Vuelta a España 2011
A 66.ª edición da Vuelta a España dispútouse dende o 20 de agosto ata o 11 de setembro, cun percorrido total duns 3.295 kms entre as localidades de Benidorm e Madrid, repartidos en 21 etapas.
O territorio galego acolleu a saída de 3 das etapas, nas localidades de Verín, Ponteareas e Sarria; e 2 das chegadas, na Estación de montaña Manzaneda e en Pontevedra.
O gañador final da carreira foi o cántabro Juan José Cobo.
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Selección de equipos
[editar | editar a fonte]Participaron os 18 equipos de categoría UCI ProTour (xa que por seren de tal categoría tiñen a obriga de competir nas 3 grandes voltas ciclistas), e ademais 4 equipos mais de categoría Profesional Continental.
Presenzas e ausencias
[editar | editar a fonte]Tralo remate do Tour de Francia 2011, os españois Alberto Contador e Samuel Sánchez anunciaron que non competirián nesta edición da carreira española.[1] O equipo Euskaltel-Euskadi estará liderado por Igor Antón e Mikel Nieve. Os que si correron nesta edición da Vuelta a España foron Vincenzo Nibali[2] (gañador en 2010), Joaquim Rodríguez, Carlos Sastre[3] (gañador do Tour 2008), Denis Menchov (gañador de 2 Vueltas e 1 Giro), Andreas Klöden, Fabian Cancellara, Janez Brajkovic, Bradley Wiggins, Jurgen Van Den Broeck, Vladimir Karpets, Michelle Scarponi, Daniele Bennati, Alessandro Petacchi, Rein Taaramae e Tom Boonen entre outros, ademais do galego David Blanco.
Etapas
[editar | editar a fonte]Clasificación Xeral
[editar | editar a fonte]Ciclista | Equipo | Tempo | |
---|---|---|---|
1 | ![]() ![]() |
GEO | 84h 59' 31" |
2 | ![]() |
SKY | + 13" |
3 | ![]() |
SKY | + 1' 39" |
4 | ![]() |
RAB | + 2' 03" |
5 | ![]() |
GEO | + 3' 48" |
6 | ![]() |
LEO | + 4' 13" |
7 | ![]() |
LIQ | + 4' 31" |
8 | ![]() |
OLO | + 4' 45" |
9 | ![]() |
KAT | + 5' 20" |
10 | ![]() |
EUS | + 5' 33" |
47 | ![]() |
GEO | + 1h 41' 37" |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Samuel y Contador, las grandes ausencias de la próxima Vuelta a España, artigo publicado en Marca. (en castelán)
- ↑ Nibali apunta a una Vuelta liderada por los escaladores, artigo publicado en Marca. (en castelán)
- ↑ Carlos Sastre corre todo el calendario nacional para preparar la Vuelta, artigo publicado en Marca. (en castelán)