Saltar ao contido

Xosé Manuel Dasilva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Manuel Dasilva Fernández»)
Modelo:BiografíaXosé Manuel Dasilva

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de maio de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor universitario, escritor, tradutor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiciopedia do século 21, (vol:1, p.645) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1053743 BUSC: dasilva-xose-manuel-1962 Dialnet: 13992

Xosé Manuel Dasilva Fernández, nado en Vilagarcía de Arousa en 1962, é catedrático na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, escritor[1] e tradutor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Cartaz do evento Editar en galego baixo a censura franquista.
Cartel do evento Editar en galego baixo a censura franquista.

Licenciado en Filoloxía Hispánica e en Filoloxías Galega e Portuguesa, doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela en 1994 cunha tese sobre a obra de Luís de Camões que obtivo a máxima valoración dun tribunal constituído por Pilar Vázquez Cuesta, Xosé Filgueira Valverde e Leodegário A. de Azevedo Filho. Desenvolve o seu labor na Universidade de Vigo desde 1996, primeiro como Profesor Titular e despois como Catedrático no Departamento de Tradución e Lingüística[2]. Antes foi profesor no antigo Instituto Calvo Sotelo, hoxe Instituto Castro Alobre, de Vilagarcía de Arousa, desde 1986.

Realizou actividades científicas e académicas por invitación na Universidade Autónoma de Barcelona, Universidade Pompeu Fabra, Universidade de Barcelona, Universidade do País Vasco, Universidade de Granada, Universidade de Estremadura, Universidade de Xenebra, Universidade de Perpiñán, Universidade de Boloña, University College Cork, Universidade do Porto, Universidade de Coímbra, Universidade Nova de Lisboa, Universidade de Lisboa, Universidade dos Açores, Universidade do Estado do Río de Xaneiro, Universidade Federal do Río de Xaneiro e Universidade Federal da Bahia.[3]

É integrante dos consellos de redacción das revistas Grial, Quaderns. Revista de tradució e Limite. Revista de Estudios Portugueses y de la Lusofonía. Pertence ao Centro Interuniversitário de Estudos Camonianos, con sede na Universidade de Coímbra. Forma parte do padroado da Fundación Penzol. É autor de máis de 250 traballos e impartiu conferencias en máis de 100 congresos. Tamén colaborou en Boletín da Real Academia Galega, Boletín Galego de Literatura, Colóquio: Letras, Madrygal. Revista de estudios gallegos, Ínsula. Revista de letras y ciencias humanas, Cadernos de Tradução, TRANS. Revista de traductología, Quaderns. Revista de traducció, A Trabe de Ouro. Publicación galega de pensamento crítico, etc.

Ao longo da súa dedicación investigadora prestou atención aos seguintes temas: autotradución; creación literaria, tradución e censura franquista; Luís de Camões; literatura galega; literatura portuguesa; literatura brasileira.

No campo da autotradución, partindo da praxe dos escritores galegos, deseñou nocións teóricas como autotradución opaca e autotradución transparente, semiautotradución, tradución alógrafa con colaboración do autor, autotradución como versión prototípica, tradución do texto autotraducido, retradución do texto autotraducido, autotradución do texto traducido, reautotradución do texto autotraducido e retroautotradución do texto autotraducido.[4][5]

No referente á acción da censura na literatura e na tradución galegas, foi comisario da exposición Editar en galego baixo a censura franquista (2008)[6], onde se examinou por primeira vez desde unha perspectiva obxectiva a intervención dos censores nas letras galegas. Ademais de publicar diversas achegas nesta materia, encargouse da restauración textual de A esmorga (2010), La parranda (2015) e Xente ao lonxe (2014), de Eduardo Blanco Amor, difundidas ata entón na versión mutilada pola censura. Por outra parte, exhumou a causa xudicial que levou a Ramón Piñeiro a prisión (1946-1949) e o seu expediente penal.

Sobre Luís de Camões, consagrouse a afondar nos problemas editoriais das súas creacións poéticas, nas lecturas críticas das súas obras por outros autores ao longo do tempo e na fortuna literaria que acadou no espazo español.

No ámbito galego centrouse no estudo de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Castelao, Manuel Antonio, Fermín Bouza-Brey, Eduardo Blanco Amor, Ánxel Fole, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro, Carlos Casares, Manuel Rivas e Suso de Toro.

No ámbito portugués, máis alá de Luís de Camões, autor no que é especialista, ocupouse de Almeida Garrett, Guerra Junqueiro, Eça de Queirós, Afonso Lopes Vieira, Teixeira de Pascoaes, Fernando Pessoa e Miguel Torga.

No ámbito brasileiro, abordou a produción de Manuel Bandeira, João Guimarães Rosa, João Cabral de Melo Neto, Haroldo de Campos, Augusto de Campos e Nélida Piñon.

Na faceta de tradutor, verteu textos de Luís de Camões, António José da Silva, Fernando Pessoa e José Saramago.

  • Día das Letras Galegas 1992. Fermín Bouza-Brey, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1992. ISBN 84-453-0410-0.
  • Los sonetos de Camões. Tipología textual, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 1995. ISBN 84-8121-258-X.
  • De tão divino acento em voz humana” (Leituras dos Sonetos de Camões), Vigo, Universidade de Vigo, 2001. ISBN 84-8158-195-X.
  • Babel entre nós. Escolma de textos sobre a tradución en Galicia, Vigo, Universidade de Vigo, 2003. ISBN 84-8158-243-3.
  • Perfiles de la traducción hispano-portuguesa, vol. I, Vigo, Universidade de Vigo, 2005. ISBN 8460987744.
  • Babel ibérico. Antología de textos críticos sobre la literatura portuguesa traducida en España, Vigo, Universidade de Vigo, 2006. ISBN 84-8158-303-0.
  • Perfiles de la traducción hispano-portuguesa, vol. II, Vigo, Editorial Academia del Hispanismo, 2008. ISBN 978-84-96915-31-2.
  • Babel ibérico. Antologia de textos críticos sobre a literatura espanhola traduzida em Portugal, Vigo, Universidade de Vigo, 2008. ISBN 978-84-8158-422-6.
  • O alleo é noso. Contribucións para a historia da tradución en Galicia, Noia, Editorial Toxosoutos, 2008.
  • Ramón Piñeiro, tradutor, Noia, Editorial Toxosoutos, 2009. ISBN 978-84-96673-91-5.
  • Perfiles de la traducción hispano-portuguesa, vol. III, Vigo, Editorial Academia del Hispanismo, 2010. ISBN 978-84-96915-23-7.
  • Proceso e encarceramento de Ramón Piñeiro (1946-1949), Vigo, Editorial Galaxia, 2011. ISBN 978-84-9865-360-1
  • Reciprocidades ibéricas. De Almeida Garrett a Miguel Torga, Vigo, Academia del Hispanismo, 2011. ISBN 978-84-15175-07-0.
  • Aproximaciones a la autotraducción, Vigo, Editorial Academia del Hispanismo, 2011. ISBN 978-84-15175-18-6
  • Estudios sobre la autotraducción en el espacio ibérico, Berna, Peter Lang, 2013. ISBN 978-3-0343-1278-3.
  • Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe, Vigo, Editorial Galaxia, 2014.
  1. "Dasilva , Xosé Manuel". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-11. 
  2. "Xosé Manuel Dasilva Fernández Universidade de Vigo". www.uvigo.gal (en castelán). Consultado o 2023-05-11. 
  3. "Dasilva Fernández, Xosé Manuel". Facultade de Filoloxía e Tradución. Consultado o 2023-05-11. 
  4. Dasilva, Xosé Manuel (2013-05-29). Estudios sobre la autotraducción en el espacio ibérico (en inglés). ISBN 978-3-0352-0184-0, 978-3-0343-1278-3 |isbn= incorrecto: invalid character (Axuda). 
  5. "Autotraducción" (en castelán). 2024-04-19. 
  6. galaxiaW (2009-02-05). "Conferencia "Editar en galego baixo a censura franquista"". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-05-11.