Vuelta a España
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |

A Vuelta Ciclista a España, comunmente chamada Vuelta a España ou La Vuelta (en galego Volta a España), é unha competición ciclista anual, que se disputa por etapas ó longo de 3 semanas, principalmente por estradas españolas. A primeira edición tivo lugar no ano 1935, sendo Roberto Heras e Tony Rominger os ciclistas máis laureados dende entón, con 3 vitorias para cada un na clasificación xeral por tempos.
O vixente gañador da Vuelta a España é o italiano Fabio Aru.
A Vuelta xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia, son as únicas carreiras de tres semanas do calendario da UCI, recibindo o sobrenome de as tres grandes. Durante moito tempo a carreira española era a primeira das tres en disputarse, pero no ano 1995 cambiou de datas para instalarse entre finais do mes de agosto e comezos de setembro. Este cambio viu acompañado tamén dunhas novas propostas no deseño das etapas, buscando distancias máis curtas e espectaculares.
Historia[editar | editar a fonte]
A Vuelta Ciclista a España iniciouse no ano 1935 e tivo unha duración de 14 etapas e 3.431 km, grazas a Clemente López Doriga (en colaboración con Juan Pujol). Pouco despois, só tras terse disputado dúas Vueltas, houbo de suspenderse pola guerra civil española.
Nun principio, os participantes eran fundamentalmente españois; arredor dos anos 60-80 comezou a adquirir prestixio internacional. Nos últimos anos, a súa importancia diminuíu.
A Vuelta de 2005 viuse afectado polo escándalo da dopaxe. O seu gañador, Roberto Heras, foi desposuído do seu título en favor de Denis Menchov, xa que deu positivo nun control de EPO.
Organizadores[editar | editar a fonte]
A primeira edición foi organizada polo desaparecido xornal Informaciones. A partir de 1945 foi o xornal Ya o que se fixo cargo da organización da carreira. O xornal El Correo tomou o relevo en 1955 ate finais dos anos 70. A empresa de publicidade Unipublic é a organizadora da carreira dende 1979.
- Informaciones (1935-1944)
- Ya (1945-1954)
- El Correo (1955-1978)
- Unipublic (1979-...)
Xerseis[editar | editar a fonte]
Para facilitar o recoñecemento dos líderes das diversas clasificacións da carreira dentro do pelotón de ciclistas, estes levan uns xerseis dunhas cores determinadas, do mesmo xeito que nas outras grandes voltas: Tour de Francia (maillot amarelo) e Giro de Italia (maglia rosa).
No caso da Vuelta a España, estes son os xerseis que dende o ano 2010 distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
Xersei vermello: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
Xersei de puntos azuis: vestido polo líder da clasificación de escaladores.
Xersei verde: vestido polo líder da clasificación por puntos.
Xersei branco: vestido polo líder da clasificación combinada.
Historial da Vuelta a España[editar | editar a fonte]
Podios[editar | editar a fonte]
Corredor | ![]() |
![]() |
![]() |
Edicións |
---|---|---|---|---|
![]() |
4 | 1 | 2 | 8 |
![]() |
3 | 0 | 1 | 4 |
![]() |
3 | 0 | 0 | 3 |
![]() |
2 | 2 | 0 | 7 |
![]() |
2 | 1 | 2 | 11 |
![]() |
2 | 1 | 0 | 11 |
![]() |
2 | 0 | 0 | 2 |
![]() |
2 | 0 | 0 | 2 |
![]() |
2 | 0 | 0 | 4 |
... | ... | ... | ... | ... |
![]() |
1 | 1 | 0 | ? |
![]() |
1 | 0 | 1 | 6 |
![]() |
1 | 0 | 0 | 9 |
![]() |
0 | 1 | 0 | 4 |
![]() |
0 | 1 | 0 | ? |


Vitorias de etapa[editar | editar a fonte]
- Con 38:
Delio Rodríguez
- Con 20:
Alessandro Petacci
- Con 18:
Laurent Jalabert e
Rik Van Looy
- Con 16:
Sean Kelly
Días como líder[editar | editar a fonte]
- Con 48:
Alex Zülle
- Con 34:
Roberto Heras
- Con 32:
Delio Rodríguez e
Gustaaf Deloor
- Con 31:
Tony Rominger,
Julián Berrendero e
Domingo Perurena
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vuelta a España |