Josep Puig i Cadafalch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josep Puig i Cadafalch. Retrato feito por Pau Audouard Déglaire.

Josep Puig i Cadafalch foi un arquitecto, historiador da arte e político catalán. Naceu en Mataró (Maresme) en 1867 e faleceu en Barcelona en 1956.

A súa obra máis coñecida é a Casa de les Punxes (1903-1905). Era un especialista en arte románica de fama internacional e promoveu as excavacións de Empúries.

Biografía [editar]

Naceu en Mataró o ano 1867. Sendo un estudante entrou no Centre Escolar Catalanista (1887). Alí comezou a formar parte do grupo Renaixença. Traballou logo na súa cidade natal, chegando a ser arquitecto municipal. En 1891 acabou os seus estudos de arquitectura en Barcelona. Foi nomeado profesor da Escola de Arquitectura de Barcelona, onde desenvolvería as súas cualidades como arquitecto. Simultaneamente interesouse pola política, implicándose en actividades catalanistas.

Discípulo de Domènech i Montaner foi o último representante do modernismo e o primeiro do Noucentisme (Novecentismo).

Na súa evolución poden distinguirse tres etapas diferenciadas:

En 1917 foi nomeado presidente da Mancomunidade de Cataluña (Mancomunitat de Catalunya) en substitución do finado Enric Prat de la Riba, creando durante o seu mandato escolas e institucións culturaiss, favorecendo a mellora das infraestruturas e a explotación agraria de Cataluña. Ocupou o cargo até que o xeneral Primo de Rivera, durante a ditadura militar, disolveu a Mancomunitat (20 de marzo de 1925) e temtou desfacer a obra realizada.

Ademais das actividades descritas, tamén desenvolveu un enorme traballo como historiador de arte, especialmente de arte románica, sobre a cal escribería unha obra fundamental: L'arquitectura romànica a Catalunya e mais outros títulos.

Foi membro da Real Academia Catalana de Belas Artes de Sant Jordi e en 1942 foi nomeado presidente do Institut d'Estudis Catalans, o equivalente catalán das academias lingüísticas, presidencia que ocupou até a súa morte en 1956.



Casa de les Punxes
Casa de les Punxes

Principais obras [editar]

Recoñecementos [editar]

Este artigo é unha versión do correspondente da Wikipedia en catalán.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: