Abelá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abelás
Abelás

A abelá é o froito da abeleira (Coryllus avellana) Ten forma de esfera, dun diámetro de entre 10 e 15 mm. Formada por unha casca fibrosa externa arrodeada por unha pela lisa que recobre a semente. A casca fibrosa seca durante a maduración. As abelás madurecen a finais do verán e comezos do outono, cando pasan da cor verde á cor castaña. O núcleo da semente é comestible, tanto cru como cociñado. A pela ten un sabor agre polo que normalmente se retira antes de consumir o froito.
Da abelá obtense un aceite de sabor forte e de gran calidade par o uso alimentario. As abelás utilízanse en confeitaría As principais zonas de produción comercial son o sur de Europa e o noroeste dos Estados Unidos. Historicamente a abelá considerábase unha garantía contra os anos de fame, ao se poder gardar durante longos períodos de tempo, sen perder as súas propiedades nutritivas.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas