Esclerose múltiple

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esclerose múltiple
Clasificación e recursos externos

ICD-10 G35
ICD-9 340
OMIM 126200
DiseasesDB 8412
MedlinePlus 000737
eMedicine neuro/228

A esclerose múltiple é unha enfermidade desmielinizante do sistema nervioso central, de orixe inmunitaria-inflamatoria. A enfermidade consiste na destrución do recubrimento de mielina dos tecidos neuronais, xerando grandes placas desmielinizantes.

Causas[editar | editar a fonte]

As causas da enfermidade son parciamente descoñecidas, pero hoxe sábese que hai unha alteración inmunitaria que produce a destrución da mielina. Existen determinados alelos xenéticos que predispoñen a sufrir a enfermidade, como son o DQ2 e outros. O resultado final é a activación inapropiada de linfocitos T, macrófagos e outras células inmunes. Nos pacientes afectos de esclerose múltiple atópanse no líquido cefalorraquídeo niveis elevados de substancias inflamatorias, coma diversas interleucinas. No LCR áchase ademais unha cantidade elevada de proteínas oligoclonais.

Certos estudos investigan o papel da vitamina D na xénese da enfermidade, xa que esta vitamina ten relacións co funcionamento do sistema inmunitario. Ademais, a esclerose múltiple é máis común en países do Norte de Europa e en Norteamérica, lugares con menos horas de luz e polo tanto menos niveis de vitamina D[1].

Outros estudos suxiren a posible implicación de certos virus coma desencadeantes desta patoloxía, coma o virus Epstein Barr.

Síntomas[editar | editar a fonte]

A esclerose múltiple é unha enfermidade que pode producir síntomas moi diversos, debido a que afecta difusamente a todo o sistema nervioso central. Durante os abrochos agudos da enfermidade aparecen déficits motores graves, que poden afectar a calquera grupo muscular, déficits oftalmolóxicos (neurite óptica), alteracións sensoriais e outros. Nos períodos intercrise tamén pode haber signos e síntomas continuos:

  • Anomalías no sistema nervioso autónomo, coma disfunción eréctil, impotencia ou incontinencia urinaria.
  • Alteracións somato-sensoriais diversas
  • Cegueira, por mor dunha neurite óptica ou outras complicacións.

A maiores pode haber síntomas derivados doutras enfermidades autoinmunes.

Diagnóstico[editar | editar a fonte]

O diagnóstico da enfermidade é clínico, xa que non existen probas analíticas ou radiolóxicas patognomónicas.

  • Analítica sanguínea: poden observarse datos de inflamación, como elevación da proteína C reactiva, velocidade de sedimentación globular, e diversas interleucinas. Nalgúns pacientes poden observarse datos doutras enfermidades autoinmunes, como antitransglutaminasa ou antimieloperoxidasa.
  • Análise de líquido cefalorraquídeo: índa que pode ser normal, é común observar un número elevado de proteínas, bandas oligoclonais e nalgúns casos, linfocitose.
  • Técnicas de imaxe: poden empregarse tomografía craneal ou unha resonancia magnética nuclear, que amosan áreas de desmielinización, especialmente en períodos de crise. Durante o período de intercrise pode ser normal.
  • Análise de xenoma: con fins científicos poden analizarse certas secuencias de ADN mediante PCR, tentando establecer relación entre a enfermidade e os xenes.

O diagnóstico final establécese pola combinación de varios elementos.

Tratamento[editar | editar a fonte]

Existen diversas liñas de tratamento actual, cuxo fin é frenar a progresión da enfermidade, e outras destinadas a controlar os síntomas. As seguintes liñas de tratamento son as más empregadas:

  • Interferón beta: é unha molécula relacionada cos mecanismos inmunolóxicos. A súa administración é xeralmente subcutánea, e en termos xerais frena a progresión da esclerose.
  • Natalizumab: frena a progresión da esclerose, pero pode causar complicacións moi graves, coma a leucoencefalopatía multifocal progresiva.
  • Inmunosupresores: coma azatioprina ou mitoxantrona.

De cara aos síntomas poden ser administrados:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Virus Res. 2011 Nov 20. [Epub ahead of print] Viruses and vitamin D in the etiology of type 1 diabetes mellitus and multiple sclerosis. Jankosky C, Deussing E, Gibson RL, Haverkos HW. Source Division of Preventive Medicine and Biometrics, Uniformed Services University of the Health Sciences, Bethesda, MD, USA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]