Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O paso do pelotón por Perillo , concello de Oleiros , na etapa 17.
A 69ª edición da Vuelta a España comezou o 23 de agosto de 2014 en Xerez da Fronteira e rematou o 14 de setembro en Santiago de Compostela . O percorrido ten 3181 quilómetros divididos en 21 etapas, tres delas contra o reloxo , con dúas xornadas de descanso polo medio. As cinco últimas etapas tiveron lugar en territorio galego, sendo a primeira vez dende 1993 que a carreira non rematou en Madrid . Daquela tamén rematara na capital galega.
O paso do pelotón por Tarrío , concello de Culleredo , na etapa 17.
Tomaron a saída en Xerez da Fronteira 22 equipos. De obrigada participación son os 18 equipos de categoría UCI ProTour , sendo os outros catro equipos de categoría Profesional Continental convidados pola organización da carreira.
Polas súas actuacións en grandes voltas nos últimos tempos, tiñan a consideración de favoritos á vitoria final corredores como Alberto Contador , Chris Froome , Nairo Quintana , Alejandro Valverde , Cadel Evans e Joaquim Rodríguez . As ausencias máis salientables da carreira foron as de Vincenzo Nibali , gañador do Tour de Francia 2014 , e ó anterior gañador da proba en 2013 Chris Horner .
Por segundo ano seguido ningún ciclista galego participou na carreira.
Etapa
Data
Percorrido
km
Gañador
Líder
1.ª
23 de agosto
Xerez da Fronteira -Xerez da Fronteira
12,6 (CRE )
Movistar Team
Jonathan Castroviejo
2.ª
24 de agosto
Alxeciras -San Fernando
174,4
Nacer Bouhanni
Alejandro Valverde
3.ª
25 de agosto
Cádiz -Arcos da Fronteira
188
Michael Matthews
Michael Matthews
4.ª
26 de agosto
Mairena del Alcor -Córdoba, España
172,6
John Degenkolb
Michael Matthews
5.ª
27 de agosto
Priego de Córdoba -Ronda
182,3
John Degenkolb
Michael Matthews
6.ª
28 de agosto
Benalmádena -La Zubia
157,7
Alejandro Valverde
Alejandro Valverde
7.ª
29 de agosto
Alhendín -Alcaudete
165,4
Alessandro De Marchi
Alejandro Valverde
8.ª
30 de agosto
Baeza -Albacete
207,4
Nacer Bouhanni
Alejandro Valverde
9.ª
31 de agosto
Carboneras de Guadazaón -Aramón Valdelinares
181
Winner Anacona
Nairo Quintana
10.ª
1 de setembro
Mosteiro de Veruela -Borja
34,5 (CRI )
Tony Martin
Alberto Contador
11.ª
3 de setembro
Pamplona -Santuario de San Miguel de Aralar
151
Fabio Aru
Alberto Contador
12.ª
4 de setembro
Logroño -Logroño
168
John Degenkolb
Alberto Contador
13.ª
5 de setembro
Belorado -Parque de Cabárceno
199
Daniel Navarro
Alberto Contador
14.ª
6 de setembro
Santander -La Camperona
199
Ryder Hesjedal
Alberto Contador
15.ª
7 de setembro
Oviedo -Lagos de Covadonga
149
Przemysław Niemiec
Alberto Contador
16.ª
8 de setembro
San Martín del Rey Aurelio -La Farrapona
158,8
Alberto Contador
Alberto Contador
17.ª
10 de setembro
Ortigueira - A Coruña
174
John Degenkolb
Alberto Contador
18.ª
11 de setembro
A Estrada - Monte Castrove
173,5
Fabio Aru
Alberto Contador
19.ª
12 de setembro
Salvaterra de Miño - Cangas
176,5
Adam Hansen
Alberto Contador
20.ª
13 de setembro
Santo Estevo de Ribas de Sil - Porto dos Ancares
163,8
Alberto Contador
Alberto Contador
21.ª
14 de setembro
Santiago de Compostela - Santiago de Compostela
10 (CRI )
Adriano Malori
Alberto Contador
Total
3.181