Isidro Nozal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Isidro Nozal

Información persoal
Nacemento Isidro Nozal Vega
18 de outubro de 1977 (46 anos)
Barakaldo, Biscaia
Nacionalidade País Vasco País Vasco
Equipo
Último equipo
Equipo(s) Pro
1999- ONCE-Deutsche Bank (1999-2000)
ONCE-Eroski (2001-2003)
Liberty Seguros (2004)
Liberty Seguros
Würth Cycling Team
(2005)
Astana-Würth Team (2006)
Karpin Galicia
Liberty Seguros (2009)

Isidro Nozal Vega, nado en Barakaldo (Biscaia) o 18 de outubro de 1977, é un ciclista vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acadou a fama na tempada 2003 ó estar a piques de gañar a Vuelta Ciclista a España. Malia acudir como gregario á volta, conseguiu facerse coa maillot de líder, que só perdería tras finalizar a penúltima etapa, unha cronoescalada a Abantos, na que Roberto Heras lle arrebatou o liderado.

É un especialista da contra o reloxo cunha forza extraordinaria, pero sofre na alta montaña, polo que ten complicado facer un bo papel nalgunha das tres grandes voltas.

Actualmente está sancionado pola UCI por dar positivo nun control anti-dopaxe na Volta a Portugal do 2009.

Palmarés[editar | editar a fonte]