Xigantomaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A xigantomaquia (do grego antigo γιγαντo-μαχια, literalmente ‘guerra dos xigantes’) é un episodio da mitoloxía grega que segue á Titanomaquia.

Presenza na arte[editar | editar a fonte]

A xigantomaquia simboliza na cultura grega o triunfo da civilización e a orde natural sobre a brutalidade, a ignorancia e o caos. É moi frecuente o seu tratamento nas artes helénicas. Aparece repetida centos de veces na cerámica, sendo os templos o marco de representación máis adecuado, ao recordar por un lado, a supremacía dos deuses no seu lugar de culto, e por razóns plásticas, ao adaptarse as formas de serpe das pernas esculpidas dos xigantes aos ángulos dos frontispicios.

Os xigantes son fillos de Gaia e Urano, que se rebelaron contra os deuses e tentaron ocupar o Olimpo. Foron derrotados na guerra dos Xigantes (Xigantomaquia) polos deuses, que contaron coa axuda de Heracles, xa que os xigantes só podían morrer polos golpes aunados dun deus e un mortal.