Apolo dispara contra Efialtes (detalle da Xigantomaquia no friso do Altar de Pérgamo, en Berlín)
Na mitoloxía grega, Efialtes (Ἐφιάλτης / Ephiáltēs) foi un xigante, fillo de Xea (a Terra), creados a partir do sangue que caeu sobre a Terra cando Urano (o Ceo) foi castrado polo seu fillo, o titánCronos.[1]Hixino dáo como fillo de Xea e Tártaro.[2]
Como tódolos xigantes fillos de Xea, Efialtes era un ser de tamaño e forza descomunais, de aparencia humana, agás na metade inferior do corpo, no que en lugar de pernas tiña unha cola de serpe.
Efialtes e os outros xigantes participaron na Xigantomaquia, a guerra entre os xigantes e os deuses, e foi morto pola acción conxunta de Apolo e de Heracles, que lle atravesaron coas súas frechas un ollo cada un.[3] Nese momento, Efialtes acababa de vencer a Ares, a quen obrigou a axeonllarse ante el pero cando o viu Apolo disparoulle unha frecha no ollo esquerdo e chamou a Heracles, que lle cravou outra no ollo dereito[4][5].
↑Hesíodo: Teogonía 185. Un paralelismo do nacemento dos xigantes atópase no nacemento de Afrodita a partir do mar igualmente fertilizado polos xenitais de Urano.
Hixino (2009). Fábulas mitológicas. Serie: Libro de bolsillo nº 8307, Clásicos de Grecia y Roma (en castelán). Madrid: Alianza Editorial. ISBN9788420650722.