Conversa usuario:Mgl.branco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conversas antigas arquivadas:
desde 2008

Imaxes nos montes do Invernadeiro[editar a fonte]

Boas Mgl.branco, non concordo coa eliminación da imaxe do abruño no artigo do Invernadeiro..., un abruño é igual aí que noutro lado, non é preciso que todas as fotos sexan dese lugar, cando o que se pretende é ilustrar esa especie... Home, se alguén fai unha foto de calidade semellante desa árbore nese lugar entón si, é mellor poñela, pero noutro caso penso que é mellor poñer unha foto que é acaída para o artigo que non poñer ningunha..., non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de maio de 2020 ás 22:05 (UTC)[responder]

Pois eu estou de acordo co borrado; o artigo é sobre o Invernadoiro, non sobre o abruño, polo que as imaxes deben ser sobre o espazo natural. --Estevo(aei)fálame aquí 28 de maio de 2020 ás 23:16 (UTC)[responder]
Se a imaxe fose unha vista xeral, ou algo polo estilo, está claro que debe ser do sitio, pero se a imaxe é para ilustrar unha especie que se atopa nese espazo, e noutros outros, e ten as mesmas características en todos eles, non é necesario que a foto sexa dese sitio. A maiores, se a foto é dun primeiro plano no que o fondo da foto non é significativo, o caso está máis claro aínda. As características dun abruño son as mesmas nese monte que posiblemente en toda a súa área de distribución, polo tanto, eu penso que non ten sentido eliminala, o único que se consegue con iso é empobrecer o artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2020 ás 07:08 (UTC)[responder]
Ola @Elisardojm e @Estevoaei. Vaia, cando a retirei non repara demasiado niso que comentas Elisardo (simplemente, centreime en incluír imaxes informativas do parque). De todos modos, creo que é mellor retirala: explícome. Se non houbese fotos abondo para o parque, non lle vería moito problema en mantela. Mais, rebusquei e conseguín un número razoable de fotos que creo que o caracterizan, polo menos de todos os seus hábitats de interese. Logo, os abruños non son unha especie de interese de conservación do parque [podédelo comprobar buscando a info do Macizo Central (Código ZEC ES1130002)]. E, por último, agora non sei dicir onde, pero isto creo que se comentara nalgunhas conversas e foise decidindo de non incluír imaxes cando non pertenzan ao espazo natural (IMHO, p.ex. córrese o risco de incluír imaxes doutra subespecie ou incluso especie do mesmo xénero por identificala só cunha fotografía). Imos falando :) Mgl.branco (conversa) 29 de maio de 2020 ás 11:14 (UTC)[responder]
Ben, se hai fotos abondo para ilustrar o artigo é posible que non faga falta, veremos como queda. Conversas sobre este tema houbo varias e ó final a cousa non está clara polo que penso que debemos usar o sentido común. Se é preciso poñer unha foto dunha especie nun artigo pódese poñer, esa especie vai ser igual nese monte que no monte do lado. Se é unha subespecie, na maioría dos casos, hai que ser moi espelido para diferenciala, polo tanto debemos seguir usando o sentido común, se se ven iguais (se se identifica que a especie é a que debe ser, claro) e o fondo da imaxe cadra co hábitat do lugar, entendo que non hai maior problema en usala. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2020 ás 13:20 (UTC)[responder]

Re:Frades[editar a fonte]

Ola. Estiven mirando agora a páxina e non sei se o podo explicar ben. A ver. Eu só pretendís actualizar o dato na gráfica de demografía para igualalo coa táboa, pero tiven que atender a outro asunto e tardei en actualizar a páxina un par de minutos. Nese intre debiches ti facer esa edición, de tal xeito que ao actualizar eu, borrouse o teu. Eu é a única explicación que lle atopo porque no historial aparecemos os dous cun minuto de diferenza. Lamento as molestias e xa che digo que a reversión foi involuntaria. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 20 de agosto de 2020 ás 09:12 (UTC)[responder]

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro[editar a fonte]

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)[responder]


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

Fotos de placas altimétricas[editar a fonte]

Boas, mira, atopei que fixeches varias fotos de casas de concello da provincia da Coruña, como agora xa temos foto de todas esas casas, agora estamos buscando fotos das placas altimétricas :) Fixen a páxina Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia da Coruña, se che cadra de pasar por algún deses concellos, e che apetece facerlle unha foto á placa para aumentar a galería, xenial, se non, pois tamén :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2020 ás 22:58 (UTC)[responder]

  1. Ola @Elisardojm, por suposto, hei mirar de me acordar cando ande coa cámara! De feito estou subindo á commons moitas fotos que teño gardadas no "caixón de xastre" e igual aínda teño algunha. Por cousas do choio etc, ando bastante e miro de levar a cámara comigo :) Mgl.branco (conversa) 17 de setembro de 2020 ás 18:25 (UTC)[responder]
Xenial! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2020 ás 20:19 (UTC)[responder]

Encoro de Vilasenín[editar a fonte]

Ola, Miguel! Como vai todo? Reparei en que crearas en Commons a Category:Encoro de Vilasenín; anímaste a facerlle artigo na Galipedia, ou canto menos crearlle Q en Wikidata? Unha aperta! --Estevo(aei)fálame aquí 25 de xullo de 2022 ás 13:39 (UTC)[responder]

Intentarase ;) Mgl.branco (conversa) 19 de setembro de 2022 ás 10:18 (UTC)[responder]