Cartucho (informática)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
IBM PCjr; conta con dúas rañuras para cartucho ROM baixo as rañuras para disquete.
Cartucho aberto para Game Boy con memoria volátil para gardar xogos.

Un cartucho ROM, ás veces denominado simplemente como cartucho, é unha carcasa extraíble que contén dispositivos de memoria de só lectura destinados a ser conectados a un dispositivo de electrónica de consumo, tales como un computador persoal ou unha consola de videoxogos. Os cartuchos ROM pódense utilizar para cargar software, tales como videoxogos, ou outros programas de aplicación.

A rañura do cartucho podería ser utilizada para engadidos de hardware, por exemplo sínteses de fala. Algúns cartuchos tiñan memoria estática de acceso aleatorio apoiada por batería permitindo ao usuario gardar información, como as puntuacións de xogos cada vez que se usaban.

Uso[editar | editar a fonte]

Un cartucho é un recipiente que normalmente aloxa un tipo de memoria externa ríxida, que se conecta a un dispositivo electrónico como: un teléfono móbil, unha PDA, un computador, unha vídeo consola, unha cámara dixital, etc. A diferenza do formato disco óptico, o formato cartucho non ten partes móbiles.

Nun principio cada fabricante creaba un cartucho para o seu produto, até o nacemento dos estándares como EEPROM, memoria flash ou memory card. Existen varios estándares de encapsulados que conteñen tarxetas de memoria, promocionados e fabricados pola maioría das multinacionais dedicadas á produción de hardware.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]