Bayer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bayer é unha compañía químico-farmacéutica fundada o 7 de agosto de 1863 en Alemaña.

Nos seus inicios, nunha modesta casa no val do río Wupper, era unha pequena fábrica para producir colorantes artificiais para téxtiles do comerciante Friedrich Bayer e a mestre tintorero Johann Weskott.

En 1881, despois do falecemento dos seus dous fundadores, amplíase o capital social da compañía e constitúese Friedr. Bayer & Co., unha empresa en plena expansión, con varias fábricas e 384 traballadores, incluído un equipo de químicos.

O ano 1897, no departamento farmacéutico, lógrase sintetizar o principio activo ácido acetilsalicílico, grazas aos experimentos de Felix Hoffmann. Dous anos máis tarde o nome Aspirina é rexistrado por Bayer na Oficina Imperial de Patentes de Berlín, o que sería o analxésico máis popular do mundo.

Bayer produciu ata a Primeira Guerra Mundial unha droga chamada diacetylmorphine, unha droga adictiva, vendida orixinalmente como tratamento da tose, que logo paso a chamarse Heroína. A heroína era unha marca rexistrada de Bayer, ata que foi prohibida antes da primeira Guerra Mundial.

Desde 1925 e ata 1951, Bayer converteuse en parte de IG Farben, un conglomerado das industrias químicas alemás que formaron a base financeira do réxime nazi. IG Farben posuíu o 42.5% da compañía, que desenvolvemento Zyklon B, un produto químico usado nos compartimientos do gas de Auschwitz. Como integrante do conglomerado, Bayer é co-responsable de colaboración co Terceiro Reich no exterminio de millóns de xudeus (Holocausto ou Shoá), xitanos e soviéticos. Cando os aliados partiron IG Farben despois da Segunda Guerra Mundial pola implicación en varios crimes de guerra nazis, Bayer reapareceu como negocio individual. O Dr. Fritz ter Meer, condenado a sete anos na prisión polos crimes de guerra polo tribunal de Nuremberg, foi feito Directivo Supervisor de Bayer en 1956, despois da súa excarceración.

Tamén son da súa atribución a creación de axentes químicos como:

Na actualidade, Bayer é un grupo multiempresarial con presenza global, con 120.000 empregados en todos os continentes, cuxo negocio baséase esencialmente na industria química e a biomedicina.

A casa matriz de Bayer está na cidade alemá de Leverkusen, desde onde administra e coordina as actividades das súas subsidiarias, centros de produción e centros de investigación en todo o mundo.

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas