Conversa usuario:Xosé Antonio
|
Benvido(a) á Galipedia, Xosé Antonio!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. |
||
|
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 16:47, 27 de xullo de 2011 (UTC)
- Benvido á Wikipedia en galego, Xosé Antonio--. HombreDHojalata.conversa 21:32, 28 de xullo de 2011 (UTC)
[editar] Xocaloma
Ola, Xosé Antonio. Sobre as discrepancias en Xocaloma non che sei cales son, porque na túa páxina de conversa non vexo que escribise eu nada, e se non me dás a IP (e se cadra non podes, se resulta que é variábel) difícil o imos ter, porque eu non che me lembro de cales eran. De calquera maneira, polo que vexo no historial, eu non lle toquei a este artigo, o que con certeza significa que as posíbeis discrepancias non deberon ser aló moi grandes. A última edición en Xocaloma neste momento en que che escribo é a túa, que é a tradución que mencionas e que che agradezo, porque efectivamente nesta wikipedia soamente se pode redactar en galego. Faltaría máis! É moi pero que moi raro que escape unha páxina en castelán, pero ás veces pasa. Este artigo seica foi editado cun engadido nesa lingua o pasado 6 de xuño [1] pero xa ti lle fixeches o arranxo que a outros nos esqueceu. Ánimo coa edición wiki, verás que é realmente útil e que poucas ferramentas hai hoxe como a galipedia para esa tarefa tan complicada de facermos país. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:40, 29 de xullo de 2011 (UTC)
[editar] Vas ben
Non te preocupes, xa vira os teus cambios. Segue a traballar sen medo.
Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 21:10, 17 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Orixinalidade
Os contidos deben de ser orixinais, é dicir, non vale ningún copia-pega directo. A razón do borrado en Vilaboa, Valdoviño deunao usuario Lameiro no cadro de resumo, e é esta: borro o referente ó Pazo de Vilaboa: copiado textualmente de http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=122&crec=9140&cidi=G. Por outra banda, aproveito para comentar que outro punto relevante é o de a Galipedia como fonte primaria, cousa que non é. Isto é que todo ten que estar xa publicado nalgures para despois o rerredactarmos aquí, co cal cantas máis referencias mellor e nunca valen traballos pioneiros nin similares. Un saúdo, Xosé Antonio. --Atobar (conversa comigo) 09:07, 18 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Escudo A Capela
Hola Xosé Antonio haber si son capaz de explicarche como se fai o do escudo 1º pos Modelo:ConcellosEume como podes ver si entras a editar Comarca do Eume {{ConcellosEume}} e seguidamente procedes a editar o modelo facendo has correción que creas oportunas, espero haberche servido de algo. No caso este xa o modifiqui eu. Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 06:13, 20 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Escudos dos concellos
Outra vez de novo por aqui, ben con respeto o que me comentas estou de acordo pero creo que seria voa cousa espoñelo na Taberna pois afetalle a moitos artigos e creo que haberia que faer unha modificación moi grande, de todas as formas para que che saia o artigo catalogado pola letra do nome e non polo artigo usase por sinono sabes a opción {{DEFAULTSORT:}}, que aparece abaixo o pe da páxina de edición, donde pos o nome polo que queiras que se alfabetice exemplo {{DEFAULTSORT:Capela, A}} e sairiache o artigo ou no caso das fotos na letra C en vez da letra A. espero haberche resolvido a duvida un saudo --Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 03:51, 21 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Orde alfabético dentro das categorías
Feito.
Para ordenar tes que poñer a palabra/s que vai dar a orde a continuación dunha barra vertical (retirándolle o acento se o ten), deste xeito:
[[Categoría:Encoros galegos|Santa Uxia]]
Se o artigo ten varias categorías, para non repetirse, é mellor empregar {{DEFAULTSORT:}}
É dicir, é mellor facelo así:
{{DEFAULTSORT:Cuina Crespo, Xose}}
[[Categoría:Alcaldes de Lalín]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes]]
[[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia]]
[[Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra]]
[[Categoría:Conselleiros da Xunta]]
[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia polo PPdeG]]
[[Categoría:Nados en Lalín]]
Que así:
[[Categoría:Alcaldes de Lalín|Cuina Crespo, Xose]] [[Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG|Cuina Crespo, Xose]] [[Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes|Cuina Crespo, Xose]] [[Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia|Cuina Crespo, Xose]] [[Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra|Cuina Crespo, Xose]] [[Categoría:Conselleiros da Xunta|Cuina Crespo, Xose]] [[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia polo PPdeG|Cuina Crespo, Xose]] [[Categoría:Nados en Lalín|Cuina Crespo, Xose]]
Por outra banda, todo artigo é susceptible de crecer e ter máis categorías no futuro, co cal, meterlle o {{DEFAULTSORT}} sempre de entrada, igual non é mala idea.
Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 07:54, 28 de agosto de 2011 (UTC)
- Por suposto, podes combinar as dúas técnicas no mesmo artigo. Ordenar alfabeticamente nunha categoría concreta ou varias e poñer a orde por defecto {DEFAULTSORT} para que se aplique ó resto--. HombreDHojalata.conversa 07:59, 28 de agosto de 2011 (UTC)
[editar] Dereitos de autor da portada dun disco de música
Ola Xosé Antonio.
Es ti o deseñador da portada Ficheiro:Portada atahide.jpg?
Posúes os dereitos sobre a propiedade intelectual desa obra?--. HombreDHojalata.conversa 08:12, 17 de setembro de 2011 (UTC)
-
- Ó non ser ti o titular dos dereitos hai dúas altenativas:
-
- Que a licencia compatible coa Wikipedia (que permita a calquera, non so á Wikipedia, mesmo o uso comercial e a obra derivada) conste expresamente na obra orixinal. Que non é o caso.
- Que o titular dos dereitos se identifique, identifique a obra da que se está a falar e deixe constancia por escrito de que cede a uso da obra nas condición xa mencionadas (que permite mesmo o uso comercial e a obra derivada, non abonda unha autorización do tipo "para empregala na Wikipedia"). Na Galipedia non dispoñemos dun sistema que nos permita facer iso, en Wikimedia Commons si, chámase OTRS.
-
- Ó non ser ti o titular dos dereitos hai dúas altenativas:
-
- Como ves, as imaxes que subiches, polo anteriormente exposto, non poden permanecer na Galipedia. Terías que subilas a Commons e falar cos autores e que mandaran os correspondentes correos de autorización a Wikimedia Commons.
-
- Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 11:06, 17 de setembro de 2011 (UTC)
[editar] votacións
Ola, Xosé Antonio; infórmoche de que a túa achega á votación sobre as imaxes aínda non é válida; segundo os requisitos, até o día 26 non podes votar, pois é necesario que pasen 60 días desde a túa primeira edición.
Anímote a seguir participando no proxecto coas túas achegas. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:04, 21 de setembro de 2011 (UTC)
- Discordo. As condicións para votar tíñanse que dar no momento en que se abriu a votación. Desgraciadamente, e moi o meu pesar, non as cumprías. Podes participar no debate pero penso que non tes dereito a voto.
- Mais información en Wikipedia:Votacións.
- Un saúdo e a seguir--. HombreDHojalata.conversa 20:11, 21 de setembro de 2011 (UTC)
-
- Xa, xa sei. Cando dixen que discordaba referíame a que discordaba con Estevo.--. HombreDHojalata.conversa 20:40, 21 de setembro de 2011 (UTC)
-
-
- Oh; mil perdóns por andar a liarte; trabuqueime coa política de votacións, non lembraba o dato que apuntou o compañeiro. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:06, 22 de setembro de 2011 (UTC)
-
[editar] Gómez Pérez das Mariñas
Ola, Xosé Antonio!
Unha consulta: sería correcto mover Gómez Pérez das Mariñas a Gómez Pérez das Mariñas I? Así o primeiro título podería quedar como páxina de homónimos, para distinguir entre as tres persoas con ese nome.
Un saúdo, e parabéns polo teu traballiño coas personalidades da nobreza galega; estou a aprender un montón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:37, 16 de novembro de 2011 (UTC)
- Ok! Póñome agora a mover e revisar enlaces; Xa inclúo ao outro; saúde!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:46, 16 de novembro de 2011 (UTC)
[editar] Apelidos
Ola, Xosé Antonio. Non, :), como ti o redactaras non se entendía nada. :) Iso non quere dicir que eu o amañara para ben, que pode que non. En calquera caso, tampouco sei se ten moito sentido todo o repaso aos apelidos medievais, pois non estamos centrándonos en Martiis. Quero dicir, se tivese que pensalo ben, eu optaría por suprimir todo o parágrafo. Pero entra, entra ti e fai como vexas, ;) Saudiños. --Xabier Cid Talk 2 me, please 01:33, 3 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Ligazóns externas e ligazóns internas
Boas, Xosé Antonio! Vexo que estás a traballar arreo creando unha manchea de artigos sobre lugares e parroquias de Galicia. Só quería comentarche que me decatei de que estás incluíndo unha ligazón externa á páxina web do INE no corpo do artigo no canto de facer a correspondente ligazón interna: [[INE]]. Intenta facer isto a partir de agora, para non aumentar o número de páxinas que temos que cambiar. Aproveito tamén para darche os parabéns e as grazas polo teu traballo. Para calquera dúbida xa sabes onde estou. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:29, 30 de decembro de 2011 (UTC)
- Si, vin que había outros artigos dos máis vellos (coido que creados no 2009) con esa estrutura. Cambiar as ligazóns a man é laborioso, primeiro verei se podemos facelo automaticamente cun bot. E a polos 80.000 antes das uvas! --Toliño Fala aquí comigo 19:44, 30 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] 80000 artigos
A noraboa é para todos os que lle puxemos peito a isto de rematarmos o ano con 80.000. Xa estaba estando un pouco farto de que nos propuxésemos retos e a cousa quedase por pouco sen rematar. Agora a durmir, que vai rematar o ano... Boas festas. --Servando2 (Dime) 02:14, 31 de decembro de 2011 (UTC)
[editar] Lixo
Ola, Xosé Antonio! Cando vexas un caso tan claro de vandalismo como o de Emilia Montosa, só tes que escribir a palabra lixo, con dous corchetes a cadanseu lado, e xa sae no artigo o Modelo:Lixo, que lle servirá de pista a un administrador para proceder ao seu borrado. Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 22:08, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Sevil
Pois non sei moi ben que facer neste caso, quizais o mellor sería sinalar como outros homónimos Sebil e así xa habería unha redireción cara ese outro lugar... Pensareino un pouco. Saúdos, e parabéns polas túas contribucións! --Xas (conversa) 23:31, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
[editar] Casas de concellos
Boas!, mira, que temos por aquí unha páxina coas fotos de tódalas casas de concellos e ó mellor podías facer ti algunhas que che queden perto e que faltan (ou non as atopamos) por exemplo Monfero, Vilarmaior e Miño son limítrofes con Pontedeume..., aínda que non sei se estarán a man ou non. Boeno, se che cadra de dar unha volta por alí coa cámara, e che apetece, completaríamos un pouco máis esa galería. A lista de tódolos concellos que faltan está na conversa desa páxina. Boeno, parabéns por todo o teu traballo e a ver se nos vemos nunha xuntanza :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:09, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
- Xenial! :), saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:38, 18 de febreiro de 2012 (UTC)
[editar] Re: Modelo de lugar
Ola Xosé Antonio. Andamos modificando o modelo {{Lugar}} para que engada automaticamente a categoría que idenfica o ano da poboación para que logo sexa máis sinxelo actualizala e tamén para que insira unha categoría oculta se non ten imaxes. Unha das mudanzas era para agochar o campo ano na caixa de información cando non se inclúa ese dato. Recuperei a versión do modelo que non agocha o ano á espera de que Toliño revise o que estaba pasando. Agora as páxinas volven funcionar como antes. Se nalgunhas das entradas que estás creando aparecen, polo cambio que fixemos, categorías en vermello o que pasa é que aínda non tivemos tempo de crealas, axiña han estar todas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:02, 14 de marzo de 2012 (UTC)
- Tal como fixemos os cambios abonda con crear 315 categorías para clasificar automaticamente todos os lugares sen imaxes. O texto que engadía o modelo desapareceu porque ao ver a túa mensaxe na páxina de Toliño fixen unha modificación para que non se vexa ata que pase el pola Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:15, 14 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Categoría parroquias de Pontedeume sen imaxes
Ola Xosé Antonio. Cando todas parroquias dun concello xa teñen imaxes como é o caso de Pontedeume márcase para borrar co marcador {{Lixo}}. Unha vez comprobado que todas as parroquias teñen imaxe engádese o motivo que xustifica o borrado. Por exemplo: {{lixo|xa non é necesaria, todas as parroquias de Pontedeume teñen imaxe.}}. Un cordial saúdo. --Prevertgl 07:29, 30 de marzo de 2012 (UTC)
- Grazas a ti por cargar as imaxes que faltaban. As imaxes que están cargando son de moito valor para mellorar a Galipedia, para axudar a completar tarefas aos colaboradores e para os lectores que consultan este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:06, 30 de marzo de 2012 (UTC)
[editar] Praias de Galicia
Ola Xosé Antonio. Engadín a praia da Madalena á lista de Praias de Galicia. Como o nome da praia non é o mesmo no nome da fotografía e na descrición non sei se puxen o nome correcto. Podes comprobalo nesa páxina? Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:39, 6 de abril de 2012 (UTC)
- Grazas. En canto a mover a galería adiante, se prefires que o faga eu dimo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:00, 6 de abril de 2012 (UTC)
[editar] Pasar a Galilibros
Se houbese administradores no Galilibros, pedíaselle que importaran a páxina con todo o historial e xa estaba. Ao non haber, o único que se pode facer é crear a paxina de novo, copiando de aquí e pegando alí.
Se queres, podes indicar alí, no resumo de edición, que o contido foi levado da Galipedia.
Cando remates podes marcar a paxina orixinal con {Lixo|trasladada a Galilibros}. . HombreDHojalata.conversa 16:48, 29 de maio de 2012 (UTC)
- [[w:Pontedeume|Pontedeume]]. --. HombreDHojalata.conversa 18:36, 29 de maio de 2012 (UTC)
[editar] RE:Concellos sen imaxe
Tes razón que hai varias imaxes libres da ponte do Pedrido pero realmente a ponte non é do concello, ¿non?, está na fronteira dos dous concellos, creo..., boeno, supoño que podería poñerse mentras non hai outra cousa. De tódolos xeitos este verán maloserá :) que non teñamos oportunidade de ir por alí a facer algunhas fotos, o primeiro que pase que avise, vale? ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:59, 30 de maio de 2012 (UTC)