Siemens AG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Siemens AG
Siemens AG logo.svg
Tipo Sociedade Anónima
Fundación 1847 Berlín Alemaña Alemaña
Localización Múnic - Berlín Alemaña Alemaña
Fundador Werner von Siemens e Johann Georg Halske
Persoas clave Peter Löscher Gerhard Cromme
Industria Telecomunicacións, Enerxía Saúde
Produtos Sistemas de telecomunicacións
Xeración de enerxía
Automatización industrial e control
Iluminación
Equipamento médico
Transporte e automoción
Tecnoloxías da agua
Tecnoloxías da construción
Electrodomésticos
Reactores nucleares (abandonado)
Turbinas
Número de empregados 410.000 (30 de xuño de 2012)[1]
Páxina web siemens.com

Siemens AG (en alemán pronunciado [ˈziːməns], pronúnciase "simens") é unha empresa multinacional formada por un conxunto de empresas que traballan no campo da enxeñería eléctrica, electrónica, telecomunicacións, equipamento enerxético, automoción, equipamento médico e iluminación, así como en servizos especializados en diversos campos industriais, o transporte e as telecomunicacións. A súa sede central está en Berlín e Munich. A empresa opera en 190 países e prácticamente en tódolos sectores tecnolóxicos e industriais.

A décimo cuarta Conferencia Xeral de Pesos e Medidas en 1971 aprobou chamar siemens e símbolo S á unidade derivada no Sistema Internacional de Unidades para medir a condutividade eléctrica en memoria e recoñecemento de Ernst Werner von Siemens.

A cotización das accións de Siemens inclúense na base de cálculo dos siguientes índices bursátiles: DAX, S&P Global 100, Dow Jones EuroStoxx 50, Dow Jones Stoxx 50 e Dow Jones Global Titans 50.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundadores de Siemens AG
Johann Georg Halske gl1.jpg
Werner-von-Siemens.png
Johann Georg Halske
(1814-1890)
Werner von Siemens
(1822–1881)

A empresa foi fundada polo alemán Werner von Siemens enxeñeiro, inventor, científico, coñecido político e activista social. Fundou a empresa co apoio financieiro de Johann Georg Halske co nome de: Telegraphen-Bauanstalt Siemens & Halske o 12 de outubro de 1847 en Berlín para a fabricación de telégrafos. A partires de 1897 a empresa pasou a chamarse Siemens & Halske AG. En 1849 construíu a primeira liña telegráfica entre Berlín e Frankfurt e de seguido as liñas Berlín Colonia, Hamburgo, Breslau e Stettin. Ese mesmo ano inaugurou a súa primiera delegación no estranxeiro, en Londres. En 1853 Siemens & Halske iniciou a construción da rede telegráfica de Rusia cunha lonxitude de 10.000 Km dende Finlandia ata Crimea.

En 1881 creou a primeira fábrica europea de bombillas incandescentes a que sería o inicio de Osram. A empresa foi das primeiras en ofrecer asistencia social e melloras laborais aos seus empregados, plans de pensións, comedores de empresa ou redución de xornada laboral.

En 1903 asóciase con AEG e fundan a compañía Gesellschaft für drahtlose Telegraphie (coñecida como Telefunken). En 1914 a empresa xa era unha das máis grandes do mundo. A Primeira Guerra Mundial fixo que perdese moitas das súas filiais no estranxeiro que foron nacionalizadas, perdeu patentes e mercados. En 1918 asociada con AEG crea Osram. En 1923 inicia a súa asociación con Fuji. En 1925 inicia a produción de equipamento médico como o de raios X.

Siemens na Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Prisioneiros en traballos forzados facendo compoñentes de avións. Fábrica de Siemens no campo de concentración de Auschwitz (Polonia) en 1943.

En 1943 fabrica o seu primeiro radar cun alcance de 150 a 300 Km. Nese mesmo ano empezan a traballar nas súas fábricas prisioneiros de guerra e traballadores forzados dos campos de concentración. Chegou a ter 50.000 traballadores forzados, unha quinta parte do total dos seus traballadores entón. A empresa tiña unha fábrica no campo de concentración de Bobrek, un dos campos de Auschwitz. Gilbert Michelin prisioneiro en Bobrek, nas súas memorias, dicía que as condicións de vida eran tan malas como en Birkenau, pero non había cámaras de gas, non os maltrataban e estableceuse como día festivo o domingo. Por presións posteriores Siemens recoñeceu dereitos e compensacións a estas persoas[2][3]. Nos últimos combates da Segunda Guerra Mundial morreron moitos traballadores e algúns directivos suicidáronse. En China o director da fábrica de Siemens en Nankin, John Rabe salvou a vida a 200.000 chineses ao permitirlles empregar os terreos da fábrica como refuxio, na matanza de Nankin foron asasinadas segundo o goberno chinés máis de 300.000 persoas[4].

Ao rematar a guerra en palabras dun coronel ruso: «Hitler Kaputt, Berlín Kaputt, Siemens Kaputt»[5].

A finais do século XX Siemens tiña delegacións e operaba en tódolos países do mundo excepto en Israel onde abriu delegación no ano 2000[6].

Siemens despois da Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

SIMATIC S7 serie 300 e 400

A empresa perdera case tódolos seus activos pero volveu ao mercado polo rápido crecemento económico da postguerra. En 1958 sacou ao mercado o primeiro marcapasos implantable. En 1959 sae ao mercado o sistema de control industrial SIMATIC que aínda segue evolucionando no mercado. Nos anos 50 Siemens iniciou a investigación en tecnoloxía nuclear. En 1963 fabrica o seu primeiro reactor nuclear comercial en colaboración con Westinghouse. Son reactores que podían funcionar con uranio natural ou enriquecido lixeiramente. En 1965, o Mariner IV, con equipamento Siemens transmitiu imaxés da superficie marciana á Terra. Nese mesmo ano, a compañía introduxo no mercado VIDOSON, o primeiro dispositivo de diagnóstico por ecografía en tempo real. En 1966 a empresa pasa a denominarse Siemens AG. En 1967 Bosch e Siemens inician a produción de electrodomésticos. Dende a súa fundación Siemens traballou activamente no desenrollo de melloras en trens e no ano 1985 Siemens crea o ICE tren de alta velocidade alemán. En 1990, fundan Siemens Nixdorf. En 1992 entra no mercado da telefonía GSM. En 2007 Siemens fusionouse coa división de redes de telecomunicacións de Nokia. En 2005 vende a súa división de teléfonos móbiles a BenQ.

En novembro de 2011 a empresa anunciou o abandono do negocio da enerxía nuclear.

Escándalos de subornos na CE[editar | editar a fonte]

En 2005 primeiro na CE e despois en EE.UU. comezouse a investigar a Siemens polo pago de subornos e a creación dun cártel para fixar prezos e repartir o mercado eléctrico e de telecomunicacións e acadar contratos con outras empresas. Ademais de Siemens foron acusadas: ABB, Alstom, Fuji Electric, Hitachi Japan, AE Power Systems, Mitsubishi Electric Corp., Schneider, Areva, Toshiba e VA Tech[7]. Polas investigacións o CEO Klaus Kleinfeld e o presidente Heinrich von Pierer tiveron que deixar a empresa. Impuxéronse 750 millóns de euros en multas. A comisária da Competencia, Neelie Kroes, declarou: "Estas compañías formaron un cártel, as empresas de servizos públicos e os consumidores foron estafados dende hai máis de 16 anos ". Case 400 millóns de euros tivo que pagar Siemens en multas[8].

Siemens en España[editar | editar a fonte]

Iluminación da Exposición Internacional de Barcelona de 1929

En 1862 Siemens construíu a liña telegráfica submarina entre Cartagena e Orán. A preséncia de Siemens en España iníciase en 1895. En 1897 o enxeñeiro catalán Lluis Muntadas i Rovira funda en Barcelona La Industria Eléctrica a que pasaría a ser o 21 de xullo de 1910 a sociedade Siemens Schuckert Industria Eléctrica S.A. fábrica de Siemens en Cornellà. Durante a Primeira Guerra Mundial a sede de España quedou aillada da de Alemaña pola neutralidade do país. Nos anos 20 a fábrica foi ampliada. Nos anos 40 e 50 son anos de falta de materia prima e maquinaria. Nos anos 60 modernízase a maquinaria, amplíanse instalacións e créase unha escola de aprendices. En 1955 constúese a fábrica de Málaga. En 1957 constrúe a fábrica de Getafe. En 1958 acadou a fabricación de un millón de contadores eléctricos en Cornellá. En 1965 inicia a fabricación de motores eléctricos trifásicos. En 1969 acadan o millón de motores fabricados. Ca entrada de España na CEE reestructúrase a empresa e iníciase a fabricación para o sector ferroviario: motores de tracción, control ferroviario e equipamento rodante[9]. Siemens construíu a liña do AVE Madrid-Sevilla e participa nos proxectos de alta velocidade.

Organización interna[editar | editar a fonte]

Organización de Siemens
Siemens Sector Industrial
  • Automatización Industrial
  • Drive Technologies
  • Tecnoloxías da construción
  • Osram iluminación
  • Solucións industriais
  • Mobilidade
Siemens Sector Enerxía
  • Enerxía fósil
  • Enerxías renovables
  • Petróleo e gas
  • Servizos enerxéticos
  • Transporte de enerxía
  • Distribución de enerxía
Siemens Sector Saúde
  • Imaxe e sistemas de tratamento
  • Produtos clínicos
  • Diagnóstico
  • Solucións locais
Servizos Globais
  • Siemens IT solucións e servizos
  • Servizos Financeiros

Servizos intersectoriais

  • Global Shared Services
  • Siemens Real Estate
Organizacións rexionais

Empresas adquiridas recentemente por Siemens[editar | editar a fonte]

  • Chemtech - Solucións de enxeñería e TI (2001)
  • Atecs Mannesmann AG (2001) incluíndo Mannesmann Dematic, Mannemann Sachs, Mannesmann VDO Automotive, Mannesmann Demag Krauss-Maffei
  • Danfoss Flow Division (2003)
  • Bonus Energy (2004)
  • Chrysler Group’s Huntsville Electronics Corporation (2004)
  • USFilter Corporation (2004)
  • Woodlands Technology (2004)
  • Photo-Scan (2004)
  • DASAN (Corea do Sur - 2004)
  • Alstom Industrial Turbine Business (2005)
  • Jet Turbine Services (2005)
  • Transmitton (2005)
  • Shaw Power (2005)
  • Chantry Networks (2005)
  • Myrio (EUA/Canadá - 2005)
  • CTI Molecular Imaging (2005)
  • Evoline (2005)
  • VA Tech Group (Austria - 2005)
  • Power Technologies International (2005)
  • AN Windenergie GmbH (2005)
  • Bayer AG -Diagnostic branch (2006)
  • Controlotron, USA (2004)
  • Diagnostic Products Corp. (2006)
  • Bewator AB (Suecia - 2005)
  • Vai Ingdesi Automation (Arxentina - 2007)
  • Kadon Electro Mechanical Services Ltd. (2006)
  • Kühnle, Kopp, & Kausch AG (2006)
  • Opto Control (2006)
  • UGS Corp. (2007)
  • Dade Behring (2007)
  • S/D Engineers, Inc. (2007)
  • VistaScape Security Systems (2006)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Siemens AG: Konzernzwischenbericht für das dritte Quartal und die ersten neun Monate des Geschäftsjahrs 2012
  2. Nuevo bochorno de la firma Siemens. BBC (en castelán)
  3. El Holocausto y las grandes empresas. Le Monde diplomatique y Capital Intelectual S.A. (en castelán)
  4. John Rabe (en inglés)
  5. S. Jonathan Wiesen. West German Industry and the Challenge of the Nazi Past, 1945-1955. — The Univercity of Northern Caroline Press, 2004. — P. 20. — 352 p. — ISBN 080785543X (en inglés)
  6. Siemens in Israel (en inglés)
  7. EU cracks down on electricity-gear cartel (en inglés)
  8. Siemens droht Kartellstrafe über 400 million Euro (en alemán)
  9. Nuestra Historia. Siemens (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Siemens AG