Videoxogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Videoxogos")
Videoconsola Super Nintendo (SNES).

Os videoxogos[1] son programas informáticos de carácter lúdico usables en ordenadores ou videoconsolas. Poden ser de moitos tipos.

Historia dos videoxogos[editar | editar a fonte]

Identifícanse cinco etapas na historia dos videoxogos[2]

  1. 1971-78. Comeza a desenvolverse o concepto de videoxogo, e comezan as arcadias, establecementos con varias máquinas con videoxogos que funcionan con moedas ou fichas. Aparecen tamén as primeiras compañías, como Atari, Magnavox ou Taito, e os primeiros xogos: Space Invaders, Pong, Star Trek...
  2. 1978-83. Comezan a desenvolvérense os xéneros (xogos de pelexa, de acción, de deportes...), na evolución do lecer público en establecementos cara ao lecer caseiro. Aparecen xogos como Pac-Man.
  3. 1983-94. Os xogos fanse claramente caseiros e tenden a desaparecer as arcadias. A calidade gráfica mellora, e redúcense os tamaños dos dispositivos. Xorden compañías como Sega, Commodore ou Nintendo, pero tamén se desenvolven aplicacións para computadores persoais, o que redunda no progreso destes servizos. Son xogos desta época Final Fantasy, Mario Bros, o Tetris e os MUDs.
  4. 1994-2004. A industria do videoxogo gaña un gran poder económico. As melloras expoñenciais en almacenaxe de memoria abre a porta para os CDs e logo os DVDs de xogos. A computadora vólvese máis importante e empeza a guerra de sistemas entre as diferentes consolas. As empresas que se desenvolven nesta etapa son Sony, pero tamén Microsoft ou Nokia, aínda que se consolidan produtores de xogos como EA. Entre os xogos están o FIFA, o Prince of Persia, o Street Fighter ou o Metal Gear.
  5. 2004-actualidade: o desenvolvemento das tecnoloxías permite a aparición de produtores independentes de calidade. Non aparecen empresas novas, senón melloras sobre tecnoloxías anteriores das mesmas compañías, como a Wii de Nintendo, e novas versións de xogos anteriores aos que se suman algúns novos, como Legend of Zelda.

Compañías de videoxogos[editar | editar a fonte]

Entre as principais compañías de videoxogos pódese citar a Electronic Arts, Ubisoft, Id Software, Valve, Proein, Microsoft, Novalogic, Empire Interactive, Activision, Lucasarts, Rockstar Games e Sega.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.