Álcali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En xeral álcali (do árabe: Al-Qaly القلي ,القالي, 'cinsa') é un óxido, hidróxido ou carbonato (os carbonatos non son bases fortes, xa que son a base conxugada dun ácido feble e non dun ácido neutro coma a auga) dun metal do grupo dos alcalinos ou, por extensión, calquera composto que reacciona cun comportamento básico[1].

Actúan como bases fortes e son moi hidrosolúbeis. De tacto xabonoso, poden ser corrosivos de abondo como para queimar a pel, o mesmo ca os ácidos fortes.

Exemplos son o hidróxido e óxido de calcio, o hidróxido e óxido de potasio, e o hidróxido, carbonato, peróxido e silicatos sódicos e fosfato trisódico.

Os álcalis, xa sexa en sólido, ou en solucións concentradas, son máis destrutivos para os tecidos humanos que a maioría dos ácidos. Provocan destrucións profundas e dolorosas, ao disolveren a graxa cutánea. Os pos, néboeiros e vapores provocan irritación respiratoria, de pel, ollos, e lesións do tabique do nariz.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para álcali.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]