Wikipedia:A Taberna (técnica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esta é a sección técnica da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png
Novas
publicar
Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg

Esta sección úsase para discutir sobre cuestións técnicas.

Comezar un novo fío de conversa

Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg
Axuda
publicar
Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10

Índice


Nova función en Preferencias>Trebellos>Aparencia [editar]

Quero solicitar que un administrador/a copie este trebello da Wikipedia en español e o engada en Preferencias>Trebellos>Aparencia>Amosa os historiais e todas as páxinas especiais como unha lista numerada. --Vivaelcelta conversa  · contribucións 21:26, 22 de setembro de 2012 (UTC)

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 15:16, 23 de setembro de 2012 (UTC)
Errata. Toliño cometiches unha errata na frase "...como una lista numerada." Puxeches "una" e ten que "unha".--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21:01, 23 de setembro de 2012 (UTC)
Feito! Corrixido. Fun ás présas, que tiña pouco tempo, e pasa o que pasa. Grazas por estares atento. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:53, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Un problema técnico coas referencias [editar]

Boas , estou traducindo o artigo 90377 Sedna e atopoume cun problema un pouco gordo, no artigo da wiki inglesa aparecen unhas notas aclaratorias con referencias dentro, pero que non podo usar na nosa wiki por que non existe o modelo para facer iso e tampouco sei como facer para inserir ese contido na nosa wiki, a verdade é que me facía moita falla resolver este problema por que estas "aclaracións" son moi importantes dentro do artigo.--Xabier Cancela (fálame) 14:32, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Supoño que non haberá problema en crear o modelo, antes de mirar nada, refíreste a notas como a que sae por exemplo neste artigo: Reino Unido na primeira liña?--Adorian (fálame) 19:15, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Si é non, as notas as que ti te refires non teñen outras referencias no seu interior (eso seino facer), o problema é ese, que as notas do artigo que estou traducindo teñen referencias aniñadas no seu interior.--Xabier Cancela (fálame) 21:27, 30 de setembro de 2012 (UTC) Por certo o modelo que usan na wiki inglesa ten tela, ou eu polo menos non sei por onde collelo.--Xabier Cancela (fálame) 21:27, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Xa está, a ver se non da ningún problema a maiores. Referíaste ao de "Note label", non?--Adorian (fálame) 21:39, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Si, eso mesmo, a ver que din os administradores, por que esas notas agora non poden ir nun só bloque, ou polo menos sen dar moito o "cante". Graciñas por todo.--Xabier Cancela (fálame) 22:53, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Interwikis [editar]

Bós días. No artigo Sufraxio_feminino algúns dos interwikis ligan cara Plantilla:ATG. Alguén sabe a qué pode deberse, e cómo solucionalo? Grazas. --Iago dime 08:20, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Soluionado :) O problema era co modelo ATG (bandeira de Antiga e Barbuda) que tiña un </noinclude> mal colocado, o que provocaba que aparecesen as súas interwikis ademais das propias do artigo. Grazas polo aviso! --Adorian (fálame) 08:54, 3 de outubro de 2012 (UTC)
Grazas a ti por solucionalo. Saúdos. --Iago dime 09:42, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Nova ferramenta [editar]

Na Wikipedia en catalán nas páxinas de conversa abaixo de todo aparece [Nova sección | editar] (en catalán [Nova secció | modifica]), en lugar de [editar] da Galipedia. Eles o código téñeno aquí. Na Galipedia existe esta páxina co mesmo nome, non sei se se corresponde coa mesma. O código para esta ferramenta está abaixo de todo, buscando "Nova secció". Se non sabedes o que facer preguntádelle ó usuario Vriullop na súa páxina de conversa.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:37, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Non creo que sexa necesario... Esa mesma función está dispoñible comezo da páxina premendo na lapela "Engadir un comentario". Tamén hai unha ligazón na caixa cabeceira que pon "Comezar un novo fío de conversa" (mesmo aparece tamén ao editar a páxina). --Toliño Fala aquí comigo 13:27, 10 de outubro de 2012 (UTC)
Pois a min paréceme útil, porque ás veces estou abaixo de todo na páxina, quero engadir unha nova sección e teño que subir ata arriba e é un coñazo. Non creo que por cambiar [editar] por [Nova sección | editar] vaia a molestar a alguén, nin que sexa tan custoso e traballoso engadir esta modificación. Tamén o pedín na Wikipedia en español e vano engadir nestes días. A parte de estar na Wikipedia en catalán, tamén está na alemá. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:03, 10 de outubro de 2012 (UTC)
Na Wikipedia en español xa o engadiron http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=MediaWiki:Common.js&diff=prev&oldid=60482533 . --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16:27, 13 de outubro de 2012 (UTC)
Non sei se me expresei mal ou me entendestes mal, pero sería para que só aparecera na última sección, ide á miña páxina de usuario da Wikipedia en español para comprobalo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Vivaelcelta (conversacontribucións)
Pois xa que non vos gusta, solicito que o incluïades en Preferencias>Trebellos>Aparencia.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21:02, 17 de outubro de 2012 (UTC)
Coido que nesto caso é mellor que simplemente engadas o código na túa aparencia persoal. Basta con que edites Usuario:Vivaelcelta/vector.js. --Toliño Fala aquí comigo 21:18, 18 de outubro de 2012 (UTC)

┌─────────────┘
Igual non é tan mala idea. Todos coñecemos a algún usuario que, para engadir un comentario novo, lle da a editar ao último, provocando que o resumo de edición non teña nada que ver co tema do que fala, o que, á súa vez, pode provocar despistes ou malentendidos. Implantar esta mellora acabaría con esas situacións. Non lle vexo desvantaxe ningunha. A min pareceríame bo engadilo, non como trebello, senón por defecto directamente. --. HombreDHojalata.conversa 18:38, 23 de outubro de 2012 (UTC)

Xa está implementado en tres wikis polo menos, na española, catalá e alemá, e proximamente na éuscara. Na Wikipedia alemá e española aparece [editar · nova sección], pero na catalá aparece [nova sección · editar], e así non habería case cambio. Para que aparece da segunda forma hai que cambiar after por before. Quedando así:
lastEditsectionLink.before( link );
lastEditsectionLink.before( ' · ' ); //see [[MediaWiki:Pipe-separator]]

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 18:56, 23 de outubro de 2012 (UTC)

Ampliar o campo de actuación do Wikipedia:Revisor ortográfico [editar]

Actualmente o revisor só funciona nos artigos, pero hai páxinas de Wikipedia que deben estar escritras correctamente, como as de tipo Wikipedia. Por iso propoño ampliar o campo de actuación do corrector a Wikipedia, Modelo, Axuda, Categoría e Wikiproxecto e MediaWiki, se queredes. Aquí están os códigos e aquí está o código a modificar, hai que ampliar os espazos en "wgNamespaceNumber" entre os corchetes, actualmente está o "0".

Dúbidas: Na Galipedia existe o espazo de nomes "Anexo"? Existe este modelo na Galipedia?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 00:00, 6 de outubro de 2012 (UTC)

Respostas ás dúbidas: Na Galipedia non existe o espazo de nomes "Anexo", igual que non existe o espazo de nomes "Wikiproxecto", as páxinas de wikiproxecto, por exemplo, van dentro do espazo de nomes "Wikipedia", por iso os nomes de paxinas de wikiproxectos comezan por Wikipedia:Wikiproxecto.... Temos, si, o espazo de nomes "Libro", que non hai noutras wikis (es.w). A nosa estrutura é, en todo ese tema, idéntica a da nai de tódalas wikipedias, a wikipedia en inglés (en:Wikipedia:Namespace). A información en galego sobre os espazos de nomes tela en: Wikipedia:Espazo de nomes.--. HombreDHojalata.conversa 16:05, 7 de outubro de 2012 (UTC)
En canto a engadir máis namespaces ao corrector ortográfico... teño dúbidas. Cal é o motivo de que os compañeiros en castelán (es:MediaWiki:Gadget-CorrectorOrtografico.js) e en alemán (de:MediaWiki:Gadget-Rechtschreibpruefung.js) non o fagan? --. HombreDHojalata.conversa 16:10, 7 de outubro de 2012 (UTC)
Non existirá o espazo de nomes "Anexo" pero ¿cal é a razón? Ou ¿que razóns se opoñen a que exista? Creo que pode ser unha solución útil a vellos problemas que arrastramos (véxanse os artigos de Xocas e Sarmiento). Pedro --Lameiro (conversa) 19:17, 7 de outubro de 2012 (UTC)
Supoño que non o fan porque non queren, porque eu falei cun bibliotecario e díxome que non hai problema en cambialo. Tamén aparece na páxina es:Wikipedia:Corrector ortográfico#Opciones avanzadas como personalizar na skin.js persoal para que funcione en todas páxinas. E non funciona en todas porque senón nas de conversa sería irritante estar mirando vermello sempre, sobre todo porque en castelán as 3ª persoas levan til e as 1ª non, entón engádense. Ex: él/ella confirmó, yo confirmo. O detector de homónimos si que funciona en todas páxinas así que non debe haber problema.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10:37, 8 de outubro de 2012 (UTC)
Aquí tamén pode activarse Wikipedia:Revisor_ortográfico#Opci.C3.B3ns_avanzadas nas preferencias de cada un, eu téñoo e axúdame bastante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:37, 8 de outubro de 2012 (UTC)
Xa sei que se pode, pero creo que é mellor modificalo no MediaWiki, para que non teñemos que estar todos os usuarios modificándoo.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:45, 8 de outubro de 2012 (UTC)
Feito! Feito! Ampliei o campo de actuación por defecto a todos os espazos de nomes básicos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:23, 11 de outubro de 2012 (UTC)

┌───────────────────────┘
Propoño engadir unha excepción para as páxinas Wikipedia:A Taberna, Wikipedia:Taboleiro dos administradores e máis páxinas desta índole, de conversa. Propoño isto porque estás páxinas van firmadas e creo que existe unha regra que non permite alterar mensaxes alleas, incluso para mellorar a ortografía e isto considérase unha descortesía. Entón é un coñazo e molesta ter moitas palabras marcadas. Na Wikipedia en español xa o engadiron aquí. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:06, 23 de outubro de 2012 (UTC)

Se iso afecta á configuración persoal de cada usuario entón estou en contra. Eu, por exemplo, teño configurado o trebello para que revise tódalas páxinas porque sempre se me escapa algún cazapo e así podo correxilo. Se non afecta entón estou indiferente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:56, 23 de outubro de 2012 (UTC)
A túa configuración persoal sempre está por riba da predeterminada, ou iso creo.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10:24, 25 de outubro de 2012 (UTC)
Tamén propoño engadir a páxina Wikipedia:Revisor ortográfico/Listaxe. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:42, 15 de novembro de 2012 (UTC)
Como apunta Elisardo, pode ser útil para pillar algún erro, que non hai que descoidar a ortografía nas conversas! Eu pola miña banda teño unha postura neutra: éme igual engadir esas excepcións coma non facelo. A ver que di a comunidade. --Toliño Fala aquí comigo 19:47, 15 de novembro de 2012 (UTC)

Nova función en Preferencias>Trebellos>Aparencia [editar]

Quero solicitar que un administrador/a copie este trebello da Wikipedia en español e o engada en Preferencias>Trebellos>Aparencia>Reference Tooltips: Pódese ver o contido de calquera referencia ó pasar o cursor sobre ela, en lugar de ter que ir ó pé da páxina. Na Wikipedia en español é opcional, pero na catalana e na inglesa é predeterminado, a min gústame máis que sexa predeterminado.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:52, 17 de outubro de 2012 (UTC)

Feito! Feito! Moi boa ferramenta. Xa tiña en mente traela á Galipedia desde que a vin na Wikipedia en inglés. --Toliño Fala aquí comigo 21:59, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Modificación nun modelo de MediaWiki [editar]

O modelo MediaWiki:Editnotice-10 amosa esta frase cando se está editando un modelo "Se fai algún cambio neste modelo asegúrese de actualizar a súa documentación". Pero só amosa a frase cando existe a páxina de documentación, en cambio na Wikipedia en catalán cando non existe a páxina de documentación aparece: Por favor non esquezas crear a páxina de documentación. Engade este código ó final da páxina: <noinclude>{{uso do marcador}}</noinclude>
Así que solicito que un administrador engada faga este cambio engadindo a seguinte frase e a imaxe ficheiro:Attention yellow.png

Por favor non esquezas crear a páxina de documentación. Engade este código ó final da páxina: <tt><noinclude>{{uso do marcador}}</noinclude></tt></td>

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 09:39, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 21:34, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Outra modificación nun modelo de MediaWiki [editar]

Na Wikipedia en castelán nesta páxina es:MediaWiki:Gadgets-prefstext aparece esta frase "Os trebellos non teñen efecto nesta páxina.", non sei se na Galipedia o ocorre isto, se é así solicito que un administrador engada esta frase en MediaWiki:Gadgets-prefstext

<big style="color:red">Os trebellos '''non teñen efecto''' nesta páxina.</big>

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:06, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Non feito. Non feito. Coido que non é necesario. A mensaxe predeterminada é suficiente. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:58, 20 de outubro de 2012 (UTC)

Novo trebello [editar]

Solicito que un admnistrador/a copie este trebello da Wikipedia en neerlandés e o engada en Preferencias>Trebellos>Aparencia>"Que as imaxes liguen a Commons e non a unha páxina interna.". Serve para ó pulsar na ligazón dunha imaxe abra a páxina de descrición en commons directamente, en lugar de abrir a da Galipedia.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:24, 20 de outubro de 2012 (UTC)

Non feito. Non feito. A Galipedia ten unha ampla galería de imaxes, cunha enorme estrutura de categorías detrás elaborada por moitos usuarios. Á parte diso, as páxinas de descrición das imaxes xa teñen unha ligazón para ir ata Commons. Por outra banda hai moitos ficheiros que non están cargados alí, de modo que as ligazóns irían dar ata unha páxina inexistente (supoño). Supoño que esta ferramenta é útil en wikipedias como a neerlandesa, na que unicamente teñen 18 ficheiros cargados na base de datos; lembremos que a Galipedia posúe 9.377 ficheiros nestes intres (...e subindo). Como xa dixen noutra solicitude anterior, este tipo de cambios na aparencia coido que son máis propios de cadaquén e non ten interese engadilos como opción. Podedes discrepar comigo, pero son cambios que ben se poden facer na aparencia persoal (Usuario:nomedeusuario/vector.js e Usuario:nomedeusuario/vector.css). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:26, 21 de outubro de 2012 (UTC)

Modelo: País [editar]

Que lle pasou ao Modelo:País? Agora a táboa sae á esquerda, o tamaño de letra é grande... Ou só é cousa miña?--Adorian (fálame) 21:36, 15 de novembro de 2012 (UTC)

Eu mirei agora uns cantos artigos con ese modelo e véxoos ben... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:04, 16 de novembro de 2012 (UTC)

Debe ser cousa só do Google Chrome, co Firefox vexoo ben tamén. Moitos modelos saen totalmente desfeitos ou onde non corresponde.--Adorian (fálame) 21:11, 16 de novembro de 2012 (UTC)

Solucionado, era cousa só do meu navegador. Desculpas.--Adorian (fálame) 22:59, 17 de novembro de 2012 (UTC)

emprego de foto en artigo [editar]

ola, estaba a tentar engadir esta foto -> http://ar.wikipedia.org/w/index.php?title=ملف:صورة_للكعبة_من_الداخل.jpg&filetimestamp=20091207094343 no artigo sobra a Kaaba

Non sei se o problema é pola licenza da foto o pola ligazón. Se alguén ve solución que avise. Saúdos —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nemigo (conversacontribucións) o 17 de decembro de 2012 ás 00:09

Esa foto non está en Commons, e non está en alí porque polo que entendo de isto e isto debe ser que a imaxe ten dereitos reservados, pode ser que a usen polo fair use cousa non permitida nin en Commons nin na Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de decembro de 2012 ás 23:51 (UTC)

modificacións en modelo concellos galegos [editar]

non sei se existe unha política á hora de "actualizar" e modificar os modelos máis empregados. ¿Pódense facer modificacións sen consultalo con ninguén nin comprobar o seu bo funcionamento? No modelo {{Concello info}} http://gl.wikipedia.org/wiki/Modelo:Concello_info engadiuse na táboa o correo electrónico pero engadiuse de xeito que aínda non poñendo o email do concello aparece na táboa esa opción ¿Quen vai engadir os máis de 300 correos electrónicos dos concellos galegos? saúdos --Nemigo Bandeira galega civil.svg Bandera de la II República Española.PNG 30 de xaneiro de 2013 ás 00:16 (UTC)

Xa está corrixido por Toliño. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 9 de febreiro de 2013 ás 21:25 (UTC)

modelo concellos galegofalantes [editar]

Cal é a diferenza entre estos dous modelos?
{{Modelo:Concello galegofalante info}} Exemplo ->Vega de Valcarce
{{Modelo:Concellos galegofalantes info}}Exemplo->Navia
e cal é o que hai que empregar? --Nemigo Bandeira galega civil.svg Bandera de la II República Española.PNG 10 de febreiro de 2013 ás 23:04 (UTC)

Ningunha (un ten un formato máis desfasado). De feito, coido que habería que fusionar ambos os dous modelos con {{Concello}} (afortunadamente están usados en poucas páxinas e pódese facer a man). --Toliño Fala aquí comigo 11 de febreiro de 2013 ás 14:23 (UTC)
Acabo de decatarme de que eses dous modelos aos que fas referencia son para concellos galegofalantes de fóra de Galicia. Polo tanto, débense fusionar eses dous, pero non con {{Concello}} como dixen antes. --Toliño Fala aquí comigo 11 de febreiro de 2013 ás 16:45 (UTC)
Estiven a mirar o modelo {{Concello}} e non pode ser empregado para concellos de fora de galiza. O modelo leva a etiqueta situación a cal leva incluído este tipo de aquivo-> [[Ficheiro:Situacion_{{PAGENAME}}.PNG|300px]] Polo que sempre dará erro ao amosar a páxina. E para concellos de fora de galiza hai dous modelos pero nun NON se pode poñer imaxe do concello e noutro non se pode poñer a situación xeográfica do concello. --Nemigo Bandeira galega civil.svg Bandera de la II República Española.PNG 11 de febreiro de 2013 ás 21:03 (UTC)

Importar código da Wikipedia en catalán [editar]

Nos modelos da Galipedia aparecen dúas pestanas Modelo e Conversa e ligan co modelo e conversa, respectivamente. E na subpáxina de documentación (uso do marcador) tamén aparecen as mesmas pestanas pero neste caso liga con coa subpáxina. En cambio na Viquipèdia aparecen 3 pestanas Plantilla, Discussió e Documentació, e a pestana Plantilla liga co modelo, Discussió coa conversa e Documentació coa subpáxina. Pódese ver un exgemplo aquí para a Galipedia, e aquí para a Viquipèdia. O código atópase aquí ca:MediaWiki:Common.js en "Afegir la pestanya "Documentació" per plantilles". --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 28 de febreiro de 2013 ás 21:23 (UTC)

Non sei ata que punto é necesario. En primeiro lugar considero que é redundante se a páxina xa conta cunha ligazón desde a caixa de documentación. Por outra banda, hai moitos modelos que non necesitan nin van ter documentación, como son as caixas de navegación que se insiren ao final dos artigos. --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 22:11 (UTC)

Coñecer o número de entradas [editar]

Ola a todos, alguén me podería dicir como se pode saber o número de novas entradas de artigos feitas por un usuario na Galipedia? Un saudo --UL mrsanmartin (conversa) 4 de marzo de 2013 ás 09:22 (UTC)

Ola UL mrsanmartin. Aquí tes unha ligazón de exemplo https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Especial%3AP%C3%A1xinas_novas&namespace=0&tagfilter=&username=UL+mrsanmartin Un cordial saúdo. --Prevertgl 4 de marzo de 2013 ás 09:28 (UTC)
Boas, se queres ver unha lista de tódolos artigos que fixo un usuario podes usar esta ligazón. Lémbrate de poñer como wiki gl para buscar na Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 11:30 (UTC)

Importar trebello [editar]

Propoño importar un trebello que é o reloxo en hora central europea (UTC+1 en inverno e UTC+2 en verán), da Wikipedia en neerlandés. Este é o código fonte nl:MediaWiki:Gadget-LocalLiveClock.js --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 6 de marzo de 2013 ás 20:41 (UTC)

E non será un dos trebellos que xa están instalados? --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 14:26 (UTC)
O trebello que está amosa a hora en UTC, pero este que propoño, amósaa na hora galego, é dicir, en UTC+1 en inverno e UTC+2 en verán. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 17:27 (UTC)
Feito! Feito! Perdón pola confusión. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 19:43 (UTC)
Grazas --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 21:33 (UTC)

Descargar como PDF [editar]

Boas, rematei hai pouco de iniciar a páxina de xogo de azar e quixen descargalo como PDF para botarlle unha ollada xeral. Resulta que non se descargaron as imaxes, agás unha do taboleiro do parchis. Repasei os ficheiros e vin que a este ficheiro, ao cortar e pegar, non lle trocara o nome de File polo de Ficheiro. Penso que o problema está no novo nome pois descargei as páxinas noutras linguas deste mesmo artigo e saen perfectamente as imaxes. Alguén sabe solucionar o problema? Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 20 de marzo de 2013 ás 19:24 (UTC)

É un erro coñecido (bugzilla:46314). Informouse del hai uns días (resúltame estraño que non se decatase ninguén antes). --Toliño Fala aquí comigo 21 de marzo de 2013 ás 19:04 (UTC)
O erro xa foi resolto e as imaxes aparecen correctamente nos artigos descargados en PDF. --Toliño Fala aquí comigo 28 de marzo de 2013 ás 14:48 (UTC)

Modelo escultor [editar]

Ola, quería adxuntar un Modelo de escultor pero non atopo ningún para usar como plantilla. Como fago? --Rey Suárez (conversa) 30 de abril de 2013 ás 12:48 (UTC)

En relación con esta cuestión, ¿hai algún lugar onde se poida consultar unha listaxe de modelos actualizada? Existe a Wikipedia:Lista_de_modelos, pero non semella estar actualizada: por exemplo, non está o modelo "pintor" que é o que aparece en Picasso. Graciñas pola axuda. AArizaga (conversa) 30 de abril de 2013 ás 13:05 (UTC)
Hai a lista de moldes, pero nela non aparece o modelo para escultor. De todas formas xa o creo eu. Saúdos. --JaviP96 30 de abril de 2013 ás 13:45 (UTC)
Xa creei un modelo xenérico para todo tipo de artistas, está aquí. --JaviP96 30 de abril de 2013 ás 19:48 (UTC)

Os extras da aparencia Vector non van [editar]

Boas. Non sei a vós, pero a min na aparencia Vector non me funciona ningún extra, xa sexan extras para todos os usuarios, ou os persoais. Non aparece a barra de edición que hai en enriba do cadro de edición. E o MediaWiki:Edittools.js (O cadro de símbolos e códigos wiki que está debaixo do cadro de edición), tampouco funciona, o premer non inserta o código. Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 1 de maio de 2013 ás 17:43 (UTC)

A min ocórreme o mesmo, ademais hai máis fallos, por exemplo, non aparecen nos artigos ós símbolos de destacados e bos noutra Wikipedia. --JaviP96 1 de maio de 2013 ás 18:12 (UTC)
Uff, xa pensaba que metera a zoca tocando algo que non debía. A min pásame o mesmo. Beninho (conversa) 2 de maio de 2013 ás 17:34 (UTC)
Semella algún tipo de problema co JavaScript. Ten pinta de ser algo alleo a nós, pero nunca se sabe. A barra superior véxoa unhas veces e outras non. Na parte inferior o cadro que aparece é o "de reserva" para a xente sen JavaScript. Podo aventurar a dicir que pode estar causado por algúns dos cambios que imos sufrir este mes (contas globais únicas, notificacións a través dos wikis). --Toliño Fala aquí comigo 2 de maio de 2013 ás 22:29 (UTC)
A min tamén me vén pasando o mesmo, conviña avisar á superioridade. --Servando2 (Dime) 2 de maio de 2013 ás 22:31 (UTC)
Estiven fedellando nas nosas páxinas de JavaScript e estilos CSS, actualizando os códigos obsoletos. Coido que xa quedou todo solucionando. Se alguén segue tendo problemas con algo que avise. --Toliño Fala aquí comigo 3 de maio de 2013 ás 12:45 (UTC)
Grazas Toliño --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 5 de maio de 2013 ás 20:07 (UTC)