que a petición foi de Piquito, así que fago extensiva esta mensaxe a el tamén.--AMPERIO (conversa) 15 de abril de 2018 ás 16:12 (UTC)[responder]

AMPERIO, por alusións, aínda que non quero estenderme moito. Pedinlle a Elisardojm que puxera os anuncios faltando dúas semanas para que finalizara a primeira (aproximadamente), por outra banda, o obxectivo do anuncio é, efectivamente, chamar á participación da comunidade, xa que as últimas votacións tiveron participacións moi pobres e varios artigos non foron elixidos por ese motivo. Eu presupoño que a xente que vota os artigos os revisa, e o anuncio ten tamén como finalidade que a xente os revise (de feito hai usuarios que corrixen erros de lingua e non votan os artigos, ven o aviso e revisan a lingua sen máis, algo que polo que vin non fan cos artigos que non se anuncian). Creo que o momento no que se poña o anuncio é irrelevante, o importante é que os artigos se revisen e que a poder ser saian elixidos, con todo, parece que os anuncios das votacións xeran máis conflitos que bo roio, así que ao mellor hai que acabar por quitalos e que os astros decidan se seguimos aumentando o número destes artigos. Un saúdo, Piquito (conversa) 15 de abril de 2018 ás 21:49 (UTC)[responder]
Elisardojm e Piquito para nada pretendo crear un conflito. Xa dixen que me parece estupendo que se poñan ao comezo da votación, xa que a xente terá máis tempo para revisalos. O dicía por que queda raro, polo menos para mín, que a falta de poucos días para que se pechen se puxera o aviso, sen máis. De todos modos tanto ten, xa está posto e se sirve de algo mellor. --AMPERIO (conversa) 16 de abril de 2018 ás 15:55 (UTC)[responder]

Reminder: Share your feedback in this Wikimedia survey[editar a fonte]

Every response for this survey can help the Wikimedia Foundation improve your experience on the Wikimedia projects. So far, we have heard from just 26% of Wikimramedia contributors who Wikimedia programs like the Education program, editathons, or image contests. The survey is available in various languages and will take between 20 and 40 minutes to be completed. Take the survey now.

If you are not fluent in English, I apologize again for posting in English. If you have already taken the survey, we are sorry you've received this reminder. We have designed the survey to make it impossible to identify which users have taken the survey, so we have to send reminders to everyone.If you wish to opt-out of the next reminder or any other survey, send an email through EmailUser feature to WMF Surveys. You can also send any questions you have to this user email. Learn more about this survey on the project page. This survey is hosted by a third-party service and governed by this Wikimedia Foundation privacy statement. Thank you! —WMF Surveys (talk) 15 de abril de 2018 ás 17:18 (UTC)[responder]

Reminder: Wikimedia survey (corrected link)[editar a fonte]

Every response for this survey can help the Wikimedia Foundation improve your experience on the Wikimedia projects. So far, we have heard from just 26% of Wikimramedia contributors who Wikimedia programs like the Education program, editathons, or image contests. The survey is available in various languages and will take between 20 and 40 minutes to be completed.Take the survey now.

If you are not fluent in English, I apologize for posting in English. If you have already taken the survey, we are sorry you've received this reminder. We have designed the survey to make it impossible to identify which users have taken the survey, so we have to send reminders to everyone. If you wish to opt-out of the next reminder or any other survey, send an email through EmailUser feature to WMF Surveys. You can also send any questions you have to this user email. Learn more about this survey on the project page. This survey is hosted by a third-party service and governed by this Wikimedia Foundation privacy statement. Thanks! —WMF Surveys (talk) 15 de abril de 2018 ás 17:24 (UTC)[responder]

16 de abril de 2018 ás 15:20 (UTC)

Informe sobre a bolsa da Fundación Wikimedia[editar a fonte]

Síntoo, pero eu tampouco me podo comprometer a xestionar os cartos sobrantes. Non sei se haberá outro usuario experimentado que se anime a facelo. Deixarei unha mensaxe na taberna. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 16 de abril de 2018 ás 17:50 (UTC)[responder]

Proposta para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para engadir á páxina da portada o logotipo do Premio Xoán Manuel Pintos, outorgado á Galipedia este ano. Tódalas ideas e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de abril de 2018 ás 07:41 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Your feedback matters: Final reminder to take the global Wikimedia survey[editar a fonte]

Hello! This is a final reminder that the Wikimedia Foundation survey will close on 23 April, 2018 (07:00 UTC). The survey is available in various languages and will take between 20 and 40 minutes. Take the survey now.

If you are not a native speaker of English, I apologize for writing in English. If you already took the survey - thank you! We will not bother you again. We have designed the survey to make it impossible to identify which users have taken the survey, so we have to send reminders to everyone. To opt-out of future surveys, send an email through EmailUser feature to WMF Surveys. You can also send any questions you have to this user email. Learn more about this survey on the project page. This survey is hosted by a third-party service and governed by this Wikimedia Foundation privacy statement. Thank you!! --WMF Surveys (talk) 20 de abril de 2018 ás 05:54 (UTC)[responder]

Proxectos pedagóxicos[editar a fonte]

Bo día, Elisardo, non os coñecía. Entrei na páxina https://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Proxectos_pedag%C3%B3xicos e estiven adaptando a linguaxe, mais no caso dos botóns superiores non fun quen e nos do medio deixeinos desligados. Sabes ti reparar as desconexións e cambiar os botóns superiores? Lles (conversa) 20 de abril de 2018 ás 07:29 (UTC) Movín as páxinas e quedaron ligadas, mais sigo sen quen de cambiar o nome dos botóns superiores. Lles (conversa) 20 de abril de 2018 ás 07:37 (UTC)[responder]

Moitas grazas. Xa che contestei polo mail. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 20 de abril de 2018 ás 12:14 (UTC)[responder]

Premio recibido!! ;) --Chairego apc (conversa) 20 de abril de 2018 ás 15:20 (UTC)[responder]

Ola, Eliardo. En galego a palabra é folk, e está recollida no DRAG. --Atobar (conversa comigo) 23 de abril de 2018 ás 14:54 (UTC)[responder]

Abrótega[editar a fonte]

Voume ter que poñer a editar nesa entrada que está todo fatal xD Oliveira (conversa)

23 de abril de 2018 ás 18:16 (UTC)

São Paulo[editar a fonte]

Revertín e expliquei na páxinas de conversa. Ben vista. --Atobar (conversa comigo) 24 de abril de 2018 ás 22:33 (UTC)[responder]

Día Internacional das Rapazas nas TIC[editar a fonte]

Bo día, Elisardo, vin que o 26 de abril é o Día Internacional das Rapazas nas TIC https://www.cpeig.gal/portal/node/3414, mais como xa houbera un día internacional que non era tal, quería saber onde era que comprobaras a información. Lles (conversa) 25 de abril de 2018 ás 09:57 (UTC)[responder]

Zingiberales?[editar a fonte]

Ola Elisardo. Cando fixen a primeira edición deste artigo tituleino Zinxiberales e logo, como adoito facer, na caixa de taxonomía puxen enriba ese nome e, debaixo, Zingiberales (para indicar o nome científico, en latín). Posteriormente alguén cambiou o título, polo latino (que, loxicamente, vai en cursiva). E todo o que che podo dicir (ademais, é certo o que dis das cinxiberáceas, unha das súas familias, e o dicionario da RAG). Aproveitei a ocasión para ampliar un pouco o artigo e engadir referencias, polo que quitei o modelo en uso. Un cordial saúdo desde O Burgo (vivo enriba de Cambalache). --XoioÉche o que hai 25 de abril de 2018 ás 12:34 (UTC)[responder]

O modelo que quitei foi en progreso. --XoioÉche o que hai 25 de abril de 2018 ás 14:56 (UTC)[responder]

Thank you for being one of Wikipedia's top medical contributors![editar a fonte]

please help translate this message into your local language via meta
The 2017 Cure Award
In 2017 you were one of the top ~250 medical editors across any language of Wikipedia. Thank you from Wiki Project Med Foundation for helping bring free, complete, accurate, up-to-date health information to the public. We really appreciate you and the vital work you do! Wiki Project Med Foundation is a user group whose mission is to improve our health content. Consider joining here, there are no associated costs.

Thanks again :-) -- Doc James along with the rest of the team at Wiki Project Med Foundation 26 de abril de 2018 ás 03:28 (UTC)

The Signpost: 26 April 2018[editar a fonte]

30 de abril de 2018 ás 16:18 (UTC)

Artigos curtos varios[editar a fonte]

Ola, Elisado. Estes días ando fóra, pero tomo nota. Saúde e grazas. --Atobar (conversa comigo) 3 de maio de 2018 ás 18:00 (UTC)[responder]

This Month in Education: April 2018[editar a fonte]

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 7 | Issue 4 | April 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!

In This Issue


Featured Topic

Wikimedia at the Open Educational Resources Conference 2018

From the Community

Global perspectives from Western Norway

Togh's WikiClub: Wikipedia is the 8th wonder of the world!

Aboriginal Volunteers in Taiwan Shared Experience about Incubating Minority Language Wikipedia in Education Magazine

Workshops with Wiki Clubs members in the Republic of Macedonia

Celebrating Book's Day in the University of the Basque Country: is Wikipedia the largest Basque language book?

Txikipedia is born and you'll love it

Students Write Wiktionary

From the Education Team


Presenting the Wikipedia Education Program at the Open Education Global Conference

Votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada[editar a fonte]

Boas, na taberna anunciouse a votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada da Galipedia. Pode participarse nela ata o 2 de xuño. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:48 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ola Elisardojm! Ando ampliando o artigo de Carolina Casanova e o certo é que hai moi poucas imaxes coas que podo ilustrar o artigo. Estou traballando principalmente coa base deste artigo e consultando as fontes orixinais da prensa da época cando podo. A pregunta é: as fotografías que aparecen no artigo poden subirse aquí? Non citan o autor e todas son anteriores a 1910. Non sei se é posile recortalas, ou facer algo con elas para subilas con maior resolución (se é que se poden subir). Un saúdo! Piquito (conversa) 6 de maio de 2018 ás 20:32 (UTC)[responder]

Ola Elisardojm. Perdoa que tiven moito tempo esquecido este tema, en xeral ando un pouco desconectado da Galipedia. Estaría xenial subir as fotos dela ou da carta da páxina 84 (poucos días antes da súa morte), se puideras subilas agradeceríacho. Graciñas! Piquito (conversa) 21 de xuño de 2018 ás 23:16 (UTC)[responder]
Graciñas por subir as imaxes! Unha pregunta: vin que unha das cartas está firmada, como se fai para poñela na caixa? Os meus coñecementos dan para recurtala e poñela como imaxe, pero seguramente haxa algunha opción mellor. Finalmente, e como sei que es de Culleredo, déixote este artigo que fala da relación da soprano ferrolá co teu concello, por se te interesa este dato curioso. Un saúdo! Piquito (conversa) 28 de xuño de 2018 ás 22:37 (UTC)[responder]
O autor do artigo é historiador do Concello de Culleredo, igual se contactas con el pode darche indicacións de onde está ou estaba a casa (non sei se aínda existe, non lin polo miúdo o artigo, quería ver se había algo xeral antes de ir ao concreto). Un saúdo! Piquito (conversa) 29 de xuño de 2018 ás 15:26 (UTC)[responder]

7 de maio de 2018 ás 16:27 (UTC)

Votacións[editar a fonte]

Boas Elisardojm, onte abrín unha votación para escoller como bo o artigo Execución da familia Romanov. Piquito deixou unha mensaxe na que comentaba que se cadra a proposta debería ser de calidade, xa que semella que polo tamaño podería ser candidato a esa categoría. Eu abrín a votación para bo por que ao tratarse dun caso aberto, aínda que leva case 100 anos, a información podería cambiar. Se ben é certo que só afectaría a unha das seccións do artigo e sería engadir un par de cousas en función do que se atope. Total, que a pregunta é se se pode mudar a "categoría" da proposta de bo a calidade? Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 8 de maio de 2018 ás 11:24 (UTC)[responder]

Preguntarei na taberna entón. Copio alí a mensaxe que che deixei aquí. Grazas! --AMPERIO (conversa) 9 de maio de 2018 ás 09:58 (UTC)[responder]

14 de maio de 2018 ás 22:23 (UTC)

parámetros para engadir no modelo biografía[editar a fonte]

Boas Elisardojm, xa que como dixeches hai uns días na miña consulta na taberna sobre o modelo biografía que a tendencia debía ser de incluír este modelo no canto dos outros, penso que sería boa idea engadir as seguintes liñas de código ao mesmo: |abovestyle=background:{{#switch:{{{título}}}|Catholicos-Patriarca=#df84dc |Patriarca=#df84dc |Primeiro xerarca=#df84dc |Catholicos=#df84dc |Papa=Gold |Primado=#df84dc |Bispo presidente=#df84dc |Arcebispo Maior=#df84dc |Metropolita=#df84dc |Bispo=LightGreen |Eparca=LightGreen |Abade=LightGreen |Prelado=LightGreen |Arcebispo=LightGreen |Cardeal=#f66 |#default=#CCCCCC}}
|headerstyle=background:{{#switch:{{{título}}}|Catholicos-Patriarca=#df84dc |Patriarca=#df84dc|Primeiro xerarca=#df84dc |Papa=Gold|Primado=#df84dc|Bispo presidente=#df84dc|Arcebispo Maior=#df84dc|Metropolita=#df84dc|Bispo=LightGreen|Eparca=LightGreen| Abade=LightGreen|Catholicos=#df84dc |Arcebispo=LightGreen|Prelado=LightGreen|Cardeal=#f66|#default=#CCCCCC}};

Estas son do Modelo:Eclesiástico, pero se cadra tamén se podería engadir o |abovestyle = color:#ffffff; background-color: #b80049; do modelo:Ficha de nobre para os artigos sobre a nobreza.

Creo que hai que engadir tamén o parámetro título para que apareza de xeito correcto. Non sei se hai máis modelos que muden a cor en función da personalidade da que se trate. Eu estiven probando pero non acabo de apañarme ben cos infobox, a ver se ti podes facer algo. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 15 de maio de 2018 ás 15:05 (UTC)[responder]

Xoán I de Inglaterra[editar a fonte]

Porfa poderías votar en Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Xoán I de Inglaterra? a votación remata o 18 e só lle falta un voto. --AMPERIO (conversa) 16 de maio de 2018 ás 11:09 (UTC)[responder]

Non esquezas isto porfa. --AMPERIO (conversa) 21 de maio de 2018 ás 21:49 (UTC)[responder]
Vale, como queiras.--AMPERIO (conversa) 21 de maio de 2018 ás 22:14 (UTC)[responder]

Toponimia[editar a fonte]

Ola, corrixindo o erro "casco antigo" por "zona vella" atopeime coa páxina https://gl.wikipedia.org/wiki/Casco_Antiguo_de_Pamplona e quería preguntar se nalgún momento a Galipedia reflexionou sobre como reflectir a toponimia de Navarra. Lles (conversa) 18 de maio de 2018 ás 08:16 (UTC)[responder]

Corrector ortográfico[editar a fonte]

Boas Elisardojm, teño activado o corrector de galego da galipedia, e preguntábame se habería algunha forma de que non marcase israelí en vermello. Resulta un pouco incómodo, sobre todo nos artigos nos que aparece moitas veces a palabra que cada pouco o marque como erro. Sabes se se pode arranxar? Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 21 de maio de 2018 ás 16:57 (UTC)[responder]

Pois sen ir máis lonxe no propio artigo Israel, pero eu decateime mentres editaba Operación Entebbe. O corrector sinala como erro só a parte na que pon israelís, e suxire mudalo por Israel. --AMPERIO (conversa) 21 de maio de 2018 ás 21:40 (UTC)[responder]

21 de maio de 2018 ás 17:33 (UTC)

Proposta de Abegondo[editar a fonte]

Grazas pola túa proposta de Abegondo para artigo sobre Galicia!. Non me decatara da votación: para mina inda ten cousas pendentes e inda lle falta. Así que intentarei subir algunhas fotiños estes días e melloralo algo máis :) Mgl.branco (conversa) 27 de maio de 2018 ás 11:18 (UTC)[responder]

Categorías automáticas de castros sen imaxes[editar a fonte]

Síntoo. Esquecín por completo contestarche e conecteime pouco estes últimos días. Pois deixámelo así logo, xa que non é doado cambialo para que teña en conta os nomes de lugar con artigo. Eu mesmo tampouco sabería facelo. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 27 de maio de 2018 ás 16:16 (UTC)[responder]

29 de maio de 2018 ás 12:40 (UTC)

Xoán Carlos Rodríguez Ansia[editar a fonte]

Ola Elisardojm. Cando poidas bótalle unha ollada a esta páxina: Xoán Carlos Rodríguez Ansia Equivocaríanse de wiki? un saúdo.--MAGHOI (conversa) 31 de maio de 2018 ás 15:21 (UTC)[responder]

This Month in Education: May 2018[editar a fonte]

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 4 | Issue 5 | May 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!


In This Issue
From the Community

Creating and reusing OERs for a Wikiversity science journalism course from Brazil

Inauguration Ceremony of Sri Jayewardenepura University Wiki Club

Wiki Education publishes evaluation of Fellows pilot

The first students of Russia with diplomas of Wikimedia and Petrozavodsk State University

Selet WikiSchool

From the Education Team

A lofty vision for the Education Team

UNESCO Mobile Learning Week 2018, Digital Skills for Life and Work

4 de xuño de 2018 ás 21:54 (UTC)

Raivenra - Jorge Lama[editar a fonte]

Metín os datos de orixe da foto do paseo de Betanzos. Creo que esta foto a subira coa aplicación para Android de Commons, pero non estou seguro porque foi xa fai un tempo. Gracias polo aporte. Un saúdo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Raivenra (conversacontribucións) 11 de xuño de 2018 ás 09:44

Javascript Wiki Browser[editar a fonte]

Boas Elisardojm, como vai iso do Javascript Wiki Browser? Nalgunha ocasión tiven que mudar as ligazóns eu de xeito manual e foi interminable, pero sabendo que existe isto ao mellor me aforro tempo. --AMPERIO (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 10:50 (UTC)[responder]

Buf, semella máis difícil do que pensaba. A ver se cando teña tempo podo poñerme. Grazas pola explicación. --AMPERIO (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 14:38 (UTC)[responder]

RE: Camiseta en artigo[editar a fonte]

Revisado e actualizado o cadro. Un saudiño! --Krisko (conversa) 11 de xuño de 2018 ás 12:18 (UTC)[responder]

Revisada! Unha apertiña. --Krisko (conversa) 25 de xuño de 2018 ás 14:41 (UTC)[responder]

11 de xuño de 2018 ás 21:55 (UTC)

Pregunta[editar a fonte]

No artigo do Portal das Palabras viches necesario neutralizar eliminando "mantido en permanente actualización". É preciso cun espazo web que ten unha sección con novos contidos cada día Palabra do día, aínda que as outras non teñan esa mesma actualización Mira que din, Setestrelo, Allos con bugallos, Vídeos?Lles (conversa) 12 de xuño de 2018 ás 08:55 (UTC)[responder]

18 de xuño de 2018 ás 21:47 (UTC)

Ola, Elisardo, podías borrar Critina Peri Rossi e Cristina Peri Rossi, para eu poder pasar o texto que teño en borrador sen ningún erro? Lles (conversa) 25 de xuño de 2018 ás 12:42 (UTC)[responder]

Grazas, Elisardo, xa vin que non era necesario comezar de cero. Cambiei a clasificación de lixo de páxina da Wikipedia á do borrador. Se non fixen o que había que facer, avísame. Lles (conversa) 25 de xuño de 2018 ás 12:50 (UTC)[responder]

25 de xuño de 2018 ás 23:10 (UTC)

The Signpost: 29 June 2018[editar a fonte]

This Month in Education: June 2018[editar a fonte]

Wikipedia Education globe
Wikipedia Education globe
This Month in Education

Volume 4 | Issue 6 | June 2018

This monthly newsletter showcases the Wikipedia Education Program. It focuses on sharing: your ideas, stories, success and challenges. You can see past editions here. You can also volunteer to help publish the newsletter. Join the team! Finally, don't forget to subscribe!

In This Issue


Featured Topic Academia and Wikipedia: the first Irish conference on Wikipedia in education
From the Community

Ashesi Wiki Club: Charting the cause for Wikipedia Education Program in West Africa

Wikimedia Serbia has received a new accreditation for the Accredited seminars for teachers

Côte d'Ivoire: Wikipedia Classes 2018 are officially up and running

Basque secondary students have now better coverage for main topics thanks to the Education Program

What lecturers think about their first experience in the Basque Education Program

From the Education Team Education Extension scheduled deprecation
In the News

Wikipedia calls for participation to boost content from the continent

Wikipedia in the History Classroom

Wikipedia as a Pedagogical Tool Complicating Writing in the Technical Writing Classroom

When the World Helps Teach Your Class: Using Wikipedia to Teach Controversial Issues