Circuítos Continentais UCI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Circuítos Continentais UCI ou simplemente tamén chamado Circuíto Continental (oficialmente Elite and under 23 men's Continental Clasifications), son competicións masculinas profesionais de ciclismo en ruta, creadas en 2005, baixo os auspicios da Unión Ciclista Internacional UCI.

Características[editar | editar a fonte]

Os cinco circuítos (representando cada un deles a Europa, África, Oceanía, Asia e América) son inferiores ao UCI ProTour posteriormente UCI World Ranking e UCI WorldTour, categoría raíña do ciclismo en ruta, e superiores á Copa das Nacións UCI creada no ano 2007.

Os Circuitos Continentais UCI compóñense de carreiras nas que varios equipos ciclistas compiten de maneira regular. Os Circuitos Continentais foron creados pola UCI para estender as carreiras ciclistas máis alá de Europa, onde o ciclismo é máis coñecido, xa que teñen lugar as tres Grandes Voltas (Giro de Italia, Tour de Francia e Vuelta a España) ademais de ter a sé a meirande parte dos equipos do UCI ProTour.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]