Briareo
Aparencia
| Briareo | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Semellante a
| |||||
| Obra | |||||
|
Presente na obra
| |||||
| Biografía | |||||
|
Sexo
| |||||
| Familia | |||||
|
Nai
| |||||
|
Pai
| |||||
|
Cónxuxe
| |||||
|
Irmá/n
| |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
Briareo (do grego "forza") é un personaxe mitolóxico, un dos tres Hecatonquiros, xigantes de cen brazos e cincuenta cabezas. Era fillo de Urano e Xea, e irmán de Cotto e Xigues.
Urano encerrounos no Tártaro, e Cronos liberounos para que o axudaran na Titanomaquia (guerra contra aquel), pero volveunos encerrar unha vez conseguida a vitoria. Finalmente, foron liberados por Zeus.
Casou con Cimopolea, filla de Poseidón, e xuntos construíron o seu palacio no río Océano. Tiveron unha filla chamada Oiolica.
Na Ilíada cóntase que foi chamado pola nereida Tetis para liberar a Zeus das cadeas que querían poñerlle Hera, Atenea e Poseidón.
"Moitas veces, estando no palacio do meu pai [fala Aquiles coa súa nai Tetis], escoitei que te vangloriabas de haber evitado, ti soa entre os inmortais, unha afrentosa desgraza ó Saturnio [Zeus], que amorea as sombrías nubes, cando quixeron atalo outros deuses olímpicos, Juno, Neptuno e Palas Minerva [Hera, Poseidón e Atenea, respectivamente]. Ti, oh deusa, acudiches e librácheo das ataduras, chamando ó espazoso Olimpo ó centímano [nome romano dos hecatonquiros] a quen os deuses nomean Briáreo e tódolos homes Exeón, que é superior en forza ó seu mesmo pai, e sentouse entón a carón de Xúpiter [Zeus], oufano da súa gloria; teméronlle os benaventurados deuses e desistiron do seu propósito".(Ilíada, Canto I)

Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.