Mansana de la Discòrdia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°23′29″N 2°09′54″L / 41.39138889, 2.165

«Mansana de la Discòrdia»
Antes e despois da transformación da casa Lleó Morera e da casa Batlló.

A mansana de la Discòrdia[1] ou máis modernamente, illa de la Discòrdia, é o nome que recibe un treito do Passeig de Gràcia do Eixample de Barcelona, localizado entre as rúas de Aragó e de Consell de Cent. Trátase dun conxunto de 5 edificios: casa Lleó Morera de Domènech i Montaner, casa Mulleras de Enric Sagnier, casa Bonet de Marcel·lià Coquillat, casa Amatller de Puig i Cadafalch e casa Batlló de Antoni Gaudí. Se ben todos son de arquitectos de sona do modernismo, o apelativo popular de «mansana de la Discòrdia» refírse á rivalidade profesional entre Domènech i Montaner, Puig i Cadafalch e Antoni Gaudí e, moi especialmente, ás fachadas dos seus edificios. Cando Gaudí resolveu a envarga da casa Batlló xa sabía o fixeran os outros dous. De feito, a presenza do arquitecto máis brillante de todos eles era o elemento deu orixe a este nome.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. No Tratado General de la Urbanización de 1867, Ildefons Cerdà dedica dúas páxinas á xustificación etimolóxica do termo «mansana» como unha denominación catalá derivada de "manso" que provén do latín mansión. Nun momento no que só se escribía en castelán, Cerdà cavila como a verba castelá manzana para referirse a un bloque ou illa de casas é en realidade unha adaptación do termo catalán, rexeitando a relación de manzana coa froita nin con nada que o relacione coa súa forma. (Cerdà, 1867. páx. 528-530)
  2. Lahuerta 2001, p. 17.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]