Emilio Rodríguez
Emilio Rodríguez | |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | Emilio Rodríguez Barros 28 de novembro de 1923 Ponteareas, provincia de Pontevedra |
Falecemento | 20 de febreiro de 1984 (60 anos) Ponteareas, provincia de Pontevedra |
Nacionalidade | ![]() |
Equipo | |
Último equipo | |
Equipo(s) Pro | |
Principais vitorias | |
|
Emilio Rodríguez Barros, nado o 28 de novembro de 1923 en Ponteareas e finado o 20 de febreiro de 1984, foi un ciclista galego.
Pertencente a unha familia de tradición ciclista con catro profesionais (el e mais os seus irmáns Delio Rodríguez, Manuel Rodríguez Barros e Pastor Rodríguez Barros, ademais da tamén competidora Aurita Rodríguez), empezou a súa carreira como profesional a mediados dos anos corenta. En 1946 consegue o seu primeiro título vencendo na Volta a Galicia e quedando de oitavo na Vuelta a España. O seu maior éxito foi conseguir a vitoria da Vuelta de 1950, onde ademais gañou cinco tiradas e o mailló da montaña, que xa obtivera en 1946 e 1947. Só participou unha vez no Tour de Francia, en 1954, cando xa a súa carreira como ciclista estaba rematando, e rematou de 43º. Ese mesmo ano obtiña o campionato de España de ciclismo en estrada.
Palmarés[editar | editar a fonte]
1946[editar | editar a fonte]
- Volta a Galicia
Vencedor da montaña na Vuelta a España
- 8º na Vuelta a España
1947[editar | editar a fonte]
- Volta a Galicia
- Volta a Asturias
- Volta a Cataluña
- 1 tirada da Vuelta a España
Vencedor da montaña na Vuelta a España
- 4º na Vuelta a España
1948[editar | editar a fonte]
- Volta a Cataluña
- Volta a Valencia
- 2º na Vuelta a España
1950[editar | editar a fonte]
1º na Vuelta a España
- 5 tiradas da Vuelta a España
Vencedor da montaña na Vuelta a España
1954[editar | editar a fonte]
Campión de España de ciclismo en estrada
- 43º no Tour de Francia
- 4º na Bicicleta vasca
1955[editar | editar a fonte]
- Volta a Galicia
- 24º na Vuelta a España
- 5º na Volta a Asturias
1956[editar | editar a fonte]
- 11º na Vuelta a España
1957[editar | editar a fonte]
- 43º na Vuelta a España