Esteban Chaves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esteban Chaves Rubio
Información persoal
Nacemento Jhoan Esteban Chaves Rubio
17 de xaneiro de 1990 (29 anos)
Bogotá, Cundinamarca, Colombia
Outros nome(s) El Chavito
Nacionalidade Flag of Colombia.svg Colombia
Profesión Ciclista
Disciplina Carretera
Equipo
Último equipo Orica GreenEDGE
Perfil de corredorEscalador
Equipo(s) como afeccionado
2007Trek Bike House
Equipo(s) Pro
2009-2011

2012-2013

2014-
Colombia es Pasión-Café de Colombia

Colombia-Coldeportes/Colombia

Orica GreenEDGE
Principais vitorias
Vuelta a España: 2 etapas
Giro de Italia: 1 etapa

Jhoan Esteban Chaves Rubio, nado en Bogotá o 17 de xaneiro de 1990, é un ciclista profesional colombiano, máis coñecido como El Chavito. Corre para o equipo ProTeam Orica GreenEDGE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse moi cedo no ciclocross e practicaba no parque El Salitre, en Bogotá. Como afeccionado correu para o equipo Trek Bike House, destacando especialmente na montaña. No 2011, defendendo a Selección de Colombia, gañou o Tour do Porvir, ademais de rematar segundo na clasificación da montaña, cuarto na clasificación por puntos e segundo na clasificación por equipos.[1] Posteriormente creou o seu propio club ciclista, Esteban Chaves Formación Ciclista.

En 2012 fichou polo Colombia, de categoría profesional continental, e venceu no Gran Premio Cidade de Camaiore e na última etapa da Volta a Burgos, carreira na que rematou terceiro. O 16 de febreiro de 2013 no Trofeo Laigueglia fracturou a clavícula, impedíndolle competir o resto da tempada.[2][3]

En outubro de 2013 confirmouse o seu traspaso ao equipo australiano Orica GreenEDGE.[4] Na tempada 2014 logrou dúas vitorias de etapa, unha no Tour de California e a outra na Volta a Suíza; debutou na Volta a España, a súa primeira participación nunha gran volta, e acadou o seu mellor resultado na sexta etapa, onde rematou en sétimo lugar. Ademais, destacou ao final da tempada no Tour de Pequín, chegando a ser o mellor corredor mozo da carreira e quedar terceiro na clasificación xeral por detrás de Philippe Gilbert e Daniel Martin.

Na Volta a España 2015 comeza con bo pé, logrando unha gran vitoria na segunda etapa, tras un espectacular ataque no último quilómetro de ascenso, obtendo ademais o maillot vermello de líder da competición.[5] Conseguiu defender o liderado dúas etapas máis, mais na quinta foi superado polo holandés Tom Dumoulin. Con todo, na sexta etapa conseguiu unha nova vitoria e novamente o liderado da xeral. Tras estar outros tres días co maillot vermello, perdeuno definitivamente na novena etapa, camiño a Cima del Sol, aínda que continuou nun gran posto na clasificación. Finalmente, rematou 5.º, o que supuxo un fito para Colombia, xa que Nairo Quintana, estrela colombiana con maior recoñecemento que Chaves, tamén acabou no Top 5 tras ser 4.º

Palmarés[editar | editar a fonte]

2011

  • Tour do Porvir

2012

  • 1 etapa da Volta a Burgos
  • Gran Premio Cidade de Camaiore

2014

  • 1 etapa do Tour de California
  • 1 etapa da Volta a Suíza

2015

2016

Resultados nas Grandes Voltas e nos Campionatos do Mundo[editar | editar a fonte]

Durante a súa traxectoria deportiva logrou os seguintes postos nas Grandes Voltas e nos Campionatos do Mundo:

Carreira 2012 2013 2014 2015 2016
Giro de Italia - - - 55º
Tour de Francia - - - - -
Vuelta a España - - 41º
Mundial en RutaMaillotMundial.PNG - - 70° - -

Equipos[editar | editar a fonte]

Equipo País Ano
Colombia es Pasión Flag of Colombia.svg Colombia 2009 - 2011
Colombia Coldeportes Flag of Colombia.svg Colombia 2012 - 2013
Orica GreenEDGE Australia Australia 2014

Notas[editar | editar a fonte]