Devanágari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuscrito do Rigveda en devanágari (principio do século XIX)

O devanágari[1] (palabra de orixe sánscrita, देवनागरी / devanāgarī, que significa «(escritura) cidadá divina») é o alfasilabario utilizado para escribir, entre outras, o sánscrito, o hindi, o nepalés, o marathi e moitas outras linguas da India. É unha das escrituras da India máis empregada. Provén da escritura brahmi.

Características xerais[editar | editar a fonte]

Rótulos en devanāgarī nunha rúa de Varanasi, na India.

O devanágari é recoñecíbel pola barra horizontal continua baixo a que van situados os caracteres. Non distingue maiúsculas de minúsculas. A lingua hindi emprega os mesmos signos de puntuación que o alfabeto latino, agás ás veces para os finais de frase. Hai variantes locais para certos caracteres. Escríbese de esquerda a dereita.

Representación das vogais[editar | editar a fonte]

Unha vogal pode ser representada por dous signos diferentes segundo que siga a unha consoante (forma dependente) ou non (forma independente). No segundo caso, a vogal é un símbolo ligado á dereita, á esquerda enriba ou embaixo da consoante despois da que se pronuncia. A nasalización márcase por un signo diacrítico que se sitúa enriba. Este signo pode ser o candrabindu ou o anusvāra. Por razóns de comodidade, os impresores prefiren a miúdo substituír o candrabindu por un anusvâra cando a vogal excede a liña superior.

Representación das consoantes[editar | editar a fonte]

Cando unha consoante nin vai precedida nin seguida doutra consoante, represéntase polo signo de base. Nos casos de combinacións (agrupamentos) de consoantes, hai unha ou varias ligaduras, que poden consistir nunha simple compresión gráfica, por exemplo, स seguido de त dá स्त, ou ben un carácter enteiramente novo, por exemplo क seguido de ष dá क्ष. Unha consoante non seguida dun símbolo de vogal dependente é implicitamente pronunciada coa vogal [ə], ou ás veces sen vogal ningunha.

Terminoloxía[editar | editar a fonte]

Un carácter – é dicir unha vogal independente, unha consoante eventualmente acompañada de signos diacríticos ou unha combinación especial de consoantes agrupadas – chámase akṣara (do sánscrito अक्षर, que significa « letra, carácter »). A barra vertical utilizada en certos símbolos de consoantes ou de vogais, ou para marcar o fin de frase chámase danda. O signo diacrítico utilizado para darlle unha vogal a unha consoante é o matra.

Exemplo[editar | editar a fonte]

hindi
सभी मनुष्यों को गौरव और अधिकारों के मामले में जन्मजात स्वतन्त्रता और समानता प्राप्त है। उन्हें बुद्धि और अन्तरात्मा की देन है और परस्पर उन्हें भाईचारे के भाव से बर्ताव करना चाहिये।
pronunciación
Sabhī manuṣyõ ko gaurav aur adhikārõ ke mamle mẽ janmajāt svatantrātā aur samāntā prāpt hai. Unhẽ buddhi aur antrātmā kī den hai aur parspar unhẽ bhaīcāre ke bhāv se bartāv karnā cāhiye.
tradución
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e en dereitos. Están dotados de razón e de consciencia e débense portar os uns cos outros nun espírito de fraternidade.

O alfasilabario[editar | editar a fonte]

Vogais
Carácter Forma dependente con [p] Transcrición API Exemplo en galego
प (só) a ə / non pronunciado
पा ā ɑ
पि i ɪ
पी ī i
पु u ʊ
पू ū u
पृ
पॄ rː̩
पॢ l ̩
पॣ lː̩
पॅ candra e
पॆ e curto
पे e e
पै ai aj ou ɛ
पॉ o (aberto)
पॊ
पो o (pechado) aʊ ou o
पौ au (longo) ɔ
Vogais: casos particulares con र
Vogal Forma dependente con [r]
रु
रू
Outros símbolos diacríticos
Carácter Denominación Función
प् virāma (विराम) chamado halant (हलन्त) en hindi, suprime a vogal implícita
एँ candrabindu (चन्द्रबिन्दु) nasaliza a vogal
पं anusvāra (अनुस्वार) nasaliza a vogal ou engade unha consoante nasal tras da vogal (normalmente [n])
एः visarga (विसर्ग) aspiración, só en sánscrito
फ़ nukta (नुक्ता) utilizado para os sons tomados de linguas estranxeiras
एऽ avagraha (अवग्रह) utilizado para prolongar o son dunha vogal
Consoantes
Carácter Transcrición API Exemplo en galego
k k casa
kh kh
g g gato
gh gɦ
ŋ unha
c ʧ chamar
ch ʧh
j ʤ
jh ʤɦ
ñ ɲ bañar
ṭ (retroflexo) ʈ
ṭh (retroflexo) ʈh
ḍ (retroflexo) ɖ
ḍh (retroflexo) ɖɦ
ṇ (retroflexo) ɳ
t tella
th h
d danza
dh ɦ
n n nome
p p papa
ph ph
b b balón
bh bɦ
m m mamá
y j
r (francés) ɾ
l l lago
y (só en marathi) j
v v francés voiture
ś (ch mollado) ɕ alemán mich
ṣ (retroflexo) ʂ
s s sal
h h
क़ q (palabras de orixe árabe), k moi gutural q árabe qalb
ख़ x x español juan
ग़ ġ (r grasseillé) ʀ francés regarde, à la Brassens
ज़ z (palabras de orixe estranxeira) z
ड़ ṛ (retroflexo) ɽ
ढ़ ṛh (retroflexo) ɽɦ
फ़ f (palabras de orixe estranxeira) f falta
Cifras
Carácter Transcrición
0
1
2
3
4
5
6
7
8
9
Outros símbolos
Carácter Denominación Función
danda (डण्डा) . (fin de frase)
dobre danda marca o fin dunha rima en poesía
Ôm símbolo sagro hindú

Devanágari en unicode[editar | editar a fonte]

O devanágari ocupa os caracteres U+0900 a U+097F de Unicode. As celas baleiras indican os caracteres indefinidos.

0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 A B C D E F
U+090x
U+091x
U+092x
U+093x ि
U+094x
U+095x क़ ख़ ग़ ज़ ड़ ढ़ फ़ य़
U+096x
U+097x

Cando unha vogal segue a unha consoante, o seu carácter sempre se escribe despois do carácter da consoante, na orde da pronunciación, independentemente de cal sexa o resultado gráfico, por exemple की escríbese U+0915 U+0940 e कि escríbese U+0915 U+093F. Para escribir unha combinación de consoantes, insírese o carácter do virama entre dúas consoantes, por exemplo स्त escríbese U+0938 U+094D U+0924.

Se se quere escribir realmente unha consoante dotada dun virama e logo outra consoante en vez de facer a ligadura, insírese o carácter ZWNJ (Zero Width Non-Joiner) de código U+200C entre o carácter do virama e o da consoante que debe seguilo, por exemplo क्‌ष (en vez do esperedo क्ष) escríbese U+0915 U+094D U+200C U+0937. Se, para escribir unha combinación de consoantes que normalmente usa un símbolo novo, se quere utilizar as « medio-formas » das consoantes, insírese o carácter ZWJ (Zero Width Joiner) de código U+200D entre o carácter do virama e o da consoante que debe seguila, por exemplo श्‍व (en vez do esperedo श्व) escríbese U+0936 U+094D U+200D U+0935.

Varios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para devanágari.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]