Alumnado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O alumnado (do latín alumnum derivado da palabra alere, que significa alimentar e "alimentarse desde o alto"), é o conxunto de xente que aprende doutras persoas. Esta definición contraponse ó significado de "alumno" como "carente de luz", moitas veces usado en forma errónea.

Definición[editar | editar a fonte]

Dise de calquera persoa, respecto do que a educou e criou desde a súa nenez. Deste xeito, un pode ser alumno ou alumna doutra persoa máis nova. De feito, o termo xeneralízase en estudante ou tamén en aprendiz.

Somos alumnado durante toda a nosa vida porque a esencia é estar aprendendo doutro, e non se deixa de aprender doutras persoas durante toda a vida. Somos alumnos e alumnas das persoas que nos ensinan, independentemente da súa idade.

Tamén son alumnado os discípulos respecto do seu mestre ou mestra da materia que aprende, ou da escola, colexio ou universidade onde estuda. O estudantado pertence ao alumnado.

Tipoloxía[editar | editar a fonte]

  • Hai alumnado oficial que segue o ensino nas escolas, institutos, universidades e demais centros de formación, incluídos os seus sitios virtuais, con obrigatoriedade de asistir a clase, ou acreditar os traballos mandados.
  • Hai alumnado libre que non cursan estudos en centros do estado, nin en colexios recoñecidos ou sitios virtuais autorizados e deben examinarse ante os tribunais dos centros oficiais.
  • Existe tamén a figura do alumnado oínte aquel que obtén do decanato ou de algún catedrático ou catedrática a autorización para asistir ás clases e prácticas do alumnado oficial simplemente para aprender, ou ben, para examinarse logo en calidade de alumnado libre.
  • Alumnado colexiado é o que recibe ensinanza nun colexio ou centro recoñecido.
  • Alumnado externo é o que só permanece no centro de ensino durante as horas de clase.
  • Alumnado interno é aquel que vive no establecemento onde recibe a ensinanza. (Residencia de estudantes, colexios maiores, universidades laborais...)
  • Alumnado mediopensionista é o que permanece no centro de ensino durante toda a xornada escolar, almorzando no mesmo. Estes alumnos e alumnos tamén son coñecidos como pupilos, e na maioría dos colexios, escolas e institutos ofrécense estes servizos.
  • Alumnado bolseiro é o que recibiu unha bolsa para pagarse os estudos, a estancia e/ou a comida.
  • Alumnado non universitario é o que obtivo dispensa de escolaridade ou que non asiste obrigatoriamente ás clases dun centro, pero que ten que examinarse e acreditarse ante os profesores ou catedráticos do mesmo.

Danse situacións no ensino regulado en que o alumnado cursan as materias a distancia, sen obrigatoriedade de asistir a clase, a non ser, puntualmente. É aquí onde están presentes con moita forza as chamadas TICs novas tecnoloxías e técnicas da información, que permiten ao alumnado maior flexibilidade no tempo e no espazo para desenvolver o seu proceso de ensino - aprendizaxe.