Āyurveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe do médico Dhanwantari, convertido nun avatar do deus Vishnu (e como el, de catro brazos). Os hinduístas cren na orixe divina da medicina aiurvédica.

O āyurveda (sánscrito आयुर्वेद, [ajuɽvedə]) é un antigo sistema de medicina tradicional orixinado na India. O termo sánscrito āyurveda é un tat purusha (composto de termos) formado por āyuh: ‘duración da vida’ e veda ‘verdade, coñecemento’.[1]

Segundo a doutora Margaret Chan (directora xeral da Organización Mundial da Saúde), a medicina aiurvédica é, xunto coa medicina tradicional chinesa, un dos sistemas médicos vixentes máis antigos do mundo.[2]

Nome sánscrito[editar | editar a fonte]

  • āyurveda, no sistema AITS (alfabeto internacional de transliteración do sánscrito).[3]
  • आयुर्वेद, en escritura devanágari do sánscrito.
  • Pronuncia:/áiur vedá/ en sánscrito clásico[4]
    • /áiur véda/ en inglés e galego [4]
  • Etimoloxía: o termo sánscrito aiur-veda é un tat purusha (composto de termos) formado por āyuh [áiuj]: ‘duración da vida’ e vedá: ‘verdade, coñecemento’.[1][3][4]

Textos ayurvedicos[editar | editar a fonte]

Non hai ningún texto chamado āyurveda. Os tres textos antigos considerados a base da medicina āyurveda son:

Autores[editar | editar a fonte]

Non se coñece desde cando se practica o āyurveda no subcontinente indio. Nos catro Vedas (Rigveda, Samaveda, Yajurveda e Atharvaveda), textos épicos (de mediados e finais do II milenio a. C) non se menciona ningún tipo de medicina. No Arthavaveda (principios do I milenio a. C) menciónanse 14 oracións para pedir aos deuses que curen as enfermidades, o que podería indicar que aínda non existía unha "medicina tradicional india".

Os textos ayurvédicos recollen as doutrinas médicas do período posvédico (despois do século VII a. C). Son de autoría diversa, desde o mítico Dhanwan Tari (o avatar da medicina) ata os apenas coñecidos.

Datación[editar | editar a fonte]

Algúns sitios en Internet declaran que a medicina ayurvédica existía desde Mohenjo-daro (2600-1900 a. C), pero non achegan probas diso.[6]

Base doutrinal da medicina ayurvédica[editar | editar a fonte]

A medicina ayurvédica describe os pañchamabhutas (cinco elementos [fundamentais]):

  1. bhumi (terra).
  2. yala (auga).
  3. agní (lume).
  4. vaiú (aire).
  5. akasha (éter).

Os tres doshas[editar | editar a fonte]

Unha das bases da medicina ayurvédica son os doshas (palabra sánscrita que significa "humores" ou "aires vitais", aínda que desde finais do século XX d. C prefírese traducir con termos de aparencia máis científica: "temperamentos", "elementos funcionais", "biotipos", "enerxías", "constitucións", "forzas" ou "principios metabólicos"). A medicina ayurvédica clasifica tres humores (tridosha), en relación aos que xera o tratamento:

  • Vâtta, que representa a unión do aire e o éter.
  • pitta ("bilis" en sánscrito), que representa a unión entre o lume e a auga.
  • kapha ("flema" en sánscrito), que representa a unión entre a auga e a terra.

En Occidente -posiblemente nun esforzo por darlle máis importancia ao āyurveda e facelo aceptable para o vulgo- existe un consenso entre varios autores en que, no idioma sánscrito orixinal, estas palabras non significarían "bilis" e "flema", senón que terían significados máis amplos ou máis profundos.

En cada persoa preséntanse os tres doshas, e existen normalmente un ou dous como predominantes, aínda que excepcionalmente tamén existen persoas tridoshas (dominan os tres doshas). As diferentes proporcións ou predominancias de doshas presentes entre as persoas non indica un estado superior de saúde; só achegan as características psíquicas e físicas particulares de cada individuo. Todas as persoas presentan unha constitución de tridosha que foi adquirida desde a súa concepción biolóxica, a cal se denomina Prakriti; con todo, durante a vida vanse dando distintos cambios nesta constitución orixinal, que dan como resultado unha alteración nas proporcións dos tres doshas. A esta constitución denomínaselle Vikriti e representa o desequilibrio. Cantos máis se achega un individuo ao equilibrio orixinal do Prakriti, máis preto se atopa este do concepto ayurvédico de "saúde". Cada dosha achega ao individuo unhas características físicas e mentais determinadas.[7]

Así pois, un dos principais textos da medicina ayurvédica, o Caraka-samhita, define os doshas do seguinte xeito:

Dosha Vâtta[editar | editar a fonte]

Vâtta é o non untuoso, frío, lixeiro, sutil, movible e áspero. As persoas que teñen un predominio deste dosha presentan complexión delgada (resúltalles fácil baixar de peso), estrutura ósea reducida, pel sensible, seca e áspera, de cor clara, cabelo seco e veas moi marcadas. Son ansiosos e teñen trastornos do sistema nervioso.

Dosha Pitta[editar | editar a fonte]

As persoas que teñen un predominio deste dosha presentan estrutura ósea mediana (teñen facilidade tanto para aumentar de peso como para perdelo), pel sensible (ás veces graxa), cabelo fino de tons suaves e veas translúcidas. Padecen metabolismo acelerado e problemas gastrointestinais. Psicoloxicamente son máis irritables e propensos á paixón, e en desequilibrio élles máis fácil manifestar ira.

Dosha Kapha[editar | editar a fonte]

As persoas que teñen un predominio deste dosha presentan unha complexión ósea grande (gran tendencia a aumentar de peso) e posúen unha gran forza física, pel graxa, cabelo groso e graxo, de cor escura. O seu carácter é predominantemente pacífico e moi acougado.

Os 24 principios cósmicos[editar | editar a fonte]

A medicina ayurvédica considera que a realidade está formada por 24 principios cósmicos (os mesmos do sistema Sankhya):[8]

  • Prakriti: natureza primaria ou primordial.
  • Majat: intelixencia cósmica.
  • Ajankara: ego.
  • Manas: mente.

Pañcha tan-matra (cinco obxectos):

Pañcha gñana-indríia (cinco órganos de coñecemento):

Pañcha karma-indríia (cinco órganos de acción):

Pañcha maja-bhuta (cinco grandes elementos):

  • Terra.
  • Auga.
  • Lume.
  • Aire.
  • Éter.

A medicina ayurvédica abrangue oito ramas ou especialidades:

  • Medicina do corpo.
  • Extracción de rachos de madeira.
  • Limpeza do ollo cunha púa de porco espiño.
  • Coidado do bebé (debido á mortalidade infantil típica na época de xurdimento do āyurveda. Na India, ata a actualidade, aos bebés menores de dous anos chámaselles ku-mara, "morre-fácil").
  • Psicoloxía.
  • Antídotos para velenos.
  • Elixires da xuventude.
  • Medicina da parte superior do corpo (do pescozo para arriba).

Ademais da aprendizaxe destas disciplinas, o āyurveda esixía o coñecemento de dez artes indispensables para a preparación e a aplicación das medicinas:

  1. Destilación.
  2. Habilidades operativas.
  3. Cociña.
  4. Horticultura.
  5. Metalurxia.
  6. Manufactura do azucre.
  7. Farmacia.
  8. Análise e separación de minerais.
  9. Composición de minerais.
  10. Preparación de álcalis.

Ao finalizar a iniciación, o gurú dirixíase solemnemente aos seus estudantes para encamiñalos cara a unha vida de castidade, honestidade e vexetarianismo.

Esperábase que o estudante se dedicase en corpo e alma aos enfermos, que non traizoase ningún paciente envelenándoo en beneficio propio, que se vestise de xeito modesto e que evitase darse á bebida, que tivese autocontrol e que moderase as súas palabras, que se esforzase constantemente en mellorar o seu coñecemento e as súas habilidades técnicas, que fose amable e modesto na casa do enfermo, que non difundise datos sobre o enfermo ou a súa familia, e que, se non prevía a curación, o gardase para si mesmo, se o contrario podía causarlles dano aos demais achegados.

Estes preceptos son parecidos aos do Xuramento Hipocrático.

Descoñécese a duración da formación do médico. Este formábase grazas aos textos, á observación directa e á inferencia.[9]

O coñecemento segue o padrón cósmico-relixioso unificador propio da cultura hindú: describíanse 360 ósos, como os días do ano hindú.

Trátase de conectar e interrelacionar todo, do mesmo xeito que sucede na medicina tradicional chinesa. E, como nesta -debido ao descoñecemento da existencia dos elementos químicos-, críase que todo canto existía estaba composto só de cinco elementos (maja-bhuta): terra, auga, lume, aire e éter.[10]

Tratamentos ayurvédicos[editar | editar a fonte]

A medicina ayurvédica inclúe dieta e medicamentos de herboristería e fai fincapé no uso do corpo, a mente e o espírito na prevención e o no tratamento das enfermidades. É o que se denomina unha medicina mente-corpo, cuxa premisa é espertar o equilibrio natural do sistema mente-corpo para, hipoteticamente, curarse a si mesmo.

Plantas medicinais[editar | editar a fonte]

Os remedios, principalmente plantas, elíxense pola súa capacidade de harmonizar o equilibrio entre o paciente e as influencias básicas da vida, tales como a dieta, o traballo e a vida familiar.

A medicina ayurvédica describe 2.700 plantas medicinais diferentes. A farmacopea ayurvédica producida polo Ministerio de Saúde da India está contida en cinco volumes e inclúe monografías oficiais de 418 plantas medicinais.[11]

Masaxe abhiangam[editar | editar a fonte]

Unha das súas ferramentas fundamentais é a masaxe abhiangam, que -no caso dalgúns doshas- se realiza con aceites naturais especialmente prescritos polo médico e, noutros casos, realízase en seco. Existen outros sistemas de masaxe ayurvédica, como a marmaterapia, que se aplica mediante a estimulación dos puntos clave denominados "marmas" e que require unha experiencia e un coñecementores superior á abhiangam. Un dos tratamentos básicos do āyurveda é o sirodhara, que consiste en verter sobre a fronte unha mestura morna de aceites e herbas.[12]

Pina-sveda[editar | editar a fonte]

A medicina ayurvédica usa os pina-sveda (pinda: "bóla, masa"; sveda: "suor"), uns tampóns de tecido recheos de plantas medicinais da India e de aceites esenciais de grao alimentario cos que o terapeuta pode facer máis intensa a relaxación.[13]

A medicina ayurvédica na actualidade[editar | editar a fonte]

Na India[editar | editar a fonte]

O āyurveda é o sistema médico tradicional máis importante da India.

O Goberno da India incorpora a medicina ayurvédica nos estudos de pregrao de "bacharelato en medicina e cirurxía ayurvédica".[14]

Administrativamente, a medicina ayurvédica está incluída dentro dunha das tres divisións máis importantes do Ministerio de Saúde e Benestar da Familia, e forma parte do departamento AYUSH (acrónimo de āyurveda, ioga, unani, siddha e homeopatía)[15]. Para graduarse, o médico ayurvédico debe estudar durante cinco anos e medio. Estes estudos cúrsanse en 265 colexios universitarios repartidos por todo o país. As institucións ayurvédicas máis recoñecidas na India son:

  • O Instituto de Posgrao de Docencia e Investigación de Medicina Ayurvédica, en Jamnagar, Estado de Guyarat.[16]
  • A Universidade Ayurvédica de Guyarat, en Jamnagar, Estado de Guyarat.[17]
  • O Instituto Nacional de Medicina Ayurvédica, en Jaipur, Estado de Guyarat.[18]

En Occidente[editar | editar a fonte]

Nos países occidentais -co acollemento de prácticas orientais tales como o ioga e a meditación- o ayurveda incorporouse á chamada medicina alternativa, complementaria á medicina baseada na evidencia.

Actualmente existe un interese na medicina ayurvédica, posto que os seus seguidores cren que ofrece unha visión completa dos desequilibrios do ser humano, ao considerar aspectos da natureza interna e externa deste.[19]

Controversia[editar | editar a fonte]

Un estudo realizado nos Estados Unidos sobre mostras compradas por Internet, e outro realizado na India, concluían que ata o 20 % dos preparados ayurvédicos examinados contiñan niveis tóxicos de metais pesados como chumbo, mercurio ou arsénico. Ademais, estes estudos tamén alertaban dos inexistentes controis de calidade e do uso de herbas que conteñen outras substancias nocivas para a saúde.[20][21] 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Los Vedas". biblioteca.itam.mx. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2017. Consultado o 2017-02-22. 
  2. "OMS | Alocución al Congreso de la OMS sobre Medicina Tradicional". www.who.int. Consultado o 2017-02-22. 
  3. 3,0 3,1 Glashoff, Klaus. "Sanskrit Dictionary for Spoken Sanskrit". spokensanskrit.de. Consultado o 2017-02-22. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Cologne Scan". www.sanskrit-lexicon.uni-koeln.de (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 2017-02-22. 
  5. "Sushruta-the clinician-Teacher par excellence (History of Medicine) - Science.Report". science.report (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 2017-02-22. 
  6. "Mohenjo-daro!". www.harappa.com (en inglés). Consultado o 2017-02-22. 
  7. "The Ancient Ayurvedic Writings". www.ayurveda.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 2017-02-22. 
  8. "Tattvas, the Elements and Nature’s Healing". American Institute of Vedic Studies. 2012-06-13. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 2017-02-22. 
  9. 1974-, Rodríguez, María Dolores (2012-01-01). Ayurveda : una ciencia milenaria. Hispano Europea. ISBN 9788425520310. 
  10. 1953-), Svoboda, Robert ( (2011-01-01). Ayurveda : descubra cuál es su constitución, cómo ha de vivir según ella y cómo prevenir o curar sus enfermedades. Kairós. ISBN 9788472453296. 
  11. "Revised Draft GMP of AYURVEDA, SIDDHA AND UNANI Drugs for comments from stakeholders of ASU drugs by 26th September, 2016 | Ministry of Ayush". ayush.gov.in (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2017. Consultado o 2017-02-22. 
  12. Masaje ayurvedico abhyanga / Masaje Facial Y Corporal Tradicional De India/ Traditional Face and Body Massage of India. Videocinco. 2009-01-01. ISBN 9788496699427. 
  13. 1952-, Heidn, Lukas, (2006-01-01). S'autoguérir par l'Ayurvéda. Québecor. ISBN 9782764009673. 
  14. "Bachelor of Ayurveda, Medicine and Surgery" (en inglés). 2017-01-30. 
  15. "Ministry of AYUSH" (en inglés). 2017-01-26. 
  16. Nishteswar, K. (2013-01-01). "Institute for Post Graduate Teaching and Research in Ayurveda, Gujarat Ayurved University, Jamnagar – A WHO-recognized collaborating center for traditional medicine (Ayurveda)". Ayu 34 (2): 133. ISSN 0974-8520. PMC 3821239. PMID 24250119. doi:10.4103/0974-8520.119662. 
  17. "Gujarat Ayurved University - Masters Degree in Ayurvedic Pharmaceutical Sciences or Ayurvedic Medicinal Plant Sciences, Kayachikitsa, Kaumbharbhritya, Drvyaguna, Shalya, Shalakya, Rasashastra, Prasuti Tantra & Stri Roga". www.ayurveduniversity.edu.in. Consultado o 2017-02-22. 
  18. www.ebranaindia.com. "Home". www.nia.nic.in. Consultado o 2017-02-22. 
  19. "¿Es viable la práctica del Ayurveda en Occidente? | Fundación de Salud Ayurveda Prema". www.medicinaayurveda.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 2017-02-22. 
  20. "Detectan tasas excesivas de plomo y arsénico en productos ayurvédicos" (en castelán). Consultado o 2017-02-22. 
  21. "Algunas hierbas de la medicina Ayurveda tienen altas concentraciones de metales > elmundosalud - medicina". www.elmundo.es. Consultado o 2017-02-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]